Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sakon Yamamoto (山本左近, nado o 9 de xullo de 1982 en Toyohashi, prefectura de Aichi, Xapón) é un piloto de Fórmula 1. Debutou en 2006 con Super Aguri onde disputa as sete derradeiras carreiras da tempada. No 2007, foi contratado como piloto de probas de Spyker F1, onde foi ascendido a segundo piloto após a marcha de Christijan Albers da escudería, disputando de novo as derradeiras sete carreiras. No 2010 é o piloto de probas da escudería Hispania.
|
|
Artigo ou sección nos seus primeiros pasos. Este artigo ou sección relacionado co deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co deporte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |