Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) ó piloto de Fórmula 1 máis exitoso da tempada, sendo este determinado por un sistema de puntuación baseado nos resultados finais de cada Gran Premio. O primeiro Campionato Mundial de pilotos foi gañado por Nino Farina en 1950, sendo Alberto Ascari o primeiro piloto en conseguir máis dun campionato, en concreto os de 1953 e de 1954.
A FIA non declara oficialmente ó campión até que a tempada estea rematada, pero dícese xa que un piloto acadou o título cando non hai outro que sexa capaz de obter máis puntos que el aínda que consiga o máximo en tódalas carreiras restantes. O Campionato de Pilotos foi gañado 25 das 62 veces que foi disputado na derradeira carreira. A vez que o Campionato foi decidido máis cedo foi en 2002, cando Michael Schumacher o gañou a falta de seis carreiras para o final da tempada.
32 pilotos diferentes gañaron o Campionato, sendo o alemán Michael Schumacher o que máis acadou, con sete. Ademais, o propio Schumacher ten o récord de máis Campionatos consecutivos, con 5 dende o 2000 até o 2004. O campión actual é Sebastian Vettel, que acadou os seus títulos no 2010, 2011 e 2012.
Por tempadas [editar]
- * - Indica que a escudería tamén gañou o Campionato Mundial de Escuderías, concedido dende 1958.
- ↑ Fangio compartiu a vitoria no Gran Premio de Francia con Luigi Fagioli.
- ↑ Fangio competiu nos Grandes Premios de Arxentina e de Bélxica de 1954 con Maserati, e rematou a tempada con Mercedes-Benz.
- ↑ Fangio compartiu a vitoria no Gran Premio de Arxentina con Luigi Musso.
- ↑ Fangio compartiu a segunda posición nos Grandes Premios de Mónaco e de Italia de 1956 con Peter Collins.
- ↑ Hill gañou o Campionato no Gran Premio de Italia de 1961, onde o seu compañeiro de equipo Wolfgang von Trips finou ó sufrir un accidente na carreira.
- ↑ Surtees convertiuse na primeira persoa en acadar os Campionatos Mundiais de motociclismo e de Fórmula 1, xa que gañara previamente sete títulos en 350cc e 500cc.
- ↑ Rindt finou nos adestramentos libres do Gran Premio de Italia de 1970, pero o seu Campionato non foi confirmado até dúas carreiras despois, sendo así o primeiro e único piloto e gañalo postumamente.
- ↑ Andretti convertiuse en campión despois de que o seu compañeiro de escudería Ronnie Peterson morrera tras unha operación por mor dun accidente no Gran Premio de Italia de 1978.
- ↑ Ayrton Senna gañou o Gran Premio de Xapón de 1989, pero foi descalificado cando atravesou unha chicane despois de que os comisarios de carreira lle empuxaran o monopraza. A apelación de McLaren foi rexeitada, dándolle o título a Prost.
- ↑ Damon Hill é o fillo de Graham Hill, que gañou o título en 1962 e en 1968, sendo a primeira vez que un pai e o seu fillo gañan o Campionato.
- ↑ Michael Schumacher foi descalificado no Campionato de 1997 dende o segundo lugar, tendo 78 puntos.
Por pilotos [editar]
| Piloto |
Total |
Tempadas |
Michael Schumacher |
7 |
1994-1995, 2000-2004 |
Juan Manuel Fangio |
5 |
1951, 1954-1957 |
Alain Prost |
4 |
1985-1986, 1989, 1993 |
Jack Brabham |
3 |
1959-1960, 1966 |
Jackie Stewart |
1969, 1971, 1973 |
Niki Lauda |
1975, 1977, 1984 |
Nelson Piquet |
1981, 1983, 1987 |
Ayrton Senna |
1988, 1990-1991 |
Sebastian Vettel |
2010, 2011, 2012 |
Alberto Ascari |
2 |
1952-1953 |
Jim Clark |
1963, 1965 |
Graham Hill |
1962, 1968 |
Emerson Fittipaldi |
1972, 1974 |
Mika Häkkinen |
1998-1999 |
Fernando Alonso |
2005-2006 |
Nino Farina |
1 |
1950 |
Mike Hawthorn |
1958 |
Phil Hill |
1961 |
John Surtees |
1964 |
Denny Hulme |
1967 |
Jochen Rindt |
1970 |
James Hunt |
1976 |
Mario Andretti |
1978 |
Jody Scheckter |
1979 |
Alan Jones |
1980 |
Keke Rosberg |
1982 |
Nigel Mansell |
1992 |
Damon Hill |
1996 |
Jacques Villeneuve |
1997 |
Kimi Räikkönen |
2007 |
Lewis Hamilton |
2008 |
Jenson Button |
2009 |
Por nacionalidade [editar]
Os campións máis novos [editar]
|
Piloto |
Idade |
Tempada |
| 1 |
Sebastian Vettel |
23 anos, 134 días |
2010 |
| 2 |
Lewis Hamilton |
23 anos, 299 días |
2008 |
| 3 |
Fernando Alonso |
24 anos, 58 días |
2005 |
| 4 |
Emerson Fittipaldi |
25 anos, 273 días |
1972 |
| 5 |
Michael Schumacher |
25 anos, 314 días |
1994 |
| 6 |
Niki Lauda |
26 anos, 197 días |
1975 |
| 7 |
Jacques Villeneuve |
26 anos, 200 días |
1997 |
| 8 |
Jim Clark |
27 anos, 188 días |
1963 |
| 9 |
Kimi Räikkönen |
28 anos, 4 días |
2007 |
| 10 |
Jochen Rindt |
28 anos, 140 días |
1970 (postumamente) |
| 11 |
Ayrton Senna |
28 anos, 223 días |
1988 |
| 12 |
James Hunt |
29 anos, 56 días |
1976 |
| 13 |
Nelson Piquet |
29 anos, 190 días |
1981 |
| 14 |
Mike Hawthorn |
29 anos, 192 días |
1958 |
| 15 |
Jody Scheckter |
29 anos, 223 días |
1979 |
Os campións máis vellos [editar]
|
Piloto |
Idade |
Tempada |
| 1 |
Juan Manuel Fangio |
46 anos, 41 días |
1957 |
| 2 |
Nino Farina |
43 anos, 308 días |
1950 |
| 3 |
Jack Brabham |
40 anos, 155 días |
1966 |
| 4 |
Graham Hill |
39 anos, 262 días |
1968 |
| 5 |
Nigel Mansell |
39 anos, 8 días |
1992 |
| 6 |
Alain Prost |
38 anos, 214 días |
1993 |
| 7 |
Mario Andretti |
38 anos, 193 días |
1978 |
| 8 |
Damon Hill |
36 anos, 26 días |
1996 |
| 9 |
Niki Lauda |
35 anos, 242 días |
1984 |
| 10 |
Michael Schumacher |
35 anos, 239 días |
2004 |
| 11 |
Alberto Ascari |
35 anos, 89 días |
1953 |
| 12 |
Phil Hill |
34 anos, 143 días |
1961 |
| 13 |
Jackie Stewart |
34 anos, 90 días |
1973 |
O máis laureado [editar]
Máis títulos consecutivos [editar]
Véxase tamén [editar]