Volta rápida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Schumacher é o piloto de Fórmula 1 con máis voltas rápidas: ten un total de 77.

En automobilismo e motociclismo, coñécese como volta rápida á volta máis rápida lograda por un piloto durante unha carreira. Nalgunhas competicións, como as A1 Grand Prix e as GP2 Series, prémiase con puntos aos pilotos ou equipos que a logren.

En Fórmula 1 dábase un punto ao piloto que a lograse ata a tempada 1960. Desde 2007, o piloto que máis voltas rápidas marque durante a tempada é premiado co Trofeo DHL Volta rápida. Na actualidade, Michael Schumacher posúe a marca de voltas rápidas dadas na categoría, cun total de 77.

En MotoGP non se dan puntos pola volta rápida. Giacomo Agostini ten a marca actual da categoría, con 117 voltas rápidas. Valentino Rossi, quen aínda participa na categoría, ocupa o segundo lugar con 87 voltas rápidas.

Pilotos de Fórmula 1 con máis voltas rápidas[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Voltas rápidas
1 Alemaña Michael Schumacher 77
2 Francia Alain Prost 41
3 Finlandia Kimi Räikkönen 39
4 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell 30
5 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark 28
6 Finlandia Mika Häkkinen 25
7 Austria Niki Lauda 24
8 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 23
Flag of Brazil.svg Nelson Piquet 23
10 Alemaña Sebastian Vettel 22

Os pilotos en negra compiten actualmente na categoría.

Pilotos de MotoGP con máis voltas rápidas[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Voltas rápidas
1 Italia Giacomo Agostini 117
2 Italia Valentino Rossi 88
3 España Ángel Nieto 81
4 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hailwood 79
5 España Dani Pedrosa 59
6 Flag of Australia.svg Michael Doohan 46
7 Italia Max Biaggi 42
8 Flag of the United Kingdom.svg Phil Read 36
9 Flag of Rhodesia.svg Jim Redman 35
10 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees 34
Italia Carlo Ubbiali 34

Os pilotos en negra compiten actualmente na categoría.