Giancarlo Fisichella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giancarlo Fisichella
Fisichella Monza 2009.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19962009
Escudería(s) Minardi, Jordan, Benetton, Sauber, Renault, Force India, Ferrari
Grandes Premios disputados 231 (229 saidas)
Campionatos 0
Vitorias 3
Podios 19
Pole positions 4
Voltas rápidas 2
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 1996
Primeira vitoria Gran Premio de Brasil de 2003
Derradeira vitoria Gran Premio de Malaisia de 2006
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2009

Giancarlo Fisichella, nado o 14 de xaneiro de 1973 en Roma, é un piloto de Fórmula 1

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Persoal[editar | editar a fonte]

No aspecto persoal, Fisicherlla é residente en Montecarlo, pesa 71 quilos e mide 1'70 metros e está solteiro malia que ten un fillo.

Profesional[editar | editar a fonte]

Dende o 1984 ata o 1988, o italiano, competíu en karts, pero xa no 1989 comezaba a despuntar, quedando 2º no karting de Europa e 4º no karting Internacional. Ao ano seguinte quedou en quinta posición no karting de 100 cc de Italia.

No 1991 debutou na Fórmula Alfa pero sen conseguir gran resultado. Do 1992 ao 1994 debutou na Fórmula 3000, dedicándose no ano 1995 á DTM.

Giancarlo Fisichella pilotando un Jordan en Indianápolis no 2002

Comezou na Fórmula 1 no 1996 en Minardi, conseguíu unha 17ª praza e ningún punto, retirouse a media tempada e foi substituido por Giovanni Lavaggi. Ao ano seguinte debutou con Jordan logrando unha oitava praza no Mundial, onde se subiu por primeira vez ao podio.

No ano 1998 trasladuse a Benetton e nesa mesma escudería e ese mesmo ano conseguiu a súa primeira pole position. En Benetton permaneceu catro tempadas, as tres últimas bastantes distintas da primeira, pois non acadaba moi bos resultados. Logo Reanult comprou a Benetton e Fisichella non se conservou como piloto oficial.

A súa mellor tempada realizouna no ano 2000, onde, pese á pouca competitividade do seu monopraza, logrou tres podios, en Brasil, Canadá e Mónaco, que o levaron a lograr a súa mellor clasificación, con un sexto posto final.

No Mundial do 2001 tivo una discreta actuación cun podio, en Brasil, e outras dúas carreiras entre os puntos. Antes da temporada, Flavio Briatore, o xefe do equipo, xa anunciou que non continuaría en Benetton e no 2002 estreouse en Jordan despois duns anos sen estar nesa escudería.

Estivo en Jordan até o 2004, ano no que se foi para a Sauber, conseguindo nela un 11º posto con 22 puntos. Este ano 2005 está en Renault, de novo baixo o mando de Flavio Briatore e ten de compañeiro ao español Fernando Alonso.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giancarlo Fisichella Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]