Monte Carlo
Monte Carlo é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Monte Carlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado.
Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.
Tamén é sede desde 1952 do "Reinsurers Rendez-Vous", a reunión anual máis antiga e famosa da industria reaseguradora que se realiza na primeira semana de setembro.
Monte Carlo desde fai décadas é un lugar de reunión de membros da realeza, así como de grandes estrelas de cine.
Historia [editar]
Fundada en 1866 foi nomeado así na honra do príncipe reinante da época, Carlos III de Mónaco. Na década de 1850 a familia reinante de Mónaco estaba case en quebra, como consecuencia da perda de dúas cidades que proporcionaban a maior parte dos ingresos do Principado cos seus cultivos de limón, laranxa e aceite de oliva. Neste época unha serie de pequenas cidades en Europa estaban crecendo en prosperidade con establecementos de xogo, como por exemplo a alemá Baden-Baden, así que en 1856, Carlos III deu unha concesión a Napoleón Langlois e Albert Aubert para establecer unha instalación de baños de mar para o tratamento de diversas enfermidades e construír un casino de estilo alemán en Mónaco.
O barrio de Monte Carlo foi atendido por tranvías de 1900 a 1953, que unían varias partes do Principado. En 2003 foi rematado no barrio un novo peirao de cruceiros.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||