Felipe Massa
| Felipe Massa (32 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 4 |
| Escudería actual | Ferrari |
| Escudería no 2014 | Por confirmar |
| Grandes Premios disputados | 179 (177 saídas) |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 11 |
| Podios | 36 |
| Pole positions | 15 |
| Voltas rápidas | 14 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2002 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Turquía de 2002 |
| Posición no 2013 | 5º (45 Ptos.) |
| editar | |
Felipe Massa, nado o 25 de abril de 1981 en San Paulo, é un piloto brasileiro de Fórmula 1 que na actualidade, e até 2012, corre para Ferrari. Anteriormente competiu en Sauber, dende 2002 até 2005. Na tempada 2006 fichou pola Scuderia Ferrari. Terminou segundo no Campionato Mundial de Pilotos 2008, e ten contrato ca Scuderia Ferrari ata o final da tempada 2012.
Índice |
Traxectoria[editar]
Inicios[editar]
Massa é de pai brasileiro e nai italiana. Seus avós son orixinários da cidade de Cerignola, na provincia de Foggia en Italia. En novembro de 2007 Masa casouse coa empresaria Anna Raffaela Bassi.[1] O día 30 de novembro de 2009 naceu o primeiro fillo da parella, Felipe Bassi Massa, apelidado de Felipinho.[2]. Massa empezou a competir nas carreiras de karts aos 9 anos acabando cuarto xa no seu primeiro campionato. Continuou en campionatos nacionais e internacionais e o ano 1998 pasou á Formúla Chervolet acabando o campionato brasileiro en 5º lugar. O ano seguinte gañou 3 das 10 carreiras conseguindo así gañar o campionato. No ano 2000 marchou a Europa para competir na Fórmula Renault. Logo de ter a oportunidade de participar na Formula 3 optou por competir na Formula 3000 onde gañou 6 das 8 carreiras e gañou o campionato. Grazas a esta actuación ofrecéuselle un test polo equipo Sauber con quen asinou o ano 2002.
Sauber (2002, 2004-2005)[editar]
No seu debut tivo por compañeiro de equipo ao campión da Formula 3000 de 1999, Nick Heidfeld. Malia demostrar ter un alto ritmo Felipe cometeu bastantes erros ao perder varias veces o control do coche. Sumou 4 puntos incluíndo un 5º lugar no Gran Premio de España de 2002. Máis tarde foi sancionado no Gran Premio dos Estados Unidos de 2002 e isto permitiu entrar ao equipo a Heinz-Harald Frentzen. Massa volveu ao circuíto de Suzuka pero Frentzen xa fora confirmado como compañeiro de Heidfeld para a tempada 2003 de Fórmula 1. Despois de que Jordan négaslle un asento Massa pasou a ser o píloto de probas de Ferrari.
Durante esta tempada de probas Massa madurou e deixou de cometer erros, así reasinou con Sauber o ano 2004 onde tería de compañeiro a Giancarlo Fisichella. Sumou 12 puntos dos 30 do equipo e foi cuarto no Gran Premio de Bélcica de 2004. Durante a tempada 2005 seguiu en Sauber pero debido ao baixo rendemento do coche non conseguiu sumar ningún punto, nesta tempada conseguiu superar ao seu compañeiro de equipo, Jacques Villeneuve.
De cara á tempada 2006 asinou para Ferrari xunto a Michael Schumacher.
Ferrari (2006- )[editar]
Ferrari confirmou o fichaje de Massa para a tempada 2006 de Fórmula 1 en sustitución do tamén brasileiro Rubens Barrichello, [3] pero tivo un inicio complicado no que lle custou adaptarse ao monoplaza e ademais mostrouse limitado no seu papel de escudeiro de Michael Schumacher. Pese a iso, Massa conseguiu varios podios e dúas vitorias no Gran Premio de Turquía de 2006 e no Gran Premio de Brasil de 2006 (converténdose no primeiro piloto brasileiro tras Ayrton Senna en vencer no seu propio país), ademais de tres 'poles' (Turquía, Xapón e Brasil). Finalizou terceiro no Mundial de F1 de 2006 con 80 puntos, por diante do que fora compañeiro seu en Sauber, Giancarlo Fisichella, e de Kimi Räikkönen.
Resultados Completos na Fórmula Un[editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial de Felipe Massa
- Felipe Massa no Twitter
- Felipe Massa profile and statistics
- Felipe Massa statistics
|
|||||||||||||||||||||||||||