Circuíto de Suzuka
| Circuíto de Suzuka | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de Xapón FIM Endurance World Championship Suzuka 8 Hours Super GT 1000 km Suzuka |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´807 km. |
| Curvas | 17 |
| Volta rápida (2005) | 1:31.540 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | McLaren |
| Coordenadas | 34°50′35″N 136°32′26″E / 34.84306°N 136.54056°E |
| Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Suzuka (鈴鹿サーキット Suzuka Sākitto) é un autódromo localizado en Suzuka, na Prefectura de Mie, Xapón, sede do Gran Premio de Xapón de Fórmula 1. Utilizado tamén para outros eventos do deporte do motor, trátase dun dos circuítos máis antigos e famosos de Xapón.
Índice |
Historia [editar]
Deseñado como unha pista de probas de Honda en 1962 polo holandés John Hugenholtz, Suzuka é un dos poucos circuítos no mundo en ter un trazado deseñado en forma de "8". Naturalmente, non existe intersección algunha na pista, senón que unha sección da pista pasa por encima da outra por medio dunha ponte.
O circuíto modificouse tres veces:
En 1983 instalouse unha chicane na última curva para frear os coches na recta de boxes e a curva de Degner convertiuse en dúas curvas en lugar dunha longa curva, o circuíto tamén se fixo moito máis seguros no ano 1983 mediante a adición de máis barreiras de seguridade, máis zonas de escape e a eliminación das pacas de palla;
En 2002, a chicane foi lixeiramente modificado, a curva 130R (marcado como 15 no diagrama) tamén foi modificada e algunhas das curvas en S (3, 4, 5, 6) fíxeronse un pouco máis rectas e máis rápidas;
En 2003, a chicane fíxose un pouco máis rápida e máis preto da 130R. [1]
O circuíto pódese utilizar en tres configuracións, o circuíto completo, ou as configuracións "Suzuka leste" ou "Suzuka oeste". A parte "Leste" da pista consiste na recta de boxes e a primeira metade da curva Dunlop (curva 7), antes de dirixirse de novo á recta de boxes a través dunha estreita curva a dereitas. A pista "Oeste" componse da outra parte do circuíto, incluíndo a ponte do cruce.
A curva de Degner foi nomeada así en honra de Ernst Degner.
Suzuka ten unha longa historia de carreiras de F1 apaixoantes; sendo tradicionalmente a última ou anteúltima carreira do campionato, moitos títulos de pilotos e construtores foron decididos neste circuíto. Grandes duelos e espectaculos vivíronse neste circuíto como os que protagonizaron Ayrton Senna e Alain Prost en 1989 e 1990, ou Satoru Nakajima en 1988.
A seguridade do circuíto foi seriamente cuestionada tras dous importantes accidentes en 2002 e 2003. No 2002, o piloto de Toyota F1 Allan McNish sufriu un accidente a altas velocidades na curva 130R, no cal atravesou unha cerca de metal. McNish resultou ileso, aínda que non volveu a competir na Fórmula 1 desde entón. En cambio, o accidente de 2003 tivo un saldo tráxico: o piloto de MotoGP Daijiro Kato perdeu a vida tras impactar contra un muro de formigón nunha chicane. Ambas as seccións da pista foron modificadas tras estes feitos.
A serie NASCAR pasou por este autódromo en 1996 e 1997. Na proba de 1996, produciuse un feito tráxico ao perder a vida do condutor do automóbil de seguridade, Elmo Langley, como consecuencia dun paro cardíaco.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Suzuka [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1987 | Ferrari | 1:32:58,072 h | 5´859 km | 51 | 192´847 km/h | 1. Novembro | ||
| 1988 | McLaren-Honda | 1:33:26,173 h | 5´859 km | 51 | 191´880 km/h | 30. Outubro | ||
| 1989 | Benetton - Ford | 1:35:06,277 h | 5´859 km | 53 | 195´907 km/h | 22. Outubro | ||
| 1990 | Benetton-Ford | 1:34:36,824 h | 5´859 km | 53 | 196´923 km/h | 21. Outubro | ||
| 1991 | McLaren-Honda | 1:32:10,695 h | 5´864 km | 53 | 202´298 km/h | 20. Outubro | ||
| 1992 | Williams-Renault | 1:33:09,553 h | 5´864 km | 53 | 200´168 km/h | 25. Outubro | ||
| 1993 | McLaren-Ford | 1:40:27,912 h | 5´864 km | 53 | 185´612 km/h | 24. Outubro | ||
| 1994 | Williams-Renault | 1:55:53,532 h | 5´864 km | 50 | 151´796 km/h | 6. Novembro | ||
| 1995 | Benetton - Renault | 1:36:52,930 h | 5´864 km | 53 | 192´476 km/h | 29. Outubro | ||
| 1996 | Williams-Renault | 1:32:33,791 h | 5´864 km | 52 | 197´656 km/h | 13. Outubro | ||
| 1997 | Ferrari | 1:29:48,446 h | 5´860 km | 53 | 207´497 km/h | 12. Outubro | ||
| 1998 | McLaren-Mercedes | 1:27:22,789 h | 5´864 km | 51 | 205´355 km/h | 1. Novembro | ||
| 1999 | McLaren-Mercedes | 1:31:18,785 h | 5´864 km | 53 | 204´086 km/h | 31. Outubro | ||
| 2000 | Ferrari | 1:29:53,435 h | 5´864 km | 53 | 207´316 km/h | 8. Outubro | ||
| 2001 | Ferrari | 1:27:33,298 h | 5´859 km | 53 | 212´665 km/h | 14. Outubro | ||
| 2002 | Ferrari | 1:26:59,698 h | 5´821 km | 53 | 212´645 km/h | 13. Outubro | ||
| 2003 | Ferrari | 1:25:11,740 h | 5´807 km | 53 | 216´612 km/h | 12. Outubro | ||
| 2004 | Ferrari | 1:24:26,985 h | 5´807 km | 53 | 218´525 km/h | 10. Outubro | ||
| 2005 | McLaren-Mercedes | 1:29:02,212 h | 5´807 km | 53 | 207´267 km/h | 9. Outubro | ||
| 2006 | Renault | 1:23:53,413 h | 5´807 km | 53 | 219´983 km/h | 8. Outubro | ||
| 2009 | Red Bull-Renault | 1:28:20,443 h | 5´807 km | 53 | 208´900 km/h | 4. Outubro | ||
| 2010 | Red Bull-Renault | 1:30:27,323 h | 5´807 km | 53 | 204´148 km/h | 10. Outubro | ||
| 2011 | McLaren-Mercedes | 1:30:53,427 | 5´807 km | 53 | 203´171 km/h | 9. Outubro | ||
| 2012 | Red Bull-Renault | h | 5´807 km | 53 | km/h | 7. Outubro |
Record: M.Schumacher (6 Veces)
Notas [editar]
- ↑ "Suzuka: new chicane and 130R". etracksonline.co.uk (e-Tracks). 2 February 2003. http://www.etracksonline.co.uk/News/stories/news_id091.html. Consultado o 21 September 2011.