AT&T

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AT&T Inc.

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade por accións
Fundación5 de agosto de 1893 (130 anos)
LocalizaciónDallas, TX, 208 South Akard Street Estados Unidos de América Estados Unidos
IndustriaTelecomunicacións
Beneficio160 546 millóns de dólares (2017)
Número de empregados254 000
Na rede
https://www.att.com e http://about.att.com/sites/company_profile
Facebook: ATT Twitter: ATT Instagram: att Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

AT&T (American Telephone and Telegraph) é unha empresa norteamericana de telecomunicacións. É a maior empresa de telecomunicacións do mundo e a segunda en telefonía móbil a nivel mundial.

As súas orixes están en Southwestern Bell Telephone Company, unha filial de Bell Telephone Company, fundada por Alexander Graham Bell en 1880.

Historia[editar | editar a fonte]

A compañíaa que se tornou AT&T comezou en 1875, nun acordo entre o inventor Alexander Graham Bell e dous homes, Gardiner Hubbard (sogro de Bell) e Thomas Sanders, que concordaran en financiar o seu traballo. Bell estaba tentando inventar un telégrafo falante (un teléfono). Foi un éxito e conseguiu rexistrar as patentes en 1876 e 1877. En 1877, os tres homes formaron a Bell Telephone Company para explorar a invención. A primeira central telefónica, operando baixo a licenza da Bell, abriu en New Haven, Connecticut en 1878. En tres anos, existían centrais telefónicas nas principais cidades dos Estados Unidos, operando baixo a licenza do que hoxe é a American Bell Telephone Company. En 1882, American Bell adquiriu o control da Western Electric Company, que se tornou na súa fábrica. Gradualmente, a American Bell converteuse en dona da maioría dos seus licenciados, e a empresa pasou a ser coñecida como Bell System (Sistema Bell).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Páxina oficial
  • AT&T History and science resources at The Franklin Institute's Case Files online exhibit