Lotus Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Lotus
Nome completo Lotus Racing
Bandeira coa que compite Malaisia Malaisia
Base en Hingham, Norfolk, Reino Unido
Xefe de Equipo Malaisia Tony Fernandes
Director Técnico Mike Gascoyne
Pilotos 20. Finlandia Heikki Kovalainen
21. Italia Jarno Trulli
Pilotos de probas India Karun Chandhok
Luiz Razia
Italia Davide Valsecchi
Ricardo Teixeira
Chasis Lotus T128
Motor Renault RS27-2011
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Bahrain de 2010
Carreiras 38
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Posición no campionato

Lotus Racing, agora Team Lotus é unha escudaría de Fórmula 1 que corre baixo bandeira de Malaisia, país no que tamén é coñecido como 1Malaysia F1 Team, foi fundada polo empresario Tony Fernandes. Debutou na tempada 2010, sendo os seus pilotos Jarno Trulli e Heikki Kovalainen.

O equipo acadou a súa entrada a partir da retirada de BMW da Fórmula 1 ao final da tempada 2009. Uníronse a Virgin Racing e Hispania Racing F1 Team como novos equipos para o ano 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Team Lotus é administrado por 1Malaysia Racing Team Sdn. Bhd, un proxecto de financiamento privado de propiedade conxunta de Tune Group e Naza Group, en asociación co Goberno de Malaisia e un consorcio de empresarios de Malaisia. Proton, a compañía de automóbiles de Malaisia que é propietaria de Lotus Cars, deulle permiso ao equipo para utilizar a marca Lotus na Fórmula Un. O Goberno de Malaisia fixo fincapé en que o goberno non vai investir no equipo e que o investimento do goberno de Malaisia é só a través de Proton. O proxecto forma parte da iniciativa 1Malaysia, destinada a promover a unidade entre os malaios.

O equipo formouse logo de que o equipo Litespeed F3 se achegase ao empresario Malaio Tony Fernandes, que xa patrocinara o equipo Williams a través da súa compañía AirAsia. Litespeed previamente fixera a súa propia oferta para entrar na tempada 2010 co nome de Team Lotus, pero non acadaron a entrada. O debut en Lotus Racing marcou o retorno do nome de Lotus como construtor de Fórmula Un por primeira vez desde 1994, cando a compañía británica orixinal Team Lotus deixou de competir na Fórmula Un.

Logo de terminar devandita licenza, o equipo utilizará o histórico nome de Team Lotus na tempada de 2011, pero se enfrontan a accións legais do Grupo Lotus e da empresa Proton sobre o uso do nome de Lotus. O 27 de abril de 2011, Fernández anunciou que Team Lotus Enterprise comprara ao fabricante de coches deportivos británicos Caterham.

Hai plans para usar o nome de Caterham en lugar de Lotus como construtor do equipo/chasis desde o inicio da tempada do 2012 se póde obter o permiso da Comisión da Fórmula Un.

Fernandes, fundador e CEO (director executivo) do Grupo Tune con sede en Malaisia, o dono da aerolínea AirAsia, é o director do equipo. Logo de prever inicialmente renunciar á función despois do comezo da tempada, máis tarde, declarou que ía continuar nesta posición. O director técnico do equipo é Mike Gascoyne, que se asociou con Litespeed desde o seu inicio. Os accionistas do equipo SM Nasarudin (CEO e presidente executivo de Naza Group) e Kamarudin Meranun (o co-fundador con Fernandes do Grupo AirAsia e Tune) foron nomeados como directores suplentes do equipo. Riad Asmat foi nomeado conselleiro delegado de 1Malaysia F1 Team Sdn. Bhd, Asmat que antes traballaba na oficina do director xeral de Proton Holdings Berhad de Director Xeral. En Proton Holdings Berhad en 2006, Riad encargabase do desenvolvemento do seu programa de deportes de motor, incluíndo a participación da compañía en A1 Team Malaisia. Keith Saunt foi nomeado como director de operacións do equipo e foi seleccionado para dirixir a organización técnica en Gran Bretaña, reportando directamente a Mike Gascoyne. Saunt foi encargado de supervisar as operacións técnicas no día a día nas instalacións do equipo en Hingham, Norfolk. A súa experiencia previa inclúe funcións de alto nivel co equipo orixinal de Lotus, Benetton Formula, Renault F1 e máis recentemente en Red Bull Racing, onde ocupou o cargo de director de operacións e director tecnoloxía de Red Bull.

O equipo ten a súa base no RTN (Racing Technology Norfolk Ltd.) no centro de Norfolk, Reino Unido, a 16 quilómetros da fábrica de Lotus Cars. O deseño, o I+D do equipo, a fabricación e centro técnico inicialmente ían radicar nunha instalación construída especialmente en Malaisia no Circuíto Internacional de Sepang, pero Fernandes declarou máis adiante que o equipo, de feito, seguiría a ter a súa base en Norfolk.

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Puntos Posición
2010 Lotus T127 Cosworth CA2010 V8 B BAH AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR BRA ABU 0 10º
Italia Jarno Trulli 17 NTS 17 Ret 17 15 Ret Ret 21 16 Ret 15 19 Ret Ret 13 Ret 19 21
Finlandia Heikki Kovalainen 15 13 NC 14 NTS Ret Ret 16 Ret 17 Ret 14 16 18 16 12 13 18 17
2011 Lotus T128 Renault RS27-2011 V8 P AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 0 10º
Finlandia Heikki Kovalainen Ret 15 16 19 Ret 14 Ret 19 Ret 16 Ret 15 13 16 18 14 14 17 16
Italia Jarno Trulli 13 Ret 19 18 18 13 16 20 Ret Ret 14 14 Ret 19 17 19 18 18
India Karun Chandhok PP PP PP PP 20 PP PP PP PP

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]