Fernando Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Fernando Alonso Amat.
Fernando Alonso
AlonsoCanada2011.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Spain.svg Español
Monopraza número 5
Escudería actual Scuderia Ferrari
Escudería no 2013 Scuderia Ferrari
Grandes Premios disputados 178 (177 saídas)
Campionatos 2 (2005, 2006)
Vitorias 27
Podios 73
Pole positions 20
Voltas rápidas 19
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2001
Primeira vitoria Gran Premio de Hungría de 2003
Posición no 2012
editar

Fernando Alonso Díaz, nacido en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de Fórmula 1. Foi Campión do Mundo nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. Actualmente reside en Lugano (Tesino), Suíza.[1]

No ano 2007 quedou terceiro no mundial, por detrás de Kimi Räikkönen e de Lewis Hamilton, despois de moitas e polémicas decisións de equipo durante a tempada.

Índice

[editar] Vida persoal e deportiva

Naceu o 29 de xullo de 1981 en Oviedo aínda que agora reside en Lugano, non lonxe da sede do seu equipo. É fillo de José Luis Alonso e Ana Díaz, e irmán de Lorena, cinco anos maior ca el e que exerce como médica de profesión. Alonso estivo casado con Raquel del Rosario, solista do grupo musical español El Sueño de Morfeo. Casáronse o 17 de novembro de 2006 e anunciaron o seu divorcio o 20 de decembro de 2011.

Aos tres anos o seu pai regaloulle un kart co que Fernando se encaprichou e comezou a familiarizarse co ruxido do motor. Neste mesmo ano conseguiu a súa primeira vitoria, na que participaban nenos que lle dobraban a idade. Este título deulle coraxe para seguir pilotando sempre coa axuda do seu pai que xa se dera de conta do seu talento precoz.

Desde os catro anos ata os catorce cursou primaria e EXB nun colexio en Oviedo chamado "Santo Ángel de la Guarda". Logo, estudou no instituto "Leopoldo Alas Clarín de San Lázaro" onde permaneceu até o 2000, ano no que abandonou os estudios porque non ser capaz de compartilos cos compromisos deportivos. Ademais con dezaseis anos xa ostentaba a licenza obrigatoria oficial da Federación Española aínda que esta era falsificada.

A súa traxectoria era moi rápida e exitosa e ía de cidade en cidade, no coche do seu pai que era un Peugeot algo antigo, mentres que os outros competidores levaban Mercedes e BMW.

Fernando Alonso enriba do F-1 de seu.

Todo isto facía que se fora rematando o diñeiro dos seus pais e isto fixo que estiveran a punto de desistir; pero grazas a unha sorpresa coñeceron a Genís Marcó que se encaprichou con Alonso e pagaba se facía falta diñeiro do seu peto e até estreaba un kart por carreira.

Así, en 1995, cun soldo de 100.000 pesetas ao mes e catorce anos chegou ao Campionato Mundial, onde subiu ao podio co terceiro posto por diante de Kimi Raikkonen.

En 1998, apareceu unha persoa moi importante na súa vida profesional: Adrián Campos, o ex-piloto de Minardi que se convertería no seu representante.

Campos en 1999 fichouno como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan.

Con dezasete anos e sen carné voaba polos circuítos a máis de 250 km/h; este sacouno nada máis cumprir os dezaoito anos, cun Renault Megane. Durante as prácticas de obtención do carné, o seu profesor advertiulle de que conducira máis rápido xa que ía moi amodo.

Alonso co seu primeiro título de monoprazas seguiu progresando e chegou á Fórmula 3000 no ano 2000, ano do seu debut, e data na que conseguiu a súa primeira vitoria.

Este éxito no seu debut fixo que se consagrase na Fórmula 1, comezando a ser probador de Minardi.

Trala experiencia con este equipo de Fórmula 1, Flavio Briatore, xefe do equipo de Renault, polo que fichara cinco anos, chamouno para exercer de probador en Renault durante o ano 2002, onde tivo resultados satisfactorios.

No ano 2003 foi piloto oficial deste equipo francés, que ten a súa sede oficial en Oxford, lugar onde reside Fernando Alonso por estas circunstancias. Precisamente este ano estreará o seu palmarés na Formula 1 coa súa primeira vitoria, no Gran Premio de Hungría. Será o máis novo gañador dun gran premio e o primeiro piloto de nacionalidade española que o consegue.

Tras un ano 2004 irregular, no cal pese a todo rematará cuarto na clasificación final, no 2005 acadará o título mundial, tras unha intensa loita co finlandés Kimi Räikkönen, da escudaría McLaren Mercedes, batendo de novo a marca de precocidade existente ata entón. En 2006 Alonso tivo unha bonita loita co alemán Michael Schumacher e o finlandés Kimi Räikkönen, gañando finalmente o Mundial.

No ano seguinte, McLaren Mercedes fichou a Alonso, despediu a Juan Pablo Montoya, e puxo en vez deste ó protexido de Ron Dennis, Lewis Hamilton, primeiro piloto de pel negra que gaña un Gran Premio.

Logo dunha gran polémica con prestixiosos diarios ingleses como The Observer, The Times, The Daily Mirror... en contra de Alonso, chégase ó Gran Premio de Brasil, co asturiano segundo clasificado a catro puntos de Hamilton. Finalmente no Gran Premio de Brasil, aconteceu unha milagre, onde Kimi Raikkonen saíu como principal beneficiado, como campión do mundo. Polo que a Alonso respecta, rematou terceiro e quedou empatado a puntos con Hamilton, no terceiro posto absoluto no Mundial. No ano 2008 fichou de novo por Renault, e afronta un ano novo intentando recuperar o campionato do mundo.

[editar] Inicios en karts

Fernando Alonso iniciou a súa carreira no mundo do motor con tres anos, vendo ó seu ídolo da infancia Ayrton Senna, cando seu pai lle regalou un kart que el mesmo construíra. Ese ano ganou a súa primeira carreira e comezou a adestrar á saída do colexio xunto a seu pai, quen exerceu de representante e mecánico. Un ano máis tarde obtivo a licencia oficial da Real Federación Española de Automobilismo. En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, o campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría a familia non se podía facer cargo dos gastos que carrexaban as carreiras. Cerca do abandono, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso. En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría Cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 e 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, cunha bolsa da Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros[sin referencias].

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior[2] . Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a ganar o campionato de España,o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

Primer kart de Fernando Alonso
Kart de Fernando Alonso en categoría cadete

[editar] Pasos cara á Fórmula 1

En 1999 entrou en escena o ex-piloto de Minardi Adrián Campos, que se convertería no seu mánager. Fíchao como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan, na que Alonso logra 9 poles, 8 voltas rápidas e 6 vitorias que lle outorgaron o campionato Euro Open Movistar.

Da Fórmula Nissan pasou á Fórmula 3000 no equipo Astromega, onde se xuntou con pilotos de gran categoría quedando solo por detrás de Bruno Xunqueira, gañador da edición, Nicolas Minassian e Mark Webber. Alonso conseguiu a pole e gañou na carreira de Bélxica e quedou segundo na de Hungría, quedando cuarto na clasificación xeneral no ano do seu debut e único no que estivo.

[editar] Fórmula 1

[editar] Minardi (2001)

Pasou á Fórmula 1 fichado por Renault pero cedido a Minardi como piloto oficial. Con Minardi debutou no Gran Premio de Australia de 2001, sendo o terceiro piloto máis xove en facelo. A súa mellor clasificación con Minardi foi un 10º posto no Gran Premio de Alemaña. No Gran Premio de Xapón chegou a adiantar ó Toyota de Olivier Panis e quedar por diante do Jordan-Honda de Heinz-Harald Frentzen.

En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, no campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría, a familia non se podía facer cargo dos gastos que implicaban as carreiras. A punto de abandonar, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso.

En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 y 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, becado pola Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros.

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior. Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a gañar o campionato de España, o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

[editar] Renault (2002-2006)

[editar] McLaren (2007)

Fernando Alonso no Gran Premio de Bélxica, 2007.
  • O MP4/22, o novo coche de Alonso, presentouse o día 15 de xaneiro na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, cunha gran posta en escena.
  • O 18 de marzo logra un segundo posto no GP de Australia co seu debut en McLaren-Mercedes, por detrás do finés Kimi Räikkönen e onde o seu compañeiro de equipo e debutante na categoría, Lewis Hamilton, acabou terceiro.
  • O 8 de abril, na segunda carreira con McLaren-Mercedes, logra a súa primeira vitoria no Gran Premio de Malasia de 2007, no que o seu compañeiro de escudaría Lewis Hamilton acabou en 2ª posición e Kimi Räikkönen na 3ª. McLaren logrou, desta forma, o seu primeiro dobrete dende Brasil '05.
  • O 15 de abril, no Gran Premio de Bahréin de 2007, obtén 4 puntos máis para o campionato de pilotos quedando no 5º posto, tras unha difícil carreira, o que o deixou fora do liderado en solitario e non compartido, xa que polos resultados da carreira as tres primeiras prazas do campionato de pilotos empataron con 22 puntos, acadados por Fernando Alonso, Kimi Räikkönen e o segundo de McLaren-Mercedes, Lewis Hamilton, que conseguiu o mellor inicio dun novato.
  • Na rolda de clasificación de Montmeló, no Gran Premio de España de 2007, Massa quedou primeiro; Alonso, segundo; Kimi terceiro e Hamilton no cuarto lugar. Pero na carreira, o asturiano intentou adiantar ó brasileiro Felipe Massa na saída, chocando e quedando relegado á cuarta praza. Kimi Räikkönen abandonou, cedendo un posto a Alonso, quen quedaría terceiro tras o seu compañeiro de equipo, Lewis Hamilton, que se proclamaría líder do mundial sendo o piloto máis xoven ata o momento. Massa gañou a carreira.
  • O 27 de maio, Alonso, no Gran Premio de Mónaco queda primeiro; seu compañeiro de equipo, Hamilton, segundo; e Felipe Massa, terceiro. Foi nesta carreira cando Fernando logrou máis vantaxe respecto aos seus rivais, sendo Lewis Hamilton e Felipe Massa os únicos dous pilotos ós que non dobrou.
  • No Gran Premio de Canadá de 2007 quedou sétimo tras unha accidentada carreira, na que saíron catro coches de seguridade. No primeiro deles, cadrou coa súa parada en boxes, polo que foi penalizado con dez segundos de stop & go a causa da nova normativa. Tras a penalización, tivo que remontar posicións. Nesta carreira, Alonso perdeu o liderado do campionato na favor de Lewis Hamilton, quen está a 8 puntos do asturiano.
  • O 22 de xullo, no Gran Premio de Europa do mesmo ano, logrou unha nova vitoria, tras manter un duelo sobre a choiva no que as voltas finais con Felipe Massa (no que incluso chegou a tocarse ao adiantalo). Nesta mesma carreira, Räikkönen e Hamilton non lograron puntuar: o primeiro por abandonar e o segundo, pola súa 9ª posición final. O líder do mundial continua sendo Lewis Hamilton aínda que a súa vantaxe de 12 puntos viuse reducida a 2 pola parte de Alonso.
  • No Gran Premio de Hungría, produciuse unha das maiores polémicas da temporada, ao deterse Alonso máis do tempo necesario na súa última parada en boxes e impedindo desa maneira que Hamilton dese unha volta máis ao circuíto para tratar de lograr a pole.
  • No gran premio de Xapón Alonso viuse obrigado a retirarse tras un violento choque contra o muro que deixou inservible o seu bólido, debido a chuvia e a néboa constantes;
  • no Gran premio de China foi o seu compañeiro de equipo quen se viu obrigado a abandonar, tras haberse saído da pista na entrada o pit-lane, e verse encalado na grava. Alonso terminou segundo, por detrás de Kimi Räikkönen, a só catro puntos do inglés para a última carreira da temporada.
  • No Gran Premio de Brasil de 2007, última cita do campionato, puido adiantar a Lewis Hamilton na saída, o cal fora adiantado tamén por Räikkönen. Ao intentar o inglés recuperar a terceira posición, saíuse da pista, perdendo varias posicións, e posteriormente, cun problema de transmisión, foi relegado á última posición. Tras o adiantamento de Kimi Räikkönen a Felipe Massa, o finlandés coroouse campión do mundo con 110 puntos, tendo chegado terceiro, sendo Alonso terceiro e Hamilton finalmente sétimo. Isto deixaba a Alonso e Hamilton empatados a 109 puntos, co británico por diante, xa que sumaba un segundo posto máis có español.

[editar] Renault (2008-2009)

[editar] Ferrari (2010- )

Alonso proba o Ferrari F10, durante as probas de pretemporada en Jerez.

Logo de moitas especulacións, o 30 de setembro de 2009, confirmábase que Alonso substituía a Kimi Räikkönen no equipo Ferrari. O seu contrato cobre tres tempadas (2010-2012), con opcións ata o final do 2014. Aínda que o seu contrato dise que se asinou xa en xullo de 2008, Alonso confirmou que asinouse no verán de 2009 para comezar con Ferrari no 2011, e que máis tarde foi cambiado a 2010, xa que Ferrari e Raikkonen, a quen substitúe Alonso, conviñeron en pór fin ao seu contrato cun ano de anticipación. Aínda que se informou de que o contrato de Alonso era de 25 millóns de euros por tempada, Ferrari emitiu un comunicado que arroxa dúbidas sobre este dato, indicando que "os números de que se falan non teñen absolutamente nada que ver coa realidade.

Na primeira carreira en Bahrain, Alonso clasificouse terceiro por detrás do seu compañeiro de equipo Massa e de Sebastian Vettel. Na saída, Alonso adiantou a Massa para pasar á segunda praza, logo, o líder Vettel tivo un problema de motor e caeu ao cuarto posto e Alonso gañou a carreira, converténdose no quinto home en gañar no seu debut en Ferrari despois de Juan Manuel Fangio en 1956, Mario Andretti en 1971, Nigel Mansell en 1989, e Kimi Räikkönen en 2007. O seu compañeiro de equipo Massa ocupou o segundo lugar e o seu excompañeiro de equipo en McLaren Lewis Hamilton rematou terceiro.

[editar] Palmarés

[editar] Récords

  • Foi o piloto máis novo en vencer un GP con 22 anos e 26 días, en Hungría no 2003.
  • Foi o terceiro piloto máis novo en tomar a saída nun GP con 19 anos, 7 meses e 3 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar unha pole con 21 anos, 7 meses e 23 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar un Campionato do Mundo con 24 anos, 1 mes e 27 días.

[editar] Tempadas na F1

Ata: GP Corea 2010 (24. Outubro)

Tempada Equipo Dorsal Carreiras Clasificación Puntos Vitorias Poles Voltas rápidas Compañeiros
2001 Flag of Italy.svg Minardi-European 21 17 23º - - - - Flag of Brazil.svg Tarso Marques (22º)
Flag of Malaysia.svg Alex Yoong (26º)
2002 Francia Renault (Probador) - - - - - - - - - -
2003 Francia Renault 8 16 55 1 2 1 Flag of Italy.svg Jarno Trulli (8º)
2004 Francia Renault 8 18 59 - 1 - Flag of Italy.svg Jarno Trulli (WM-6.)
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve (21º)
2005 Francia Renault 5 18 Campión 133 7 6 2 Flag of Italy.svg Giancarlo Fisichella (5º)
2006 Francia Renault 1 18 Campión 134 7 6 5 Flag of Italy.svg Giancarlo Fisichella (4º)
2007 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 1 17 109 4 2 3 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton (2º)
2008 Francia Renault 5 18 61 2 - - Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Jr. (19º)
2009 Francia Renault 7 17 26 1 2 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Jr. (21º)
2010 Flag of Italy.svg Ferrari 8 19 252 5 2 5 Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2011 Flag of Italy.svg Ferrari 5 19 257 1 - 1 Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2012 Flag of Italy.svg Ferrari 5 - - - - - - Flag of Brazil.svg Felipe Massa (-)

[editar] Resumen das carreiras en F1

Tempada 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Clasificación Puntos
2001 AUS MAL BRA RSM ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR GER HUN BEL ITA USA XPN --- --- 23º 0
12 13 Ret. Ret. 13 Ret. Ret. Ret. 14 17 16 10 Ret. Ret. 13 Ret. 11
2003 AUS MAL BRA RSM ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR GER HUN ITA USA XPN --- --- --- 55
7 3P 3 6 2 Ret. 5 4 4 Ret. Ret. 4 1P 8 Ret. Ret.
2004 AUS MAL BRN RSM ESP MON EUR CAN USA FRA GBR GER HUN BEL ITA CHN XPN BRA --- 59
3 7 6 4 4 Ret. 5 Ret. Ret. 2P 10 3 3 Ret. Ret. 4 5 4
2005 AUS MAL BRN RSM ESP MON EUR CAN USA FRA GBR GER HUN TUR ITA BEL BRA XPN CHN 133
3 1P 1P 1 2 4 1 Ret. No D. 1P 2P 1 11 2 2 2 3P 3 1P
2006 BRN MAL AUS RSM EUR MON ESP GBR CAN USA FRA GER HUN TUR ITA CHN XPN BRA --- 134
1 2 1 2 2P 1P 1P 1P 1P 5 2 5 Ret. 2 REt 2P 1 2
2007 AUS MAL BRN ESP MON CAN USA FRA GBR EUR HUN TUR ITA BEL XPN CHN BRA --- --- 109
2 1 5 3 1P 7 2 7 2 1 4 3 1P 3 Ret. 2 3
2008 AUS MAL BRN ESP TUR MON CAN FRA GBR GER HUN EUR BEL ITA SIN XPN CHN BRA --- 61
4 8 10 Ret. 6 10 Ret. 8 6 11 4 Ret. 4 4 1 1 4 2
2009 AUS MAL CHN BAH ESP MON TUR GBR GER HUN EUR BEL ITA SIN XPN BRA ABU --- --- 26
5 11 9 8 5 7 10 14 7 Ret. 6 Ret. 5 3 10 Ret. 14
2010 BAH AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR GBR GER HUN BEL ITA SIN XPN RCO BRA ABU 252
1 4 13 4 2 6 8 3 8 14 1 2 Ret. 1 1 3 1 3 7
2011 AUS
4
MYS
6
CHN
7
TUR
3
ESP
5
MON
2
CAN
Ret
EUR
2
GBR
1
ALE
2
HUN
3
BEL
4
ITA
3
SIN
4
XPN
2
COR
5
IND
3
ABU
2
BRA
4
257

[editar] Curiosidades

  • É Embaixador de Boa Vontade da UNICEF.
  • Practica ciclismo, tenis, natación e fútbol (el xoga de porterio e chegou a rexeitar unha oferta do Celta de Vigo), sendo os seus equipos preferidos o Real Madrid e o Real Oviedo. O seu ídolo deportivo é o ciclista Lance Armstrong.
  • Ten múltiples apodos: na súa casa é O Nano e na pista, Magic.
  • Cando sacou o carné de conducir con 18 anos levando un Renault Mégane, cometeu una falta leve "por ir demasiado lento". O curioso é que el xa era un consumado experto que pilotaba monoplazas a mais de 250 km/h. Según él mesmo, durante os días previos ó examen, os seus familiares e coñecidos non facian mais que recordarlle que non correse.
  • O cantante Melendi foi con él á sua escola e adicoulle a canción "Magic Alonso" para o seu 24 aniversario. A canción foi emitida por Telecinco durante a retransmisión do Gran Premio de Hungría de 2005.
  • No 2006, prestou a súa voz para dobrar a un dos personaxes (el mesmo) da película Cars, da compañía Pixar.

[editar] Polémicas

No Gran Premio de Brasil de 2003, Alonso chocou a gran velocidad con restos do coche de Mark Webber ó intentar entrar rápidamente en boxes aproveitando o safety car, ignorando as bandeiras amarelas. Tras o choque, ondeouse a bandeira vermella e a carrera foi suspendida. O ovetense recibiu a terceira posición o final da carreira, deixando vacío o terceiro escalón do podio, xa que debiu ser evacuado o hospital. No Gran Premio de Europa de 2003, David Coulthard e Martin Whitmarsh acusarono de facer un brake test (frenar bruscamente cando se está diante de outro piloto, facendo que o de detrás deba frenar e evadir o de diante) ó piloto escocés, pero non foi penalizado. Os comisarios do Gran Premio emitiron o seguinte comunicado: "Seguindo as recomendacions do director da proba, o incidente que involucrou os coches número 8 (Alonso) e 5 (Coulthard) foi investigado. Tanto os pilotos como os representantes dos seus equipos, foron chamados para que fixeran os seus descargos. Logo de escoitalos, ver os vídeos e a telemetría dos coches, foi comprobado que non houbo responsabilidade no incidente", di o comunicado. No Gran Premio de Hungría de 2006, fixo un brake test a Robert Doornbos durante os entrenamientos, e foi sancionado ca adición do segundo a cada un dos tempos da clasificación.[Cómpre referencia] Os comisarios calificaron as suas maniobras de "innecesarias, inaceptables e peligrosas". No Gran Premio de Italia de 2006, foi sancionado por "bloquear intencionadamente o coche de Felipe Massa na sua volta rápida. O asturiano, que consideraba que non había entorpecido en ningún momento o brasileiro, declarou que "xa non consideraba mais a Fórmula 1 un deporte".

[editar] Véxase temén

[editar] Ligazóns externas

[editar] Notas

  1. [1]

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas