Spa, Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spa, Bélxica
Spa {{}}
Héraldique Ville BE Spa.svg
Spa JPG05.jpg
Casino de Spa
Situación xeográfica
Spa Liège Belgium Map.png
País Bélxica Bélxica
Rexión Valonia
Provincia Provincia de Liexa
Distrito Verviers
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 39´85 km²
Poboación
Poboación 10.579 hab. (2012)
Densidade 270 hab/km²
Información
Código postal 4900
Alcalde Joseph Houssa (MR)
Páxina web www.spa-info.be

Spa é un municipio de Bélxica. Atópase na Rexión Valona da Provincia de Liexa. Está situado nun val nas montañas das Ardenas, a uns 35 km. ao sueste de Liège, e a 45 km ao suroeste de Aquisgrán. O 1 de xaneiro de 2012, Spa tiña unha poboación total de 10.579 habitantes. Ten unha superficie total de 39´85 km², resultando unha densidade de poboación de 270 habitantes por km².

Historia[editar | editar a fonte]

Spa, a cidade da auga.
Vista de Spa, Bélxica, 1895.

A cidade é famosa polos seus mananciais desde os tempos da Roma Antiga, cando era chamada Aquae Spadanae,[1] denominación posiblemente relacionada con spargere (en latín, 'lanzar aquí e alí, espallar' (gotas).[2] A afirmación de que a palabra "spa" sexa un acrónimo da expresión latina salus per aquam ou "sanitas per aquam" ("saúde pola auga") parece carecer de fundamento.

Xa na Idade Media, no século XIV as augas de Spa gañaron fama polas súas propiedades medicinais, e o manancial era coñecido como Espa ("fonte", en lingua valoa). E aínda que outros mananciais de augas minerais curativas son famosos en todo o mundo, é a vila de Spa, a que converteuse en epónimo de calquera lugar que teña unha fonte de auga natural que posúa propiedades especiais para a saúde, como spa. Desde o século XVIII a cidade tamén conta cun casino.

En 1918, o exército alemán estableceu a súa sé principal en Spa, e foi desde aquí que os delegados dirixíronse ás liñas francesas para pactar co Mariscal Foch e pedir a paz nas consultas previas ao Armisticio, que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. En xullo de 1920 foi sé da Conferencia de Spa, unha reunión do Consello Supremo. Delegados alemáns foron invitados a este para discutir as reparacións de guerra.

A cidade está preto do Circuíto de Spa-Francorchamps, (en realidade hoxe en día atópase en Stavelot) que alberga o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1. Tamén é a localización do manancial de auga mineral de Spa.

Hercules Poirot o detective de ficción de Agatha Christie naceu en Spa.

Spa foi sé da final da Etapa 2 do Tour de Francia 2010, o 5 de xullo.

Relacións internacionais[editar | editar a fonte]

Cidades Irmás[editar | editar a fonte]

Spa está irmandada con:

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos de Spa
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Media °C (°F) 4
(40)
5
(41)
8
(47)
12
(53)
17
(63)
19
(66)
21
(69)
20
(68)
18
(64)
13
(56)
7
(45)
5
(41)
12.4
(54.4)
Media mínima en °C (°F) −1
(30)
−2
(29)
1
(33)
3
(37)
7
(44)
9
(49)
11
(52)
11
(52)
9
(48)
6
(42)
2
(35)
−1
(31)
4.6
(40.2)
Precipitación mm (pulgadas) 97
(3.8)
84
(3.3)
79
(3.1)
81
(3.2)
80
(3)
99
(3.9)
112
(4.4)
99
(3.9)
84
(3.3)
94
(3.7)
99
(3.9)
109
(4.3)
1.117
(43,8)
[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Journal of the History of Medicine and Allied Sciences, George Rosen, Yale University Dept. of the History of Science and Medicine, Project Muse, H. Schuman, 1954
  2. A brief history of spa therapy, por A. van Tubergen e S. van der Linden.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spa, Bélxica Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]