Paul di Resta
| Paul di Resta (27 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 14 |
| Escudería actual | Force India |
| Escudería no 2014 | Por confirmar |
| Grandes Premios disputados | 44 |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Podios | 0 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas rápidas | 0 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2011 |
| Posición no 2013 | 8º (26 pto.) |
| editar | |
Paul di Resta, nado o 16 de abril de 1986 en Livingston, West Lothian, é un piloto escocés de Fórmula 1. En 2010 foi o campión da DTM. É un dos poucos pilotos da historia, xunto con Timo Glock e Pedro Martínez de la Rosa que conseguiu puntuar no seu primeiro Gran Premio.
Índice |
Vida persoal[editar]
Di Resta, quen creceu en Uphall, West Lothian, vive agora en Mónaco, é primo dos pilotos Dario e Mariño Franchitti.[1] O seu padrastro foi o futbolista escocés Dougie McCracken.[2] O seu irmán menor, Stefan, compite a nivel amateur.[3]
Paul di Resta é o director da empresa de ocio da súa familia.
Trala firma con Force India, Di Resta comprou un apartamento en Monte Carlo, Mónaco. Únese a outros numerosos pilotos no Principado, onde vive coa súa noiva Laura Jordan.
Traxectoria[editar]
A finais do ano 2008, di Resta realizou uns test coa escudería McLaren Mercedes de Fórmula 1[4] e vinculóuselle varias veces como piloto titular da escudería Force India para 2009.[5] Finalmente, no 2010, Paul consegue o posto de piloto de probas e reserva na escudería india.[6] O escocés tivo a oportunidade de pilotar o monopraza durante varios adestramentos libres.
En 2011, tralas boas sensacións que deixou nos libres dos venres e sendo campión do DTM,[7] di Resta firma como piloto oficial de Force India, tendo como compañeiro a Adrian Sutil e deixando a Nico Hülkenberg como probador.[8] Paul logra puntuar na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia, sendo 10º, posición que repetiu na seguinte carreira. O seu mellor resultado foi un 6º no GP de Singapur.[9] O bo rendemento de Paul no seu ano de debut (13º con 27 puntos) desata os rumores que lle sitúan en Mercedes AMG F1 Team.[10]
O 16 de decembro de 2011, Force India confirma que Di Resta seguirá sendo un dos seus pilotos oficiais.[11] Comeza puntuando nas dúas primeiras carreiras de 2012. No GP de Singapur obtén o seu mellor resultado, unha 4ª posición, ás portas do podio.[12] Finalmente, termina o ano cun total de 46 puntos e un 14º posto no campionato.
A continuidade de Paul para 2013, asegurada extraoficialmente, foi confirmada no acto de presentación do Force India VJM06 en febreiro de 2013.[13] No entanto, o piloto escocés estivo en negociacións con McLaren para reemplazar a Lewis Hamilton. [14] Di Resta conseguiu estrearse en Australia con puntos terminando en 8º lugar, resultado que repetiría en China tras abandonar por problemas mecánicos en Malaisia. No GP de Bahrain, iguala o seu mellor resultado (4ª posición).
Resultados Completos na Fórmula Un[editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2011 | Force India F1 Team | Force India VJM04 | Mercedes FO 108Y 2.4 V8 | AUS 10 |
MAL 10 |
CHN 11 |
TUR Ret |
ESP 12 |
MON 12 |
CAN 18† |
EUR 14 |
RU 15 |
ALE 13 |
HUN 7 |
BEL 11 |
ITA 8 |
SIN 6 |
XPN 12 |
COR 10 |
IND 13 |
ABU 9 |
BRA 8 |
13º | 27 | |
| 2012 | Sahara Force India F1 Team | Force India VJM05 | Mercedes FO 108Z 2´4 V8 | AUS 10 |
MAL 7 |
CHN 12 |
BAH 6 |
ESP 14 |
MON 7 |
CAN 11 |
EUR 7 |
RU Ret |
ALE 11 |
HUN 12 |
BEL 10 |
ITA 8 |
SIN 4 |
XPN 12 |
COR 12 |
IND 12 |
ABU 9 |
USA 15 |
BRA 19† |
14º | 46 |
| 2013 | Sahara Force India F1 Team | Force India VJM06 | Mercedes FO 108Z 2´4 V8 | AUS 8 |
MAL Ret |
CHN 8 |
BAH 4 |
ESP 7 |
MON |
CAN |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
COR |
XPN |
IND |
ABU |
USA |
BRA |
8º | 26 |
Notas[editar]
- ↑ McPherson, Lynn (7 February 2010). "Racing driver takes over family's property empire". Daily Record (Trinity Mirror). http://www.dailyrecord.co.uk/news/scottish-news/2010/02/07/racing-driver-takes-over-family-s-property-empire-86908-22025292/. Consultado o 8 February 2010.
- ↑ "Formula One rookie battles on in Turkey Grand Prix despite suspected suicide of stepfather". Daly Mail (London). 9 May 2011. http://www.dailymail.co.uk/news/article-1385155/Paul-Di-Resta-battles-despite-stepdad-Dougie-McCrackens-death.html. Consultado o 28 May 2011.
- ↑ "Di Resta to make Knockhill debut this Sunday – 8th April". knockhill.com (Knockhill Racing Circuit). 2010-04-03. http://www.knockhill.com/wordpress/2012/04/di-resta-to-make-knockhill-debut-this-sunday-8th-april/. Consultado o 2010-07-06.
- ↑ "Four days of McLaren testing for DTM’s Di Resta". http://www.formula1.com/news/headlines/2008/10/8489.html.
- ↑ "Acuerdo casi cerrado entre Force India y McLaren". F1 al día. http://www.f1aldia.com/2636/acuerdo-casi-cerrado-entre-force-india-y-mclaren/.
- ↑ "Paul di Resta volverá a ser piloto probador de Force India en Valencia". globedia. http://es.globedia.com/paul-resta-volvera-piloto-probador-force-india-valencia_1.
- ↑ (PDF) Di Resta se lleva la DTM. http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD03/PUB/2010/11/29/EMD20101129057MDP.pdf.
- ↑ "Oficial: Di Resta debuta junto a Sutil y Hülkenberg". GPUpdate. http://www.gpupdate.net/es/noticias-f1/251063/oficial-di-resta-debuta-junto-a-sutil-y-hulkenberg/.
- ↑ "Balance GP de Singapur 2011 - equipo Force India". Car and Driver The F1. http://www.caranddriverthef1.com/formula1/noticias/2011/09/25/balance-gp-singapur-2011-equipo-force-india.
- ↑ "Di Resta candidato a relevar a 'Schumi'". AS. http://motor.as.com/motor/2011/08/10/mas_motor/1312991424_850215.html. Consultado o 10 de agosto de 2011.
- ↑ "Force India confirma a Hulkenberg y Di Resta". El Mundo. http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2011/12/16/motor/1324055692.html.
- ↑ "Balance GP de Singapur F1 2012 - equipo Force India". Car and Driver The F1. http://www.caranddriverthef1.com/formula1/noticias/2012/09/23/61476-balance-gp-singapur-f1-2012-equipo-force-india.
- ↑ "El escocés Di Resta desvela solo el VJM06 de Force India". AS. http://motor.as.com/motor/2013/02/01/formula_1/1359720158_719044.html.
- ↑ "Paul di Resta ha confirmado que mantuvo conversaciones con McLaren". F1 al día. http://www.f1aldia.com/17888/paul-di-resta-confirmado-mantuvo-conversaciones-mclaren/.