Sistemas de puntuación da Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En 2002, Michael Schumacher obtivo 144 dun máximo de 170 puntos no Campionato. (2004 auto imaxe)
-

Esta é a lista dos sistemas de puntuación da Fórmula 1 para determinar o resultado Campionato do Mundo de Pilotos da FIA desde 1950 e do Campionato do Mundo de Construtores desde 1958 (cando iniciouse a Copa de Construtores. O Campionato outórgase cada ano para o piloto e o construtor que acumulen máis puntos máis ao longo da tempada.

Características[editar | editar a fonte]

Nalgunhas tempadas, só un certo número dos mellores resultados dun piloto contaban para o Campionato do Mundo. O caso máis notable sucedeu en 1988, cando os pilotos Alain Prost e Ayrton Senna do equipo McLaren eran os dominadores. Das 16 carreiras soamente contaban os once mellores resultados, Prost terminou 14 carreiras no primeiro ou segundo posto, retirandose dos outros dous, mentres que Senna gañou 8 carreiras por 7 de Prost, é dicir, que só necesitaba tres segundos postos máis para asegurar o campionato, independentemente dos outros resultados de Prost. Isto deu lugar á anomalía de que Prost tivo un número maior de puntos, pero, non foi campión.

O sistema actual foi introducida en 2010, e foi deseñado para permitir que máis equipos e pilotos gañasen puntos con regularidade, e dalle máis importancia a fiabilidade e a consistencia.

O piloto campión máis claro en termos de puntos obtidos é Jim Clark, que marcou o máximo de 54 puntos (6 vitorias), tanto en 1963 e 1965. Nos últimos tempos, Michael Schumacher terminou no podio en todas as carreiras da tempada 2002 cunha puntuación de 144 dun máximo de 170 puntos. O Campión do Mundo de Construtores máis dominante nos últimos tempos foi o equipo McLaren en 1988, marcando un máximo de 199 sobre 240 puntos e terminando 134 puntos por diante do seu rival máis próximo. En 2002, Ferrari anotou 221 puntos, tantos como todos os demais equipos xuntos.

Sistemas de puntuación[editar | editar a fonte]

Tempada 10º Volta rápida Carreiras que contan para o Campionato de Pilotos Carreiras que contan para o Campionato de Construtores Notas
19501953 8 6 4 3 2 1 4 N/A [1].[2]
1954 8 6 4 3 2 1 5 N/A [1] [2] [3]
1955 8 6 4 3 2 1 5 N/A [1]. [3] [4]
19561957 8 6 4 3 2 1 5 N/A [1] [3] [4] [5] [6]
1958 8 6 4 3 2 1 6 Igual que o Campionato de Pilotos [3] [6] [7] [8] [9]
1959 8 6 4 3 2 1 5 Igual que o Campionato de Pilotos [3] [8] [9]
1960 8 6 4 3 2 1 6 Igual que o Campionato de Pilotos [8]
19611962 9 6 4 3 2 1 5 Igual que o Campionato de Pilotos [10] [8]
19631965 9 6 4 3 2 1 6 Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1966 9 6 4 3 2 1 5 Igual que o Campionato de Pilotos [6] [8] [11]
1967 9 6 4 3 2 1 9
(5 das 6 primeiras, 4 das 5 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [6] [8] [11]
1968 9 6 4 3 2 1 10
(5 das 6 primeiras, 5 das 6 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1969 9 6 4 3 2 1 9
(5 das 6 primeiras, 4 das 5 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [6] [8]
1970 9 6 4 3 2 1 11
(6 das 7 primeiras, 5 das 6 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [6] [8]
1971 9 6 4 3 2 1 9
(5 das 6 primeiras, 4 das 5 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1972 9 6 4 3 2 1 10
(5 das 6 primeiras, 5 das 6 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
19731974 9 6 4 3 2 1 13
(7 das 8 primeiras, 6 das 7 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1975 9 6 4 3 2 1 12
(6 das 7 primeiras, 6 das 7 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8] [12]
1976 9 6 4 3 2 1 14
(7 das 8 primeiras, 7 das 8 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1977 9 6 4 3 2 1 15
(8 das 9 primeiras, 7 das 8 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1978 9 6 4 3 2 1 14
(7 das 8 primeiras, 7 das 8 últimas)
Igual que o Campionato de Pilotos [8]
1979 9 6 4 3 2 1 8
(4 das 7 primeiras, 4 das 8 últimas)
Todas [12]
1980 9 6 4 3 2 1 10
(5 das 7 primeiras, 5 das 7 últimas)
Todas [12]
19811984 9 6 4 3 2 1 Todas Igual que o Campionato de Pilotos [12] [13]
19851990 9 6 4 3 2 1 11 Todas [12] [13]
19912002 10 6 4 3 2 1 Todas Igual que o Campionato de Pilotos [12]
20032009 10 8 6 5 4 3 2 1 Todas Igual que o Campionato de Pilotos [12]
2010 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1 Todas Igual que o Campionato de Pilotos [12][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de 1950 a 1957
  2. 2,0 2,1 Os puntos dos coches compartidos se repartian por igual entre os condutores, independentemente de cantas voltas completase cada condutor.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Os puntos eran compartidos por igual entre os condutores que establecen o mesmo mellor tempo (un exemplo extremo sucedeu no Gran Premio do Reino Unido de 1954, onde sete pilotos marcaron o mesmo mellor tempo, e cada un recibiu 1 / 7 dun punto).
  4. 4,0 4,1 Os puntos para os condutores eran compartidos a partes iguais entre os pilotos, ata se pilotaban varios cohes levaban o seu parte de cada un (por exemplo, Gran Premio de Arxentina de 1955), a menos que se considerase que un condutor non realizase unha "distancia insuficiente" (por exemplo GP de Gran Bretaña de 1957).
  5. Os condutores que comparten máis dun coche nunha carreira só recibe puntos polo seu mellor resultado (por exemplo, Gran Premio de Mónaco de 1956).
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Os coches de Fórmula 2 correron cos coches de Fórmula Un nos seguintes Grandes Premios, pero non tiñan dereito a puntos no Campionato Mundial.
  7. Xa non se outorgaron puntos aos coches compartidos (por exemplo, 1958 Gran Premio de Italia, 1960 Gran Premio de Arxentina).
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 Só os puntos do piloto de maior puntuación en cada carreira (incluíndo os privados) cóntanse para o Campionato de Construtores.
  9. 9,0 9,1 O punto para a volta máis rápida foi concedido só aos pilotos, non aos construtores
  10. Os puntos foron adxudicados en base a 8-6-4-3-2-1 para o título de Construtores de 1961, como se indica no Anuario do Automóbil, 1961-1962, páxina 116
  11. 11,0 11,1 Os condutores que non clasificaron (é dicir, non completaron unha determinada cantidade de distancia da carreira) non suman puntos, aínda que terminasen no top 6.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 Son outorgados a metade dos puntos nas carreiras que se deteñen antes de completar as tres cuartas partes da distancia..
  13. 13,0 13,1 Os condutores dos equipos que entraron oficialmente cun só coche non eran elexgibles para obter puntos. Isto afectou a Jo Gartner (Osella) e Gerhard Berger ( ATS), que terminaron quinto e sexto no Gran Premio de Italia de 1984 e Yannick Dalmas (Larrousse), que terminou quinto no Gran Premio de Australia de 1987. Os seus puntos non se redistribuíron.
  14. A partir de 2014 a puntuación obtida no último Gran Premio vale o dobre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]