Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phil Hill no seu Ferrari 156
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 é o duodecimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a cuarta Copa Internacional de Construtores de F1. Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 14 de maio, e finalizou o 8 de outubro. Phil Hill co Ferrari gañou o campionato de pilotos, o seu compañeiro de equipo e rival Wolfgang von Trips morreu no Gran Premio de Italia, a penúltima carreira da tempada. Ferrari gañou o seu primeiro Campionato de Construtores.
Resumen do campionato [editar]
O primeiro ano dos Fórmula 1 de 1´5 litros foi dominado por un ben preparado equipo Ferrari. Só Stirling Moss, nun anticuado de Lotus, foi capaz de gañarlle ao Ferrari en dúas ocasións, onde as súas habilidades compensaron a vantaxe do poder de Ferrari. A disputa para o campionato entre os pilotos de Ferrari, Phil Hill e Wolfgang von Trips, terminou en traxedia cando von Trips chocou con Jim Clark en Monza, matando ao piloto de Ferrari e a 14 espectadores. Giancarlo Baghetti gañou o seu único Gran Premio do campionato no seu debut. Co cambio de fórmula e a introdución do Gran Premio dos Estados Unidos, as 500 millas de Indianápolis foron eliminadas do campionato. O número de puntos atribuídos ao gañador dunha carreira foi aumentado a nove.
Calendario de Grandes Premios de Fórmula 1 [editar]
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1961 [editar]
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
Clasificación do Mundial de Construtores de 1961 [editar]
Os puntos concédense da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros en cada carreira. Só o primeiro coche clasificado de cada equipo puntua e só os 5 mellores resultados contan para o Campionato de construtores. Os números sen paréntese son os puntos validos para o Campionato; os números entre paréntese representan o total de puntos anotados.
- Só os 5 mellores resultados contan para o título. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: