Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 é o sétimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 22 de xaneiro, e finalizou o 2 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu terceiro título consecutivo, o cuarto da súa carreira.
Fangio uniuse a Ferrari despois de que Mercedes-Benz, con quen gañara o título de 1955, se retirara da Fórmula 1. Ferrari formou un equipo forte con Fangio, Eugenio Castellotti, Luigi Musso e Peter Collins.
Ao chegar a derradeira carreira da tempada, Fangio tiña unha vantaxe de oito puntos sobre Collins e Jean Behra, que pilotaba un Maserati. O único xeito de perder o título era non terminar, e que Collins ou Behra gañaran, cunha volta rápida. Fangio e Behra se retiraron, e con Musso non disposto a compartir o seu coche con Fangio, Collins tivo unha gran oportunidade de gañar o seu primeiro título. Pero Collins, nun acto notable de deportividade, cedeu o seu propio coche a Fangio para que o arxentino terminara segundo na carreira e gañara o seu terceiro título consecutivo.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademaís dabase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Calendario de Grandes Premios [editar]
Clasificación do Mundial de Constructores de 1956 [editar]
O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1956 [editar]
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
- * Volta rápida (1 punto)
- † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
- Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: