Nico Rosberg
| Nico Rosberg | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 8 |
| Escudería actual | Mercedes GP |
| Escudería no 2013 | Mercedes GP |
| Grandes Premios disputados | 108 |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Podios | 5 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas rápidas | 2 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Bahrain de 2006 |
| Posición no 2012 | |
| editar | |
Nico Erik Rosberg (nado o 27 de xuño de 1985 en Wiesbaden, Alemaña) é un piloto do equipo Mercedes GP de Fórmula 1. Debutou na categoría no 2006 con Williams. Corre baixo a bandeira alemá na Fórmula Un, a pesar de que competíu por Finlandia ao principio da súa carreira. Posúe a dobre nacionalidade destes dous países.[1]
Fillo do Campión Mundial de 1982 Keke Rosberg, gañou a GP2 en 2005 co equipo ART, logo de competir en Fórmula Tres Euroseries con anterioridade para o equipo do seu pai. Posúe o récord do piloto máis novo en lograr unha volta rápida en carreira, cando o acadou o seu primeiro Gran Premio, o de Bahrain 2006.
Para a tempada 2010 de Fórmula Un, Rosberg uniuse ao novo equipo Mercedes, formado tras a adquisición do equipo campión de 2009 Brawn GP.
Índice |
[editar] Vida persoal
É fillo do finlandés campión do mundo de Fórmula 1 de 1982 Keke Rosberg e a súa esposa alemá Sina, Nico pasou a maior parte da súa mocidade en Mónaco coa súa familia, e aínda vive no principado. Rosberg domina o alemán, inglés, italiano, español e francés, pero só un pouco de finés, a pesar de que está aprendendo o idioma. Os pilotos das fórmulas máis baixas corren baixo a nacionalidade do país que emitiu a súa licenza de competición. Rosberg competiu baixo a bandeira de Finlandia e Alemaña en diferentes momentos da súa carreira. Na Fórmula Un, como para todos os campionatos da FIA no mundo, a nacionalidade dun piloto defínese polo seu pasaporte.[2] Rosberg corre baixo bandeira alemá na Fórmula Un.
[editar] Andaina profesional
[editar] 1996-2004: Fórmula Junior
Rosberg iniciouse no karting en 1996, á idade de once anos, antes de pasar a Fórmula BMW alemana en 2002, onde gañou o título. As súa actuación deu lugar ao seu paso como piloto do equipo do seu pai na Fórmula Tres Euroseries, unha combinación dos varios campionatos nacionais de Fórmula Tres que existian antes da súa formación. A Rosberg foille ben alí, e quedou para o ano 2004. A principios de 2004, obtivo un dos seus primeiros test na Fórmula Un, facendo unha sesión de probas con Williams.[3]
[editar] 2005: GP2 - ART Grand Prix
Rosberg uniuse ao equipo ART Grand Prix en 2005 na recentemente creada GP2 Series. Converteuse no primeiro piloto en gañar o título de GP2.
[editar] Formula Un
[editar] 2006–2009: Williams
Debutou na tempada 2006 ao volante dun Williams no Gran Premio de Bahrain, o 12 de marzo de 2006.
Rosberg conseguiu realizar a volta rápida da carreira do Gran Premio de Bahrain de 2006, e conseguiu así ser o piloto de Fórmula 1 máis novo en obter unha volta rápida, superando a anterior marca que ata o momento era de Fernando Alonso.
Neste Gran Premio, tamén logrou puntuar no seu debut na Fórmula 1, obtendo 2 puntos por terminar 7º, xusto por detrás do seu compañeiro de equipo Mark Webber.
[editar] 2010–: Mercedes GP
O 16 de novembro de 2009, o equipo campión Brawn GP foi comprado polo xigante construtor alemán Mercedes-Benz e renomeado inmediatamente como Mercedes Grand Prix, disparando os rumores sobre unha posible fichaxe de Nico pola nova escuadra. Non foi ata o 23 de novembro de 2009 cando Rosberg foi anunciado oficialmente como o primer piloto.[4] do equipo Mercedes GP para a tempada 2010.
Xustamente un mes despois, o 23 de decembro de 2009, o equipo Mercedes Grand Prix anuncio á fichaxe e a vólta a competición do sete veces campión do mundo de Fórmula 1 Michael Schumacher. Rosberg cedeu o seu número a Schumacher a petición deste, debido a que Schumacher é supersticioso e prefería o número impar de Nico (o 3 en vez do 4)..[5]
A pesar da moita esaxeración sobre regreso de Schumacher, Rosberg logrou na actualidade superar ao seu compañeiro de equipo tanto na cualificación como na clasificación final na maioría das carreiras. En Malaisia, Rosberg conseguiu a súa primeira fila de saida, como segundo clasificado nunha sesión de cualificación alterada pola choiva, de novo por encima de Schumacher. Finalmente terminou terceiro na carreira, o primeiro podio de Mercedes como equipo desde o seu regreso.
[editar] Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)
| Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2006 | WilliamsF1 Team | Williams FW28 | Cosworth CA2006 2.4 V8 | BHR 7 |
MAL Ret |
AUS Ret |
SMR 11 |
EUR 7 |
ESP 11 |
MON Ret |
RU 9 |
CAN Ret |
USA 9 |
FRA 14 |
ALE Ret |
HUN Ret |
TUR Ret |
ITA Ret |
CHN 11 |
XPN 10 |
BRA Ret |
17º | 4 | |
| 2007 | AT&T Williams | Williams FW29 | Toyota RVX-07 2.4 V8 | AUS 7 |
MAL Ret |
BHR 10 |
ESP 6 |
MON 12 |
CAN 10 |
USA 16 |
FRA 9 |
RU 12 |
EUR Ret |
HUN 7 |
TUR 7 |
ITA 6 |
BEL 6 |
XPN Ret |
CHN 16 |
BRA 4 |
9º | 20 | ||
| 2008 | AT&T Williams | Williams FW30 | Toyota RVX-08 2.4 V8 | AUS 3 |
MAL 14 |
BHR 8 |
ESP Ret |
TUR 8 |
MON Ret |
CAN 10 |
FRA 16 |
RU 9 |
ALE 10 |
HUN 14 |
EUR 8 |
BEL 12 |
ITA 14 |
SIN 2 |
XPN 11 |
CHN 15 |
BRA 12 |
13º | 17 | |
| 2009 | AT&T Williams | Williams FW31 | Toyota RVX-09 2.4 V8 | AUS 6 |
MAL 8‡ |
CHN 15 |
BHR 9 |
ESP 8 |
MON 6 |
TUR 5 |
RU 5 |
ALE 4 |
HUN 4 |
EUR 5 |
BEL 8 |
ITA 16 |
SIN 11 |
XPN 5 |
BRA Ret |
ABU 9 |
7º | 34.5 | ||
| 2010 | Mercedes GP Petronas F1 Team | Mercedes MGP W01 | Mercedes FO 108X 2.4 V8 | BHR 5 |
AUS 5 |
MAL 3 |
CHN 3 |
ESP 13 |
MON 7 |
TUR 5 |
CAN 6 |
EUR 10 |
RU 3 |
ALE 8 |
HUN Ret |
BEL 6 |
ITA 5 |
SIN 5 |
XPN 17 |
COR Ret |
BRA 6 |
ABU 4 |
7º | 142 |
| 2011 | Mercedes GP Petronas F1 Team | Mercedes MGP W02 | Mercedes FO 108Y 2.4 V8 | AUS Ret |
MAL 12 |
CHN 5 |
TUR 5 |
ESP 7 |
MON 11 |
CAN 11 |
EUR 7 |
RU 6 |
ALE 7 |
HUN 9 |
BEL 6 |
ITA Ret |
SIN 7 |
XPN 10 |
COR 8 |
IND 6 |
ABU 6 |
BRA 7 |
7º | 89 |
‡ Outorgaronse a metade dos puntos ao cubrir menos do 75% da distancia de carreira completa.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial de Nico Rosberg
- Perfil – desde Páxina oficial de Mercedes GP
- Perfil e estatísticas
- Andaina profesional
[editar] Notas
- ↑ Shedding a father's shadow: the new GP2 champion's route to the top 5th chapter
- ↑ FIA International Sporting Code paragraph 112
- ↑ http://xserve2.com/ns/ns12402.html – GrandPrix.com – "The fourth driver at Williams"
- ↑ http://www.brawngp.com/readstory.asp?bgp=j%C1%AA%C0rZ%7D%5F
- ↑ "Schumacher to be number 3 at Mercedes", SportNetwork.net, Durham Associates Group, 20 January 2010. Consultado o 25 June 2011.
|
|||||||||||||||||||||||||||||