Circuíto Internacional de Sepang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto Internacional de Sepang
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 7 de marzo de 1999
Outros nomes
Carreiras FIA Fórmula 1, FIM MotoGP, A1 Grand Prix, SuperGT, Asian Touring Car Championship, FIA GP2 Series Asia
Localización Malaisia Sepang, Selangor, Malaisia
Capacidade 80.000 espectadores
Lonxitude 5,543 km.
Curvas 15
Volta rápida (2017) 1:34.080
Piloto récord Alemaña Sebastian Vettel
Escudería récord Ferrari
Coordenadas Coordenadas: 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375
Vista do Circuíto
Vista da Tribuna


Boxes e tribuna

O Circuíto Internacional de Sepang (Malaio: Litar Antarabangsa Sepang) é unha pista de carreiras para os deportes de motor localizada en Sepang, Selangor, Malaisia. Atópase preto do aeroporto internacional de Kuala Lumpur, a uns 45 km ao sur da capital, Kuala Lumpur. Foi o lugar utilizado para o Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 ata 2017, e aínda se utiliza para o Gran Premio de Malaisia de Motociclismo, Malasia Merdeka Endurance Race e outros eventos importantes dos deportes de motor.

Considerado un parámetro de comparación para outros Grandes Premios, Sepang conta con boxes e salas de prensa equipados con moderna tecnoloxía. Xurdiron algunhas queixas a raíz do estado da pista, que parecese estar afundíndose levemente. Unha posible razón que explicaría isto é o feito de que o autódromo está construído sobre terreos pantanosos.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista desde a area comercial, da bancada norte principal, nivel inferior

O circuíto foi deseñado polo prestixioso arquitecto alemán Hermann Tilke, quen logo sería contratado para a construción dos autódromos de Xangai, Bahrain, Istanbul, Valencia, Marina Bay, Yas Marina, Yeongam, Greater Noida e Austin.

O circuíto foi inaugurado oficialmente polo Primeiro Ministro de Malaisia Mahathir bin Mohamad o 7 de marzo de 1999 ás 20:30 horas MST (UTC+08:00). Posteriormente, inaugurou o 20 de abril de 1999 o primeiro Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de MotoGP, (ver Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 1999) e o primeiro Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 o 17 de outubro de 1999 (ver Gran Premio de Malaisia de 1999).

O 23 de outubro de 2011, na segunda volta do Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 2011 de MotoGP, o italiano de Motorcycle racing [Marco Simoncelli] morreu na curva 11 tras sufrir unha caída e ser atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi.

En outubro de 2016 propúxose que o circuíto de Sepang podía caer do calendario da Fórmula Un debido á diminución de venda de entradas.[1]. En 2017 disputouse o último Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1.

Circuítos[editar | editar a fonte]

Circuíto principal[editar | editar a fonte]

O circuíto principal, que normalmente é percorrido no sentido das agullas do reloxo, ten 5,54 quilómetros de extensión e é recoñecido polas súas curvas pechadas e as súas anchas rectas. O deseño é bastante infrecuente, destacándose a presenza dunha recta interior que se separa da recta principal de boxes por unha pequena pinza. Este circuíto utilízase para eventos de Fórmula 1 e MotoGP, así como tamén para carreiras a nivel local e rexional.

Características[editar | editar a fonte]

  • Capacidade espectadores: 80.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´542 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 310´408 quilómetros. 15 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 312 km/h con DRS, 300 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 15% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´36 segundos.
  • Marca volta: Juan Pablo Montoya (Williams), 1.34.223 en 2004

Circuíto norte[editar | editar a fonte]

Tamén percorrido normalmente no sentido das agullas do reloxo, o circuíto norte está composto basicamente pola primeira metade do cicuito principal. O percorrido dobra cara á recta de boxes logo da curva 6, e ten 2,71 km de extensión.

Circuíto sur[editar | editar a fonte]

O circuíto sur está formado pola outra metade do circuíto principal. A recta interior é este último transfórmase na de boxes cando se utiliza o circuíto sur, uníndose á curva 8 para formar unha pinza. Percorrido no mesmo sentido que os dous circuítos anteriores, conta cun percorrido de 2,61 km.

Outras instalacións[editar | editar a fonte]

O Circuíto Internacional de Sepang conta ademais con pistas de kart e motocrós.

Custo do circuíto[editar | editar a fonte]

O custo do circuíto é de aproximadamente uns 150 millóns de dólares.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Sepang[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1999 Eddie Irvine Ferrari 1:36:38,494 h 5,542 km 56 192,682 km/h 17. outubro Malaisia Malaisia
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:35:54,235 h 5,543 km 56 194,199 km/h 22. outubro
2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:47:34,801 h 5,543 km 55 170,031 km/h 18. marzo
2002 Alemaña Ralf Schumacher Williams - BMW 1:35:36,792 h 5,543 km 56 194,790 km/h 17. marzo
2003 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren - Mercedes 1:32:22,195 h 5,543 km 56 201,629 km/h 23. marzo
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:31:07,490 h 5,543 km 56 204,384 km/h 21. marzo
2005 España Fernando Alonso Renault 1:31:33,736 h 5,543 km 56 203,408 km/h 20. marzo
2006 Italia Giancarlo Fisichella Renault 1:30:40,529 h 5,543 km 56 205,297 km/h 19. marzo
2007 España Fernando Alonso McLaren-Mercedes 1:32:14,930 h 5,543 km 56 201,894 km/h 8. abril
2008 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:31:18,555 h 5,543 km 56 203,971 km/h 23. marzo
2009 Jenson Button Brawn GP - Mercedes 0:55:30,622 h 5´543 km 32 171´833 km/h 5. abril
2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing 1:33:48,412 h 5´543 km 56 198´541 km/h 4. abril
2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing 1:37:39.832 h 5´543 km 56 190´700 km/h 10. abril
2012 España Fernando Alonso Ferrari 2:44:51.812 h 5´543 km 56 112´969 km/h 25. marzo
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing 1:38:56.681 h 5´543 km 56 188´231 km/h 24. marzo
2014 Lewis Hamilton Mercedes 1:40:25.974 h 5´543 km 56 185´441 km/h 30. marzo
2015 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:40:25,974 h 5´543 km 56 185´442 km/h 29. marzo
2016 Australia Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer 1:37:12.776 h 5´543 km 56 191´584 km/h 2. outubro
2017 Países Baixos Max Verstappen Red Bull - TAG Heuer 1:30:01.290 h 5´543 km 56 km/h 1. outubro

Record: M.Schumacher e Fernando Alonso (3 Veces)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Malaysian Grand Prix: Sepang could leave F1 calendar over ticket sales". www.bbc.com/sport. Consultado o 25 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]