Gran Premio de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

O Gran Premio de Alemaña (Großer Preis von Deutschland) é unha carreira válida para o campionato mundial de Fórmula 1. Iníciase en 1907 coa primeira carreira dos Kaiserpreis no circuíto de Taunus, onde só participaban vehículos de turismo con motores inferiores a seis litros. A primeira carreira foi gañada polo italiano Felice Nazzaro cun Fiat. En 1926 organízase a carreira de vehículos deportivos na pista Automobil Verkehrs und Übungs-Straße (AVUS) ao sudoeste de Berlín, con todo, debido a un accidente onde perderon a vida tres persoas, o Gran Premio de Alemaña non se volveu a correr en AVUS senón ata 1959.

En 1927 a carreira múdase ao circuíto de Nürburg (Nürburgring) de 28 km, onde se correu ata os anos 1970. Desde entón o Gran Premio de Alemaña alternouse entre Nürburg e Hockenheim (Hockenheimring). En 1986, Hockenheim converteuse en sede permanente. Na tempada 2007 cancelouse a carreira. Desde 2008 a carreira volve a alternarse entre Nürburgring e Hockenheimring.

A carreira continuou a ser coñecida como o Gran Premio de Alemaña, na era en que a carreira celebrouse en Alemaña Occidental.

Debido a que a Alemaña Occidental impedíuselle tomar parte en eventos internacionais no período inmediato á posguerra, o Gran Premio de Alemaña só se converteu en parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1951. Foi designado como Gran Premio de Europa catro veces entre 1954 e 1974, cando este título era unha designación honoraria outorgado cada ano a unha carreira de Gran Premio en Europa. Foi organizado polo AvD (Automóbil Club de Alemaña) desde 1926. Os ben coñecidos ADAC foron os organizadores de moitas outras carreiras.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

En 1907, Alemaña organizou a primeira das carreiras Kaiserpreis de 118 km. nas estradas públicas de Taunus, nos arredores de Frankfurt. Os participantes limitáronse a percorrelas con coches con motores de menos de oito litros. A carreira en si foi unha traxedia; un piloto e o seu copiloto morreron no circuíto de 30´578 km e o circuíto de Taunus nunca foi utilizado de novo. Había un equipo médico, pero tardaron dúas horas e media en chegar ao lugar do accidente, o piloto Otto Göbel estaba gravemente ferido e o seu copiloto Ludwig Faber, que quedara debaixo do seu Adler xa estaba morto, cando chegaron. Göbel morreu máis tarde no hospital debido as súas feridas.[1] O italiano Felice Nazzaro gañou a carreira nun Fiat. Do mesmo xeito que a Prinz-Heinrich-Fahrt, que tivo lugar desde 1908 ata 1911, foi un precursor do Gran Premio de Alemaña.

Antes da guerra[editar | editar a fonte]

AVUS[editar | editar a fonte]

A primeira competición automobilística nacional en Alemaña celebrouse no circuíto AVUS (Automobil Verkehrs und Übungs-Straße no sudoeste de Berlín en 1926 como unha carreira de autos deportivos. O circuíto de AVUS componse de dúas rectas de 9´656 km combinados con dúas horquillas a esquerda en cada extremo. A primeira carreira en AVUS, baixo unha intensa choiva, foi gañada polo Alemán, Rudolf Caracciola en Mercedes-Benz. O evento viuse empañado polo accidente de Adolf Rosenberger contra unha das casetas dos comisarios, matando a tres persoas. O circuíto de AVUS considerábase extremadamente perigoso ata naquel entón polo que a carreira foi trasladada.[2] O Gran Premio de Alemaña converteuse nunha carreira oficial en 1929. Malia que se disputaron carreiras fóra de campionato en AVUS-Rennen na década de 1930, o Gran Premio non volvería a AVUS ata 1959 nunha única aparición.

Nürburgring[editar | editar a fonte]

O Gran Premio de trasladouse ó novo Nürburgring, circuíto de 28´3 km, que se atopa na rexión das montañas Eifel no oeste de Alemaña, a 112 quilómetros de Frankfurt e Colonia. Foi inaugurado o 18 de xuño de 1927 para a carreira anual, do ADAC Eifelrennen. Era un enorme circuíto de carreiras que discorría e retorcíase polos bosques das montañas de Eifel, tiña máis de 300 m. de desnivel e en moitos lugares os coches deixaban visible a terra, como en Flugplatz, Brünnchen e seccións do Pflanzgarten. Había dúas carreiras máis no Gesamtstrecke (circuíto combinado), que eran as dúas carreiras de sportscar, onde antes da guerra o grande Rudolf Caracciola gañaría o seu segundo de seis Grandes Premios de Alemaña.

As carreiras de 1930 e 1933 foron canceladas debido a razóns económicas. En 1931, o evento comezou a utilizar os 22´8 km do Nordschleife (Lazo norte), e manteríase durante todo o século. Caracciola gañaría as carreiras de 1.931 e 1.932 nun Mercedes e un Alfa Romeo, respectivamente. A partir de 1934, disputábanse varias carreiras de Grand Prix cada ano cos coches chamados en Alemaña "Silver Arrows", por exemplo, o Eifelrennen, a carreira AVUS e varios hillclimbs. Pero, foi só o Gran Premio no circuíto de Nürburgring o que era a Grande Epreuve nacional, que puntuou para o Campionato de Europa de 1935 a 1939. A carreira de 1935 foi considerada como unha das máis grandes vitorias do automobilismo de todos os tempos. A lenda italiana Tazio Nuvolari, pilotando un totalmente obsoleto e pouco potente Alfa Romeo contra a tecnoloxía de última xeración de Mercedes e Auto Union completou unha carreira moi dura en condicións espantosas. Logo dun comezo terrible, foi capaz de pasar a varios vehículos, en particular, algúns dos coches alemáns cos que se enfrontou. Pero logo dunha mala parada en boxes que lle custou seis minutos, pilotou ao límite, era segundo no inicio da última volta, 35 segundos por detrás do líder Manfred von Brauchitsch nun Mercedes. Von Brauchitsch destrozara os seus pneumáticos empuxando moi duro baixo as terribles condicións e Nuvolari puido pasar ó alemán e logrou a vitoria fronte ao aparvado Alto Mando alemán e 350.000 espectadores. O pequeno italiano de 42 anos acabou por diante de oito Frechas de Prata. O segundo clasificado, Hans Stuck quedou dous minutos por detrás de Nuvolari.

A carreira de 1936 foi gañada polo piloto alemán Bernd Rosemeyer, pilotando un Auto Union, que tamén gañou o evento Eifelrennen no Nordschleife cun estilo espectacular, gañándose o alcume de "Fog Master". A carreira de 1937 viu a Carraciola gañando outra vez nun Mercedes, o piloto de Auto Union Ernst Von Delius morreu logo dun accidente preto da ponte de Antonius na recta principal. Von Delius golpeou a parte traseira do Mercedes do británico Dick Seaman a 250 km/h e saíu voando a través dos arbustos e un campo. O coche, terminou desfeito no lado da estrada xunto á recta principal. Von Delius sufriu unha fractura na perna e outras lesións. Esperábase unha recuperación completa, pero morreu a noite seguinte por unha trombosis e outras complicacións. Seaman estrelouse contra un poste quilométrico, sufriu feridas leves, pero sobreviviu.[3] O británico volvería a Nürburgring para gañar a carreira de 1938, tamén nun Mercedes, que ía ser a súa única vitoria nun Gran Premio do campionato. En 1939 foi construída unha nova pista preto de Dresden, chamada o Deutschlandring, que estaba destinada a acoller o Gran Premio de Alemaña de 1940. Pero, debido ó inicio da Segunda Guerra Mundial, a carreira nunca se disputou e o circuíto nunca se utilizou para a competición. No mesmo ano, Caracciola logrou a súa sexta vitoria nun Gran Premio de Alemaña. Pouco despois, Alemaña estaba en guerra e o Gran Premio non regresou ao estatus internacional ata 1951.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Nürburgring e o Campionato Mundial[editar | editar a fonte]

Logo da Segunda Guerra Mundial, Alemaña estivo vetada nos eventos deportivos internacionais ata 1951. Unha carreira de Fórmula 2 fóra de campionato foi gañada por Alberto Ascari en 1950 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. O Gran Premio de Alemaña incluíuse como parte do novo campionato de Fórmula 1 na súa segunda tempada. Nordschleife ía ser o alicerce do evento de carreiras de motor máis importante de Alemaña Occidental para o próximo cuarto de século. Unha media de 375.000 espectadores cada ano foron a ver a carreira, que foi moi popular.[4] A carreira de 1951 foi liderada polo arxentino Juan Manuel Fangio durante 14 voltas; pero tivo que repostar o seu Alfa e só lle funcionaban a terceira e cuarta marchas. Na parada nos pits, alcanzouno Ascari nun Ferrari e terminou segundo por detrás do italiano. Fangio gañou por primeira vez en 1954 nun Mercedes; a primeira vez que un coche oficial Mercedes Grand Prix participaba en 15 anos. Gañou pilotando un novo W196 de rodas abertas. Este carreira tamén presenciou a morte do piloto arxentino Onofre Marimon nun Maserati 250F durante a práctica. Debido á falta de coñecemento do circuíto, crucial para facelo ben no circuíto de Nürburgring, non soubo negociar unha curva complicada, cerca da ponte Adenauer. Saíuse da estrada, abriuse paso entre un seto e caeu por unha pendente pronunciada. O coche caeu pola pendente. Unha vez que se detivo, Marimon quedou atrapado debaixo dos 670 kg do 250F, co seu corpo esmagado. As lesións do desventurado arxentino foron o suficientemente graves para matalo uns minutos despois do incidente. O seu compatriota Fangio foi a ver os restos do Maserati; atopouno na cuarta marcha das catro que tiña, esta curva tomábase normalmente nun coche de F1 na terceira velocidade. Isto demostrou que o accidente fora por desgraza un erro do piloto. A carreira de 1955 cancelouse a raíz do desastre de Le Mans. Fangio gañaría as duas seguintes carreiras.

Na carreira de 1957 producíronse unha serie de cambios. Incluía unha carreira de Fórmula 2 que se disputou en paralelo xunto aos coches de Fórmula Un. A pista renovouse e a superficie de hormigón (que se atopaba en moi mal estado), da recta de boxes, a Südkurve e a recta detrás dos boxes sácanse e se reemplazan por asfalto. A carreira de 1957 ve, do mesmo xeito que en 1935, a vitoria de Nuvolari, un das máis grandes vitorias do automobilismo de todos os tempos. Fangio conduciu no inicio da carreira diante de dous Ferrari pilotados polos británicos Mike Hawthorn e Peter Collins. Fangio planeaba abastecerse de combustible na metade da distancia, e fíxoo. Esperábase que a parada en boxes levara 30 segundos. Foi unha chapuza e tardouse 1 minuto e 18 segundos. Fangio saíu case un minuto por detrás de Hawthorn e Collins. Comezou un ataque onde reducíu ata varios segundos en cada volta. Rebaixou o récord de volta, rompéndoo en nove ocasiones. Na volta 21 (a penúltima volta) pasou Collins detrás dos boxes, logo a Hawthorn na mesma volta. Aos 46 anos de idade o arxentino gañou a carreira (a súa 24ª e última vitoria de F1) e o seu quinto e último campionato. 1958 viu á distancia máis curta con só 18 voltas. O británico, Tony Brooks gañou. Collins estrelouse nunha gabia á beira da pista, foi expulsado do seu auto e chocou contra unha árbore de cabeza. Sufriu feridas graves na cabeza e morreu nun hospital preto do circuíto.

A carreira de 1959 disputouse no circuíto ultra rápido de AVUS en Berlín. Esta foi a única carreira de Fórmula Un que tivo lugar alí e foi gañado por Brooks nun Ferrari. O circuíto de AVUS agora estaba formado por dúas rectas 3´676 km, unha estreita horquilla a esquerdas nun extremo e un enorme peralte de 43° construído en 1937 no outro extremo, que era coñecido como "O Muro da Morte".[5] As rectas só podían ter 3´676 km. porque si foran máis longas, o circuíto cruzaría a República Democrática Alemá. O destacado piloto francés de Fórmula Un Jean Behra morreu durante unha carreira de apoio pilotando un Porsche. Perdeu o control e o Porsche subiu e voou fóra do peralte, que non tiña ningunha parede ou barreira de seguridade de ningún tipo. Behra foi arroxado a 90 metros de distancia do seu coche e a súa cabeza golpeou contra un hasta dunha bandeira, matándoo instantáneamente. Behra fora despedido por Ferrari logo dun altercado nun restaurante co director da Scuderia, pouco antes da súa morte.

A carreira de 1960 foi unha carreira de Fórmula 2 realizada na sección máis pequena 7´7 km (South Loop) do circuíto Nürburgring Sudschleife, este ano non se diputou a carreira de F1. O resto da década de 1960 viu nove carreiras da Fórmula Un en Nordschleife. A carreira de 1961 foi gañada polo británico Stirling Moss pilotando un Lotus privado. Moss foi capaz de manter baixo control aos dous potentes e máis rápidos Ferraris do americano Phil Hill e do alemán Wolfgang Von Trips. A intelixente elección do pneumático e a hábil condución en condicións meteorolóxicas de mollado axudaron a Moss a terminar 16 segundos diante de Von Trips. A carreira de 1964 viu ó piloto e gentleman holandés Carel Godin de Beaufort morrer durante a práctica despois de sairse na curva Bergwerk. O seu Porsche de cor laranxa pasou entre os arbustos, caeu por un terraplén e logo chocou contra unha árbore. Morreu a causa das súas feridas nun hospital preto do circuíto. O británico John Surtees gañou por segundo ano consecutivo. En 1965 Clark gañou a súa séxta vitoria de Fórmula Un da tempada e gañou o seu segundo campionato de pilotos en Lotus. A carreira de 1966 viu unhas condicións climáticas cambiantes e unha batalla entre o australiano Jack Brabham e Surtees con Brabham logrando a vitoria. O británico John Taylor morreu despois de que golpeara a parte traseira do Matra MS5 de Fórmula 2 do belga Jacky Ickx cerca da ponte en Quddlebacher e Flugplatz. Taylor estrelouse e o seu Brabham BT11 incendiouse. Recibiu quemaduras graves, das que sucumbiu a un mes máis tarde.

En 1967 engadiuse unha chicane antes dos boxes. A carreira de 1968 foi con todo o escenario doutra gran vitoria. Este evento levouse a cabo baixo unha intensa choiva e a néboa. O británico Jackie Stewart gañou a carreira por máis de catro minutos sobre Graham Hill, tiña 30 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Hill ao final da primeira volta. Jacky Ickx gañou en 1969 conducindo un Brabham. O belga fixera unha mala saída, recuperouse na pista e logo dunha longa batalla contra Stewart, Ickx tomou o liderado na volta 5. O escocés caeu cara atrás con problemas no cambio, deixando ó belga nunha posición dominante. Stewart foi capaz de manterse no segundo lugar. O piloto alemán Gerhard Mitter morreu durante a práctica pilotando un coche BMW 269 de Fórmula 2 logo de que a súa suspensión traseira fallase e o coche fórase recto na sección costa abaixo preto da moi rápida curva de Schwedenkreuz. Esta foi a quinta vítima mortal relacionada coa Fórmula Un no circuíto alemán de 22´533 km. en 15 anos, o máislongo de todos os circuítos aínda utilizados polo campionato.

Pero 1970, foi o inicio da desaparición de Nordschleife para o automovilismo internacional. Logo da morte de Piers Courage en Zandvoort uns meses antes, a Asociación de Pilotos de Gran Premio tivo unha reunión nun hotel en Londres. Pese á considerable presión das partidarios externos, decidiron non correr no tristemente soado circuíto alemán. As velocidades dos coches de Fórmula Un aumentaran de xeito espectacular do mesmo xeito que a tecnoloxía. Quedou claro que o circuíto de Nürburgring, que era esencialmente brutal, a estrada non protexida a través dos bosques e os vales situados nas montañas, era demasiado perigoso e anticuado para as carreiras de Gran Premio. A carreira de 1970 cambiouse a fume de carozo o circuíto de Hockenheim, que xa fora mellorado con características de seguridade. A carreira en si resultou ser moi emocionante, xa que foi gañada polo austríaco Jochen Rindt, resistindo o ataque de Ickx nun Ferrari.

En 1971 a carreira de volveu a un modificado circuíto de Nürburgring. Fíxose máis suave, máis recto e estaba equipado con barreiras Armco e areas de seguridade onde era posible. Pero, coa disposición de ser prácticamente o mesmo que antes, o circuíto seguía sendo perigosamente áspero e estreito en moitas zonas. Malia que algúns dos peores badenes e rectas con moitísimo vento (particularmente en Brünnchen e a Ponte de Antonius) foran suavizadas ou enderezadas, aínda había algúns grandes saltos na pista, sobre todo en Flugplatz e Pflanzgarten. Ademais, aínda quedaban algunhas partes da pista que non tiñan barreiras Armco, pero que engadíronse a través dos anos. A primeira carreira no Nordschleife reconstruído viu a Jackie Stewart gañar ao seu compañeiro de equipo François Cevert. A carreira de 1972 viu a Jacky Ickx dominar no seu Ferrari e Stewart estrelouse na última volta despois de que se enganchara co suízo Clay Regazzoni. A carreira de 1973 foi dominado polos pilotos do equipo Tyrrell de Stewart e Cevert, ía ser a vitoria 27 e última de Stewart. 1974 viu o neozelandés Howden Ganley estrelarse en Hatzenbach, resultando ferido gravemente. Ganley xa se estrelara fortemente en Nürburgring o ano anterior e decidiu poñer fin á súa carreira na F1 logo do seu accidente de 1974. A carreira viu gañar a Regazzoni despois de que o austríaco Niki Lauda (que se estrelara e rompera a boneca no Gran Premio de Alemaña do ano anterior) e o surafricano Jody Scheckter engancharanse na primeira volta; Lauda quedou fora pero Scheckter foi capaz de terminar segundo. O británico e múltiple campión do mundo da motocicleta Mike Hailwood estrelouse con forza nun McLaren en Pflanzgarten e rompeuse unha perna, a súa carreira como piloto de automóbiles finalizou con este accidente. En 1975 Lauda converterse no único piloto en dar a volta ao vello Nürburgring en menos de sete minutos, o austríaco percorreu o circuíto no seu Ferrari en 6 minutos, 58.6 segundos a unha velocidade media de 196 km/h, que foi o suficientemente bo para lograr a pole position. Pero como en outros tantos anos pasados, o fin de semana viu outro accidente grave. O británico Ian Ashley estrelouse co seu Williams FW durante práctica en Pflanzgarten e resultou gravemente ferido, tanto que non competiu na Fórmula Un durante polo menos dous anos. O arxentino Carlos Reutemann logrou a vitoria, mentres que Lauda sufriu unha picada nunha roda logo de liderar durante nove voltas. O británico Tom Pryce acadou o segundo posto logo de comezar 17º nun Shadow insuficientemente financiado, pero terminou cuarto logo de que o combustible moi quente comezara a filtrarse na súa cabina. O francés Jacques Laffite e Lauda pasaron a Pryce. Laffite terminou en segundo lugar, que era un fito para o equipo británico de Frank Williams, foi a primeira vez que o inglés Williams probou o verdadeiro sabor do éxito na Fórmula Un. Pryce recibiu unha medalla polos seus esforzos. O Gran Premio de 1975 foi a carreira máis rápida xamais disputada no vello Nürburgring. O compañeiro de Lauda Clay Regazzoni rexistrou a volta máis rápida en 7:06.4, que é o récord de volta do vello circuíto.

Cos anos, o circuíto de Nürburgring foi modificado varias veces, a instancias dos pilotos. Con todo, a carreira de 1976 pasou á historia. Lauda, o actual campión do mundo, non estaba satisfeito coas medidas de seguridade do xigantesco circuíto e tratou de boicotear a carreira durante un encontro na terceira carreira da tempada en Long Beach, California nos Estados Unidos.[6] A Fórmula Un na década de 1970 foi o inicio cara a un tipo de carreiras máis seguras e o circuíto de Nürburgring foi considerado como un anacronismo nese momento. O feito de que se atopara nunha cadea montañosa era realmente unha das dúas razóns principais polas que o circuíto de Nürburgring era, pola súa propia natureza, case imposible de facelo seguro. A outra razón era que non dispoñía de suficientes comisarios e apoio médico para garantir a seguridade do circuíto. Había varias zonas que eran case inaccesibles e levaba demasiado tempo para acceder aos comisarios. Houbo unha serie de lugares nos que as zonas de seguridade non se podían construír por falta de espazo plano, era demasiado estreito, demasiado duro, e así sucesivamente. Con todo, os organizadores do Nürburgring firmaron un contrato de tres anos coa Fórmula Un a partir da carreira de 1974, que incluía facer a pista máis segura. Lauda estaba en minoría cos outros pilotos porque a maioría deles consideraba que deberían completar o contrato a fin de evitar as dificultades legais, a carreira de 1976 era a última carreira no devandito contrato. Aínda que o contrato incluía facer o circuíto máis seguro durante eses anos (e os organizadores fixeron iso) xa se decidira que a carreira de 1976 sería a última carreira no Nordschleife. Ademais das cuestións de seguridade, o aumento da comercialización da Fórmula Un foi tamén un factor. A longura extraordinaria de Nordschleife facía moi difícil e demasiado caro para calquera organismo de radiodifusión cubrir alí con eficacia unha carreira.

Cando comezou a carreira de 1976 partes do circuíto estaban molladas e outras partes estaban secas e tiñan o sol brillando, outro problema clásico de Nürburgring. Logo de cambiar os pneumáticos de mollado a seco ao final da primeira volta, Lauda volveu saír, moi por detrás do líder, o alemán occidental Jochen Mass. Mentres empuxa duro para recuperar o tempo perdido na segunda volta, Lauda estrelouse na velóz curva a esquerda antes da curva Bergwerk no quilómetro 10´8 do trazado, unha das zonas máis inaccesibles do circuíto. Ao paso pola curva a suspensión traseira do Ferrari fallou, o austríaco non puido controlar o coche e estrelouse contra un terraplén de herba e estalou en chamas. Durante o impacto, o casco de Lauda foi arrincado da súa cabeza, e o seu Ferrari en chamas foi golpeado polos coches de Brett Lunger, Arturo Merzario e Harald Ertl. Lunger sacou Lauda dos restos en chamas en vez dos mal equipados comisarios de pista, que só puieron chegar á escena despois do impacto. O resistente austríaco estaba de pé falando cos outros pilotos despois do accidente e nun principio non se esperaba que as feridas foran serias. Pero, resultara severamente queimado e inhalara vapores tóxicos, que danaron o seu sistema circulatorio. Máis tarde entrou en coma e case morre, quedando fora de acción durante seis semanas. Sacaouse bandeira vermella e a carreira reiniciose, o experimentado piloto de Gran Premio Chris Amon optou por non reiniciar a carreira. Esta foi o último Gran Premio do neozelandés. O inglés James Hunt gañou esta carreira, que resultou ser crucial para as súas posibilidades no campionato dese ano. Logo de 49 anos acollendo o Gran Premio de Alemaña o vello Nürburgring nunca volveu a ser sé dun Gran Premio e a carreira regresou á Hockenheim.

Hockenheim[editar | editar a fonte]

O rápido e plano circuíto de Hockenheim preto de Heidelberg foi o único anfitrión do Gran Premio de Alemaña nos seguintes 30 anos. A carreira de 1977 foi gañada por Lauda, pero tamén destacou porque o piloto local Hans Heyer competiu na carreira malia non conseguir a clasificación. Na carreira de 1979 o suízo Clay Regazzoni no seu Williams intentou perseguir ao seu compañeiro de equipo, o australiano Alan Jones, pero foi en balde. A carreira de 1981 viu unha tremenda batalla entre Jones e a estrela en ascenso Alain Prost nun Renault, con Jones pasando a Prost no estadio debido á interferencia do dobrado compañeiro de equipo de Prost, René Arnoux. A carreira foi gañada polo brasileiro Nelson Piquet despois de que Jones tivera problemas co seu Williams. Na carreira de 1982 producíronse cambios no circuíto, o máis notable unha chicane na ultra rápida Ost-Kurve. Tamén viu o final da carreira do francés Didier Pironi, tivo un accidente terrible baixo a choiva torrencial durante a cualificación. Despois de que golpeara a parte traseira do Renault de Prost, Pironi saíu cara ao ceo e logo rodou por algún tempo ata parar. Pironi, que lideraba o campionato nese momento, tiña tan graves lesións nas perna que o médico da FIA Sid Watkins case tivo que amputar as pernas de Pironi co fin de sacalo do esnaquizado Ferrari. A forma dos coches de Fórmula Un deseñáronse no seu momento de tal xeito que os pilotos sentábanse tan adiante na cabina que as súas pernas e pés estaban moi por diante do eixe dianteiro, deixando esas partes do corpo humano perigosamente expostas. Estaban protexidos por só a estrutura do chasis e a carrozaría de aluminio. Durante a carreira, Piquet agredíu físicamente ó piloto chileno Eliseo Salazar logo de que Salazar botara fóra ao cabreado brasileiro na nova chicane Ostkurve cando lideraba a carreira e trataba de dobralo. Patrick Tambay gañou a súa primeira carreira con Ferrari. A carreira de 1984 viu gañar a Prost (agora conducindo un McLaren) e ao novato Ayrton Senna pilotando agresivamente un Toleman na parte dianteira da pista durante o inicio da carreira.

1985 viu o regreso por unha soa vez do novo circuíto de 4´5 km de Nürburgring Grand Prix, que fora construído no soar do antigo Sudschliefe e fora sé do Gran Premio de Europa do ano anterior. Foi unha carreira na que varios pilotos loitaron polo liderato; que foi gañada polo italiano Michele Alboreto.

As institucións que rexían os deportes de motor internacionais nese momento, a FISA, instituiran unha política de contratos a longo prazo para un circuíto por Gran Premio. A elección para o Gran Premio de Alemaña foi entre o novo Nürburgring e Hockenheim. Elixíuse esto último e mantívose alí durante os seguintes 20 anos.[7] Na carreira de 1986 tivo varios líderes nas últimas voltas; tres pilotos líderes Piquet, Senna e Prost quedaron sen combustible e aínda que os brasileiros Piquet e Senna terminaron 1º e 2º, Prost terminou sexto despois de que o seu coche quedara completamente baleiro de combustible. A carreira de 1988 levouse a cabo en condicións de mollado; estas condicións erann particularmente traizoeiras en Hockenheim porque o circuíto descorre a través dun bosque e o espeso spray da choiva tende a flotar no aire debido ás árbores que rodeaban a pista. Ata cando non chovía, a pista seguía sen secarse. Senna (agora conducindo un McLaren) aproveitou a súa habilidade en mollado para gañar ao seu compañeiro de equipo Prost. A carreira de 1989 estivo á altura de Prost e a súa famosa rivalidade con Senna, nesta carreira os dous compañeiros de equipo de McLaren a levaron aos límites absolutos ao longo de toda a carreira. A caixa de cambios de Prost fallou e perdeu o uso da sexta marcha na penúltima volta e Senna pasou ao seu lado para lograr a vitoria. Senna gañou a carreira do ano seguinte por diante do italiano Alessandro Nannini. A carreira de 1992 viu máis cambios na Ostkurve logo do accidente que tivo alí Erik Comas en 1991, converteuse nunha chicane máis complexa en lugar dunha simple chicane esquerda-dereita cun muro de pneumáticos no medio. En 1994 produciuse un novo cambio na terceira chicane para que fora máis lenta como consecuencia do Gran Premio de San Mariño de 1994.

1995 viu a vitoria do alemán Michael Schumacher, foi o primeiro alemán en gañar a carreira de casa desde que o fixera Rudolf Caracciola en 1939. A Fórmula Un en Alemaña alcanzou o seu punto máximo durante a aparición de Schumacher. 1997 viu unha vitoria excepcional do austríaco Gerhard Berger. Pero a carreira de 2000 sufríu unha serie de problemas. Durante a carreira, un ex empregado de Mercedes descontento entrou no circuíto durante a carreira e interrompeu a carreira e Jean Alesi tivo un gran accidente na terceira chicane e sufriu mareos durante tres días. Nun extremo do circuíto (onde estaba a Ost-Kurve) estaba seco, pero na zona do estadio e do Pit Lane, chovía. Rubens Barrichello gañou a carreira desde o 17º da grella, foi a súa primeira vitoria de Fórmula Un. 2001 viu un gran accidente na saída entre o italiano Luciano Burti nun Prost e Schumacher nun Ferrari, esta carreira foi gañada polo irmán de Michael Ralf nun Williams con motor BMW.

2002 viu o circuíto de Hockenheim acurtarse drasticamente e o trazado alterado. As rectas dos bosques retiráronse e engadíronse máis curvas para aumentar o desafío técnico do circuíto. O circuíto pasou de 4´2 a 2´7 quilómetros de longo. Michael Schumacher gañou nese ano. En 2003 foi o ano que gañou o colombiano Juan-Pablo Montoya co Williams-BMW, foi a segunda vitoria nun GP de Alemaña en tres anos para os motores do fabricante de automóbiles de Baviera. Ese ano tamén viu a última aparición do equipo Arrows británico, que participara na Fórmula Un desde 1973. 2004 viu a Schumacher continuar a súa dominación da tempada ao gañar o Gran Premio de Alemaña e o español Fernando Alonso gañou o ano seguinte nun Renault despois de que o seu principal rival Kimi Raikkonen sufrira unha falla hidráulica e retirouse. 2006 viu a presentación do sistema amortecedor de masa experimental de Renault considerado legal polos comisarios da carreira, pero prohibido pola FIA. Renault non utilizou o sistema para a carreira e resultou ser a súa perdición cando Schumacher gañou a súa carreira de casa nun Ferrari.

Alternancia de circuítos[editar | editar a fonte]

En 2006 anunciouse que a partir de 2007 ata 2010, o Gran Premio de Alemaña sería compartida entre o circuíto de Nürburgring GP (antiga sé do Gran Premio de Europa e Luxemburgo) e o circuíto de Hockenheim. O primeiro sería sé das carreiras en 2007 e 2009 e a segunda en 2008 e 2010. Pero, o nome para o Gran Premio de 2007 foi cambiado máis adiante. Malia que inicialmente estaba destinado a ser o Gran Premio de Alemaña,[8], debido a unha disputa con Hockenheim sobre os dereitos do nome da carreira, a carreira foi finalmente celebrada baixo o título "Großer Preis von Europa" (Gran Premio de Europa).[9] En 2009, os circuítos resolveron as súas disputas e a carreira do circuíto de Nurburgring celebrouse baixo o título de Gran Premio de Alemaña.

O Gran Premio de 2010, celebrado en Hockenheim, nun momento pareceu estar en perigo xa que os donos da pista, a cidade e o estado de Baden-Württemberg, non estaban dispostos a perder máis diñeiro debido aos altos custos de licenzas impostas por xestión da F1. Ademais, as conversacións con Bernie Ecclestone víronse obstaculizados polas súas citas de Hitler. Se a pista fora relevado de ser o lugar de celebración, os propietarios tiñan a intención de devolver a pista de novo ao seu antigo deseño.Modelo:Clarify Pero, o 30 de setembro de 2009, anunciouse que o circuíto chegara a un acordo que o mantería no calendario ata o ano 2018, en virtude dun novo acordo que viu a xestión do circuíto e FOA compartir a . carga financeira da sé do evento.[10] Esta carreira viu a Ferrari violar a regra de "non hai ordes de equipo", o brasileiro Felipe Massa deixou que o seu compañeiro de equipo, o español Fernando Alonso (que estaba en mellor posición no campionato) pasarao e lograraa vitoria.

En total, oito pilotos alemáns gañaron o Gran Premio de Alemaña; cinco antes da Segunda Guerra Mundial e tres cando a carreira formou parte do calendario de Fórmula Un. O gran Carraciola gañou o Gran Premio seis veces, un récord que mantén ata hoxe, e Bernd Rosenmeyer gañouno en 193. Cando o Gran Premio de Alemaña pasou a formar parte do calendario de Fórmula Un ningún piloto alemán gañouno ata o ano 1995, Michael Schumacher gañou ese ano e gañouno catro veces en total, o seu irmán Ralf gañou en 2001, Sebastian Vettel gañouno en 2013 logo de facer un gran comezo para lograr pasar ó pole, Lewis Hamilton na primeira curva do circuíto de Nürburgring GP. O finlandés-alemán Nico Rosberg gañou a carreira en 2014 nun Mercedes.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

  • 1987-2006: Großer Mobil 1 Preis von Deutschland
  • 2008-2014: Großer Preis Santander von Deutschland

Gañadores do Gran Premio de Alemaña[editar | editar a fonte]

O deseño actual de Nürburgring GP-Strecke.
O orixinal Nürburgring GP-Strecke, utilizado en 1985
Antigo Hockenheimring, (aínda que cun algúns cambios) utilizados en 1970 e 1977 a 2001
Nürburgring Nordschleife (máis a adición dunha chicane antes dos boxes), utilizado en 1.967-1976
Nurburgring Sudschleife, usado nunha carreira de Fórmula 2 en 1960
Nürburgring Nordschleife, utilizado de 1.931 a 1.966
Nürburgring Gesamtstrecke (circuíto combinado, 28´3 km de longo) usado de 1.927 a 1.929
AVUS Berlin, usado en 1926 (19 km) e 1959 (8 km)
Un mapa das localizacións do Gran Premio de Alemaña.

As carreiras que non forman parte do campionato de Fórmula 1 están sinaladas cun fondo de cor rosada.

Un fondo crema indica unha carreira que formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Ano Piloto Equipo Circuíto Resultados
2014 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Hockenheimring Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing Nürburgring Resultados
2012 España Fernando Alonso Ferrari Hockenheimring Resultados
2011 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Nürburgring Resultados
2010 España Fernando Alonso Ferrari Hockenheimring Resultados
2009 Australia Mark Webber Red Bull Racing Nürburgring Resultados
2008 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Hockenheimring Resultados
2007 Cancelado
2006 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Hockenheimring Resultados
2005 España Fernando Alonso Renault Hockenheimring Resultados
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Hockenheimring Resultados
2003 Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya Williams-BMW Hockenheimring Resultados
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Hockenheimring Resultados
2001 Alemaña Ralf Schumacher Williams-BMW Hockenheimring Resultados
2000 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Ferrari Hockenheimring Resultados
1999 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Ferrari Hockenheimring Resultados
1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Hockenheimring Resultados
1997 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault Hockenheimring Resultados
1996 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Hockenheimring Resultados
1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault Hockenheimring Resultados
1994 Austria Gerhard Berger Ferrari Hockenheimring Resultados
1993 Francia Alain Prost Williams-Renault Hockenheimring Resultados
1992 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault Hockenheimring Resultados
1991 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault Hockenheimring Resultados
1990 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda F1 Hockenheimring Resultados
1989 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda F1 Hockenheimring Resultados
1988 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda F1 Hockenheimring Resultados
1987 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda F1 Hockenheimring Resultados
1986 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda F1 Hockenheimring Resultados
1985 Italia Michele Alboreto Ferrari Nürburgring Resultados
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG Hockenheimring Resultados
1983 Francia René Arnoux Ferrari Hockenheimring Resultados
1982 Francia Patrick Tambay Ferrari Hockenheimring Resultados
1981 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford Hockenheimring Resultados
1980 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford Hockenheimring Resultados
1979 Australia Alan Jones Williams-Ford Hockenheimring Resultados
1978 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus Cars-Ford Hockenheimring Resultados
1977 Austria Niki Lauda Ferrari Hockenheimring Resultados
1976 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford Nürburgring Resultados
1975 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Brabham-Ford Nürburgring Resultados
1974 Suíza Clay Regazzoni Ferrari Nürburgring Resultados
1973 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Tyrrell Racing-Ford Nürburgring Resultados
1972 Bélxica Jacky Ickx Ferrari Nürburgring Resultados
1971 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Tyrrell Racing-Ford Nürburgring Resultados
1970 Austria Jochen Rindt Lotus Cars-Ford Hockenheimring Resultados
1969 Bélxica Jacky Ickx Brabham-Ford Nürburgring Resultados
1968 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Matra-Ford Nürburgring Resultados
1967 Flag of New Zealand.svg Denny Hulme Brabham-Repco Nürburgring Resultados
1966 Australia Jack Brabham Brabham-Repco Nürburgring Resultados
1965 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus Cars-Climax Nürburgring Resultados
1964 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Ferrari Nürburgring Resultados
1963 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Ferrari Nürburgring Resultados
1962 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill BRM Nürburgring Resultados
1961 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Lotus Cars-Climax Nürburgring Resultados
1960 Non celebrado
1959 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Ferrari AVUS Resultados
1958 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Vanwall Nürburgring Resultados
1957 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati Nürburgring Resultados
1956 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Lancia-Ferrari Nürburgring Resultados
1955 Non celebrado
1954 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes Nürburgring Resultados
1953 Italia Giuseppe Farina Ferrari Nürburgring Resultados
1952 Italia Alberto Ascari Ferrari Nürburgring Resultados
1951 Italia Alberto Ascari Ferrari Nürburgring Resultados
1950
-
1941
Non celebrado
1940 Cancelado (Deutschlandring)
1939 Alemaña Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1938 Flag of the United Kingdom.svg Richard Seaman Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1937 Alemaña Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1936 Alemaña Bernd Rosemeyer Auto Union Nürburgring Resultados
1935 Italia Tazio Nuvolari Alfa Romeo Nürburgring Resultados
1934 Alemaña Hans Stuck Auto Union Nürburgring Resultados
1933 Cancelado
1932 Alemaña Rudolf Caracciola Alfa Romeo Nürburgring Resultados
1931 Alemaña Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1930 Cancelado
1929 Flag of Monaco.svg Louis Chiron Bugatti Nürburgring Resultados
1928 Alemaña Rudolf Caracciola
Alemaña Christian Werner
Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1927 Alemaña Otto Merz Mercedes-Benz Nürburgring Resultados
1926 Alemaña Rudolf Caracciola Mercedes-Benz AVUS Resultados

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]