Gran Premio de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:
Circuíto de Spa-Francorchamps

O Gran Premio de Bélxica ( neerlandés:Grote Prijs van België, francés:Grand Prix de Belgique, alemá:Großer Preis von Belgien) é unha carreira automobilística, que forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

A primeira carreira nacional de Bélxica celebrouse en 1925 no circuíto da rexión de Spa, un área do país que foi asociada co deporte do motor desde os primeiros anos das carreiras. Para dar cabida ao Gran Premio de automobilismo, o Circuíto de Spa-Francorchamps foi construído en 1921, pero só se utilizaba para as carreiras de motos ata 1924. Tras o éxito de 1923 das 24 Horas de Le Mans en Francia, unha carreira similar de 24 horas de resistencia, organizouse no circuíto de Spa, as 24 Horas de Spa.

A os pilotos e os afeccionados encántalles o Gran Premio de Bélxica. Desde a súa creación, Spa-Francorchamps foi famoso polo seu clima impredicible. Houbo un momento na súa historia en que choveu no Gran Premio de Bélxica durante vinte anos seguidos. Con frecuencia os pilotos fan fronte a unha parte do trazado que é clara e brillante, mentres que outro tramo é de choivas e esvaradío. A maioría dos oilotos din que o trazado de Spa é o circuíto máis desafiante que queda no calendario da F1.

O Gran Premio de Bélxica foi designado como Gran Premio de Europa seis veces entre 1925 e 1973, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

Circuíto Orixinal de Spa[editar | editar a fonte]

En 1925, o primeiro Gran Premio de Bélxica foi gañado por Antonio Ascari cuxo fillo Alberto gañou a carreira en 1952 e 1953. Desafortunadamente, logo de gañar a carreira de Bélxica, Antonio Ascari morrería na súa seguinte carreira no Gran Premio de Francia. En 1939, a carreira cobrouse a vida de piloto británico Richard "Dick" Seaman, mentres lideraba a carreira. Durante a carreira de 1960 Chris Bristow e Alan Stacey perderon a vida en incidentes separados, este último nun suceso anormal cando foi golpeado na cara por un paxaro.

O Gran Premio de Bélxica previsto para o 08 de xuño 1969 como parte da tempada de Fórmula Un de 1969 en Spa foi suspendida despois de que Jackie Stewart visitara o circuíto en nome da Grand Prix Drivers' Association e esixe moitas melloras nas barreiras de seguridade e na superficie da estrada, co fin de facer a pista segura para as carreiras. Como os donos da pista foron incapaces de facer estas melloras, os equipos de Fórmula 1 británicos e italianos retiráronse da carreira, e foi cancelada a principios de abril. Unha última carreira celebrouse alí en 1970, ca instalación temporal de barreiras e unha chicane en Malmedy, pero isto non foi suficiente bo para a Fórmula Un, e a carreira tivo que trasladarse.

Recolocación[editar | editar a fonte]

En 1972 Spa foi considerado demasiado perigoso para a Fórmula 1. Tras esta decisión, os belgas decidiron alternar o seu Gran Premio entre o Autódromo de Zolder e un circuíto sen personalidade como o Circuíto de Nivelles-Baulers cerca Bruxelas. A primeira carreira en Nivelles foi gañado por Emerson Fittipaldi, pero aínda que a pista era segura, xerou pouco entusiasmo en comparación co vello e magnífico circuíto de Spa. Zolder acolleu a carreira o ano seguinte e foi gañado por Jackie Stewart. A Fórmula Un volveu a Nivelles en 1974, unha vez máis, a carreira foi gañada por Emerson Fittipaldi, pero logo dese evento os organizadores víronse incapaces de soster un Gran Premio en Nivelles e a pista desapareceu da escena das carreiras.

Despois, a carreira volveu a Zolder. O Gran Premio de Bélxica celebrarouse alí outras nove veces. Niki Lauda conseguiu regresar ás vitorias na pista en 1975 e 1976, e en 1977 Gunnar Nilsson obtivo a súa única vitoria na F1 en Zolder. Ao ano seguinte, Mario Andretti gañou a carreira con Lotus. En 1979, Jody Scheckter gañou a carreira no seu Ferrari. En 1980 Didier Pironi converteuse en gañador por primeira vez na pista no seu Ligier. A carreira de 1981 gañada por Carlos Reutemann foi caótica, un mecánico morto na rúa de boxes, unha folga de pilotos e logo un accidente na linea de saída. Zolder sempre será recordado, con todo, como o lugar onde Gilles Villeneuve morreu en 1982. John Watson gañou a carreira con McLaren, un ano máis tarde o reconstruido circuíto de Spa foi aberto para as carreiras e o Gran Premio de Bélxica volveu alí. O Gran Premio de Bélxica de 1982 celebrouse en Zolder. En 1983, a carreira volveu a Spa antes de regresar a Zolder en 1984. Esta foi a última carreira de F1 celebrado en Zolder con Michele Alboreto obtendo a vitoria final alí. En 1985, o Gran Premio de F1 de Bélxica volveu a Spa-Francorchamps, onde permanece desde entón.

Moderno Spa[editar | editar a fonte]

O Campión do Mundo Michael Schumacher, fixo o seu debut en Spa en 1991 e alí gañou a súa primeira carreira de F1 en 1992, tamén gañou o seu 52º Gran Premio en Spa en 2001, superando a marca de Alain Prost de 51 vitorias. Schumacher tamén gañou o título do seu sétimo Mundial de Pilotos en Spa en 2004. Non houbo Gran Premio de Bélxica en 2003 debido ás leis do país ca publicidade do tabaco, pero regresou á programación de novo en 2004.

Outra carreira notable foi o Gran Premio de Bélxica de 1998, que levouse a cabo en condicións torrenciais. A carreira detívose logo dun accidente masivo que involucrou a trece dos vinte e dous corredores na primeira curva. As fortes choivas causaron baixa visibilidade, e Michael Schumacher bateu na parte de atrás do coche de David Coulthard, cousa que enfureceu a Schumacher tanto que irrumpiu no garaxe de McLaren para facer fronte a Coulthard, alegando que había tratado de matalo. Coulthard admitiu máis tarde que fora a súa culpa, debido á súa inexperiencia (a pesar de ser o seu cuarto ano na Fórmula Un). Só oito pilotos clasificáronse ó final (dous dos cales cinco voltas atrás, un dos cales foi Coulthard) e Damon Hill conseguiu unha memorable vitoria por diante do seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher rexistrando a primeira vitoria do equipo Jordan de Fórmula Un na súa historia, ademais acando os 1º e 2º posto para rematar.

En 2006, a FIA anunciou o Gran Premio de Bélxica non sería parte da tempada de Fórmula Un de 2006, xa que as autoridades locais comezaran os traballos dunha importante reparación en Spa-Francorchamps. O Gran Premio de Bélxica volveu en 2007, cando Kimi Raikkonen logrou a pole position e a súa terceira vitoria consecutiva no Gran Premio belga.

En 2008, Felipe Massa de Ferrari quedou en segundo lugar detras de Lewis Hamilton. Pero, os comisarios decidiron logo da carreira aplicar un drive-through a Hamilton (é dicir, unha sanción de 25 segundos). Isto deixou a Hamilton na terceira posición por detrás do Ferrari Felipe Massa e do BMW Sauber de Nick Heidfeld. McLaren apelou a decisión, pero foi rexeitada xa que non é lícito apelar sancións de drive-through. A decisión dos comisarios foi moi criticada, o ex campión do mundo Niki Lauda cualificouna de "completamente equivocado", "estúpido" e "malo para o deporte".

Gañadores do Gran Premio de Bélxica[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

Gañados Piloto anos
6 Alemaña Michael Schumacher 1992, 1995, 1996, 1997, 2001, 2002
5 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna 1985, 1988, 1989, 1990, 1991
4 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark 1962, 1963, 1964, 1965
Finlandia Kimi Räikkönen 2004, 2005, 2007, 2009
3 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 1950, 1954, 1955
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill 1993, 1994, 1998
2 Italia Alberto Ascari 1952, 1953
Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi 1972, 1974
Austria Niki Lauda 1975, 1976
Francia Alain Prost 1983, 1987
Alemaña Sebastian Vettel 2011, 2013

Gañadores Múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

Equipos en negra están competindo actualmente no campionato de Fórmula Un. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Un fondo crema indica que unha carreira foi parte do Campionato de Europa da pre- guerra.

Gañados Construtor Ano
16 Italia Ferrari 1952, 1953, 1956, 1961, 1966, 1975, 1976, 1979, 1984, 1996, 1997, 2001, 2002, 2007, 2008, 2009
13 Flag of the United Kingdom.svg McLaren 1968, 1982, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1999, 2000, 2004, 2005, 2010, 2012
8 Flag of the United Kingdom.svg Lotus 1962, 1963, 1964, 1965, 1972, 1977, 1978, 1985
4 Italia Alfa Romeo 1925, 1947, 1950, 1951
Flag of the United Kingdom.svg Williams 1981, 1986, 1993, 1994
3 Francia Bugatti 1930, 1931, 1934
Alemaña Mercedes-Benz 1935, 1939, 1955
Austria Red Bull-Renault 2011, 2013, 2014
2 Italia Maserati 1933, 1954
Flag of the United Kingdom.svg Benetton 1992, 1995

Por ano[editar | editar a fonte]

Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Un fondo crema indica que unha carreira foi parte do Campionato de Europa da pre- guerra.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2014 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault Spa-Francorchamps Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Spa-Francorchamps Resultados
2012 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Spa-Francorchamps Resultados
2010 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
2009 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2008 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2006 Non celebrado
2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
2004 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
2003 Non celebrado
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
2000 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
1999 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
1998 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Jordan-Mugen-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1996 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault Spa-Francorchamps Resultados
1994 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Spa-Francorchamps Resultados
1993 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Spa-Francorchamps Resultados
1992 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford Spa-Francorchamps Resultados
1991 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1990 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1989 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1988 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1987 Francia Alain Prost McLaren-TAG Spa-Francorchamps Resultados
1986 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Honda Spa-Francorchamps Resultados
1985 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Lotus-Renault Spa-Francorchamps Resultados
1984 Italia Michele Alboreto Ferrari Autódromo de Zolder Resultados
1983 Francia Alain Prost Renault Spa-Francorchamps Resultados
1982 Flag of the United Kingdom.svg John Watson McLaren-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1981 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Williams-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1980 Francia Didier Pironi Ligier-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1979 Flag of South Africa.svg Jody Scheckter Ferrari Autódromo de Zolder Resultados
1978 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1977 Flag of Sweden.svg Gunnar Nilsson Lotus-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1976 Austria Niki Lauda Ferrari Autódromo de Zolder Resultados
1975 Austria Niki Lauda Ferrari Autódromo de Zolder Resultados
1974 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Nivelles Resultados
1973 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Tyrrell-Ford Autódromo de Zolder Resultados
1972 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Nivelles Resultados
1971 Non celebrado
1970 Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez de la Vega BRM Spa-Francorchamps Resultados
1969 Non celebrado
1968 Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren McLaren-Ford Spa-Francorchamps Resultados
1967 Flag of the United States.svg Dan Gurney Eagle-Weslake Spa-Francorchamps Resultados
1966 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1965 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Spa-Francorchamps Resultados
1964 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Spa-Francorchamps Resultados
1963 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Spa-Francorchamps Resultados
1962 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Spa-Francorchamps Resultados
1961 Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1960 Australia Jack Brabham Cooper-Climax Spa-Francorchamps Resultados
1959 Non celebrado
1958 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Vanwall Spa-Francorchamps Resultados
1957 Non celebrado
1956 Flag of the United Kingdom.svg Peter Collins Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1955 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes Spa-Francorchamps Resultados
1954 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati Spa-Francorchamps Resultados
1953 Italia Alberto Ascari Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1952 Italia Alberto Ascari Ferrari Spa-Francorchamps Resultados
1951 Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados
1950 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados
1949 Francia Louis Rosier Talbot Spa-Francorchamps Resultados
1948 Non celebrado
1947 Francia Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados
1946 Francia Eugène Chaboud Delage Spa-Francorchamps Resultados
1945
-
1940
Non celebrado
1939 Flag of German Reich (1935–1945).svg Hermann Lang Mercedes-Benz Spa-Francorchamps Resultados
1938 Non celebrado
1937 Flag of German Reich (1935–1945).svg Rudolf Hasse Auto Union Spa-Francorchamps Resultados
1936 Non celebrado
1935 Flag of German Reich (1935–1945).svg Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Spa-Francorchamps Resultados
1934 Francia René Dreyfus Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1933 Flag of Italy (1861-1946).svg Tazio Nuvolari Maserati Spa-Francorchamps Resultados
1932 Non celebrado
1931 Flag of the United Kingdom.svg William Grover-Williams
Flag of Italy (1861-1946).svg Caberto Conelli
Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1930 Flag of Monaco.svg Louis Chiron Bugatti Spa-Francorchamps Resultados
1929
-
1926
Non celebrado
1925 Flag of Italy (1861-1946).svg Antonio Ascari Alfa Romeo Spa-Francorchamps Resultados

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]