Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 é o oitavo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 13 de xaneiro, e finalizou o 8 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu cuarto título consecutivo, o quinto da súa carreira.
Fangio decidiu de novo cambiar de equipo, uníndose a Maserati antes do inicio da tempada. O equipo de Ferrari, con Peter Collins, Eugenio Castellotti e a volta de Mike Hawthorn, non gañou unha carreira. Castellotti e Alfonso de Portago morreron en accidentes, facendo deste ano un verdadeiro desastre para Ferrari.
O home ao que substitúe Fangio en Maserati, Stirling Moss, trasladouse a Vanwall, o equipo revelación. Entre Fangio e Moss gañaron todos os Grandes Premios da tempada, agás Indianápolis, catro vitorias de Fangio por tres de Moss.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademaís dabase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Ao final do ano anunciouse que Fangio non regresaria na seguinte tempada. Maserati tamén se retirou, alegando razóns económicas. Este foi tamén o último ano no que se outorgaron puntos para as unidades compartidas.
Calendario de Grandes Premios [editar]
Clasificación do Mundial de Constructores de 1957 [editar]
O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1957 [editar]
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
- * Volta rápida (1 punto)
- † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
- Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: