Narain Karthikeyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Narain Karthikeyan (47 anos)

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade India India
Anos en activo 3, (2005, 2011-2012)
Escudería(s) Jordan, HRT
Grandes Premios disputados 48 (46 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2005
Derradeiro GP Gran Premio do Brasil de 2012

Kumar Ram Narain Karthikeyan (en támil குமார் ராம் நாராயண் கார்த்திகேயன்); nado o 14 de xaneiro de 1977, en Madras, Tamil Nadu[1], é o primeiro piloto de carreiras de Fórmula Un indio.[2] Previamente competiu na A1GP e nas Le Mans Series. Fixo o seu debut na Fórmula Un en 2005 co equipo Jordan, e foi piloto de probas de Williams F1 en 2006 e 2007. Do mesmo xeito que outros ex pilotos de F1, Karthikeyan trasladouse as carreiras de stock car (automóbiles de serie) e pilotou o Toyota Tundra nº 60 do equipo Safe Auto Insurance Company de Wyler Racing nas Cámping World Truck Series da NASCAR de 2010. No ano 2011 pilotou para o equipo Hispania Racing F1 Team de Fórmula Un. De novo fichou polo equipo HRT para a tempada 2012.

Inicios da súa carreira[editar | editar a fonte]

Os intereses de Karthikeyan no automobilismo comezaron a idade moi temperá, xa que o seu pai era un ex campión nacional da India que gañou o Rally do sur da India sete veces. El tamén está relacionado co defunto S. Karivardhan, o piloto de carreira máis famoso da India ata quechegou Karthikeyan. Coa ambición de converterse no primeiro piloto da India de Fórmula Un, Karthikeyan acabou no podio na súa primeira carreira, en Sriperumpudur nun Fórmula Maruti (a.k.a.FISSME). A continuación, pasou á Escola de Automobilismo Elf Winfield en Francia, na que mostra o seu talento ao converterse en semi-finalista no Concurso para auromóbiles de Fórmula Elf-Pilote Renault en 1992. Regresou á India para competir na Fórmula Maruti na tempada 1993, e no mesmo ano, tamén competiu no campionato da Fórmula Vauxhall Júnior en Gran Bretaña. Isto deulle unha valiosa experiencia nas pistas europeas, as que estaba disposto a volver para o ano seguinte.

En 1994, regresou ó Reino Unido, ás carreiras na serie Fórmula Ford Zetec como segundo piloto do equipo Foundation Racing. O punto culminante da tempada foi un podio nunha carreira de apoio do Gran Premio de Portugal, celebrada en Estoril. Karthikeyan tamén participou no Campionato Británico de Fórmula Ford de inverno, e converteuse no primeiro indio en gañar un campionato de Europa.

En 1995, Karthikeyan participa no Campionato de Fórmula Asia por só en catro carreiras. Con todo, acadou o ritmo de inmediato e foi capaz de terminar segundo na carreira en Shah Alam, Malaisia. En 1996, estivo a tempada completa na serie e converteuse no primeiro indio e o primeiro asiático en gañar a Fórmula Asia series internacionais. Trasladouse a Gran Bretaña en 1997 para competir no campionato británico de Fórmula Opel co equipo Motorsport Némesis, tendo unha 'pole position' gañando en Donington Park e acabando en sexto lugar nas puntuacións finais.

Na tempada de Fórmula Tres Británica de 1998, Karthikeyan fixo o seu debut no campionato británico de Fórmula Tres co equipo Carlin Motorsport. Competiu en só 10 carreiras, logrou dous terceiros postos nas dúas últimas carreiras da tempada, en Spa-Francorchamps e no Silverstone, para terminar 12º na xeral. Continuou no campionato de Fórmula Tres Británica de 1999, terminando no podio cinco veces, incluíndo dúas vitorias en Brands Hatch. A súa tempada tamén inclúe dúas poles, tres voltas rápidas e dúas marcas de volta, rematando sexto no campionato. El tamén competiu na Gran Premio de Macau, cualificou en sexta posición e acabou en sexto lugar na segunda carreira. Continuando no Campionato Británico de F3 en 2000, terminou cuarto na xeral na clasificación, e tamén logrou a pole position e volta rápida no Gran Premio de Macau. El tamén gañou a carreira de F3 Internacional de Spa-Francorchamps e o Korea Super Prix.

Karthikeyan comezou 2001 no Campionato de Formúla Nippon F3000, terminando o ano entre os dez primeiros. No mesmo ano, converteuse no primeiro indio en pilotar algunha vez un coche de Fórmula Un, nunha proba para o equipo Jaguar Racing en Silverstone o 14 de xuño. Impresionado coa súa actuación, ofrecéuselle entón unha proba de condución no Jordan - Honda EX11 en Silverstone, en setembro. Karthikeyan, fai unha nova proba co Jordan, en Mugello en Italia o 5 de outubro, terminando xusto medio segundo máis lento que o primeiro piloto de Jordan Jean Alesi.

En 2002, competiu nas Telefonica World Series co equipo RC Motorsport Tata, tendo unha 'pole position' e o establecemento o tempo de volta máis rápido fora da Fórmula Un, en Interlagos no Brasil. Continuando coa Superfund Word Series en 2003, Karthikeyan, gañou dúas carreiras e outros tres podios no seu camiño á cuarta posición no campionato. Estes resultados valéronlle outra proba de pilotaxe na Fórmula Un, esta vez co equipo Minardi. Ofrecéuselle un coche de carreiras para a tempada de Fórmula Un de 2004, pero non puido recadar os fondos de patrocinio necesarios para selar o trato. Durante o ano, casou con Pavarna.

Continuou na Nissan World Series, renomeada "World Series by Nissan", en 2004, tendo vitorias en Valencia, España e Magny-Cours , Francia.

Equipos: Carlin Motorsport, RC Motorsport, [Equipo Impul http://www.impul.co.jp/], Williams F1 Team, Jordan Toyota

Campionatos: Fórmula 3 Británica, Fórmula Nippon, Fórmula Nissan (agora fusionada coa Fórmula Renault)

Carreira na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Karthikeyan bloqueo dos freos durante a clasificación no Gran Premio dos Estados Unidos de 2005

O 1 de febreiro de 2005, Karthikeyan anunciou que asinara un acordo preliminar co equipo Jordan de Fórmula Un e dixo que ía ser o seu piloto principal na tempada de Fórmula Un de 2005, converténdose así no primeiro piloto de carreiras na Fórmula 1 da India. O seu compañeiro era o portugués, Tiago Monteiro. Karthikeyan completou a proba de distancia de 300 km. necesaria nun coche de Fórmula Un co fin de obter o súa superlicencia no Circuíto de Silverstone o 10 de febreiro.

Na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia, Karthikeyan clasificou en 12ª posición. Logo dun mal comezo que o viu caer ao posto 18 no final da primeira volta, Karthikeyan acabou no posto 15, dúas voltas detrás do gañador Giancarlo Fisichella. Logrou os seus primeiros puntos no Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, en circunstancias absurdas, tres equipos retiráronse debido a unha discusión sobre a seguridade dos pneumáticos. Karthikeyan acabou cuarto, por diante dos dous pilotos de Minardi, pero detrás do seu compañeiro de equipo Monteiro. Á parte do GP dos Estados Unidos, a máis alta meta de Karthikeyan foi o 11º lugar. No Gran Premio do Xapón de 2005 nos adestramentos libres, que foi o máis rápido durante un longo período de tempo e, finalmente, cualificou 11. No Gran Premio da China de 2005 clasificouse no posto 15, moi preto en tempos a moitos dos mellores equipos. Nun desafortunado final da tempada 2005, Karthikeyan estrelouse co seu Jordan contra un muro na carreira chinesa, pero resultou ileso e capaz de ofrecer despois unha entrevista.

Para a tempada 2006 Jordan desapareceu e converteuse en Midland. Cerca do final de 2005, Karthikeyan anunciou que non pilotaría para Midland o ano seguinte ao parecer debido á petición de que tiña que pagar 11´7 millóns de dólares para asegurar o seu posto no equipo. Dixo que "de todos os xeitos, ser piloto de probas nun bo coche permitírame mostrar as miñas habilidades mellor". O 8 de decembro de 2005, Karthikeyan probou co Williams en España e terminou nun respectable quinto posto, superando ao segundo piloto de Williams, Nico Rosberg no FW27C, que terminou noveno. O 27 de xaneiro de 2006, Williams confirmou Karthikeyan como cuarto piloto.[3] Foi para realizar tarefas de proba para o equipo xunto con Alexander Wurz que anteriormwnte se confirmou como terceiro piloto do equipo. Foi contratado como piloto de probas de reserva de Williams xunto con Kazuki Nakajima na tempada de Fórmula Un de 2007.[4] Karthikeyan, dixo que estaba impresionado pola diferenza entre os equipos máis atrasados da Fórmula Un e un equipo de primeira división.[5]

Karthikeyan pilotando para Hispania no GP 2011

Máis tarde, en 2007, vinculouse co equipo Spyker (anteriormente Jordan) de Fórmula Un logo de que seu piloto Christijan Albers fora despedido,,[6] , aínda que finalmente Sakon Yamamoto obten a unidade. Debido á retirada do apoio de Tata (patrocinador principal de Karthikeyan) de WilliamsF1, a Nakajima déuselle a maior parte das funcións de proba e Karthikeyan foi deixado de lado.

Cando o equipo Spyker F1 foi comprado por Vijay Mallya cara ao final de 2007, Karthikeyan volveuse a falar del como piloto do novo equipo Force India de Fórmula Un no 2008. Con todo, Karthikeyan nin sequera chegou a probar para o equipo. Karthikeyan tamén estivo relacionado a unha unidade co equipo Super Aguri en xaneiro de 2008, como un dos termos dun consorcio indio de investir no equipo. O acordo non se firmou e continuou competindo para o A1 Team India. Karthikeyan foi o único piloto indio, de Fórmula Un ata a tempada de Fórmula Un de 2010, cando Karun Chandhok asinou co equipo Hispania Racing F1 Team.[7]

O 6 de xaneiro de 2011, Karthikeyan anunciou que ía pilotar para o equipo Hispania na tempada 2011,[8] despois de cinco anos sen participación activa no campionato. Karthikeyan, confirmou o acordo a través da súa páxina de Twitter, dicindo que sería "un soño feito realidade, correr diante da afección local no GP da India en outubro", e agregou que o apoio do patrocinador Grupo Tata fora "básico".[9]

A desafortunada consecuencia de pilotar para un equipo pouco competitivo, xunto co incremento da fiabilidade dos modernos coches de Fórmula 1, significa que Karthikeyan ten dúas veces a marca dos peores postos nunha carreira de Fórmula 1.[10] A primeira aparición foi no Gran Premio da China, onde a única retirada de Jaime Alguersuari significou que Karthikeyan acabara no posto 23, logo de ser superado polo seu compañeiro de equipo Vitantonio Liuzzi na última volta. Con todo, no Gran Premio de Europa non houbo retiradas o que significa que Karthikeyan, unha vez máis rompeu a marca por ser o coche 24 en cruzar a liña de meta.

O 30 de xuño de 2011, Karthikeyan foi substituído por Daniel Ricciardo para as restantes carreiras da tempada, excepto o Gran Premio da India,[11][12] pero participou nos primeiros adestramentos do venres en Alemaña, Singapur, Xapón e Corea.

O 23 de outubro de 2011, confirmouse que Karthikeyan substituiría a Liuzzi para o Gran Premio da India.[13] Karthikeyan cualificou no posto 22.[14] Pero recibiu unha penalización de cinco posicións por obstaculizar a Michael Schumacher durante a Q1 polo que comezou no posto 24.[15] A pesar de recibir danos na primeira volta da carreira,,[16] Karthikeyan logrou derrotar a Ricciardo por 31´8 segundos na carreira para terminar 17º.[17] Liuzzi volveu substituír a Karthikeyan a partir do Abu Dhabi Grand Prix.[18]

O 3 de febreiro de 2012, confirmouse que Karthikeyan asinou de novo polo equipo HRT para a tempada de Fórmula Un de 2012 xunto a Pedro de la Rosa.[19]

As 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Na segunda semana de marzo de 2009, Karthikeyan probou para o equipo Kolles Le Mans. Máis tarde confirmouse que para a tempada 2009, sería o compañeiro de Christijan Albers. O equipo Kolles, encabezado polo ex-director do equipo Force India Colin Kolles, vai tomar parte no campionato con dous Audi R10 turbo diésel. O coche conta cunha exitosa historia nas carreiras, con tres vitorias nas 24 Horas de Le Mans e 22 carreiras individuais gañadas. Team Kolles paticipou no campionato por primeira vez en 2009.[20][21][22]

Racing récord[editar | editar a fonte]

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2005 Jordan Grand Prix Jordan EJ15 Toyota RVX-05 V10 AUS
15
MAL
11
BHR
Ret
SMR
12
ESP
13
MON
Ret
EUR
16
CAN
Ret
USA
4
FRA
15
RU
Ret
ALE
16
HUN
12
TUR
14
ITA
20
18º 5
Jordan EJ15B BEL
11
BRA
15
XPN
15
CHN
Ret
2011 Hispania Racing F1 Team Hispania F111 Cosworth CA2011 V8 AUS
NSC
MAL
Ret
CHN
23
TUR
21
ESP
21
MON
17
CAN
17
EUR
24
RU ALE
TD
HUN BEL ITA SIN
TD
XPN
TD
COR
TD
IND
17
ABU BRA 26º 0
2012 HRT F1 Team Hispania F112 Cosworth CA2012 V8 AUS
NSC
MAL
22
CHN
22
BAH
21
ESP
Ret
MON
15
CAN
Ret
EUR
18
RU
21
ALE
23
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
19
SIN
Ret
XPN
Ret
COR
20
IND
21
ABU
Ret
USA
22
BRA
18
24º 0

* Tempada en curso

Resultados completos A1 Grand Prix[editar | editar a fonte]

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 DC Puntos
2006–07 India NED
SPR
NED
FEA
CZE
SPR
CZE
FEA
CHN
SPR
CHN
FEA
MYS
SPR
MYS
FEA
IDN
SPR
IDN
FEA
NZL
SPR

10
NZL
FEA

7
AUS
SPR
AUS
FEA
RSA
SPR

15
RSA
FEA

9
MEX
SPR

11
MEX
FEA

18
CHN
SPR

7
CHN
FEA

17
GBR
SPR

7
GBR
SPR

4
16º 13
2007–08 NED
SPR

10
NED
FEA

Ret
CZE
SPR

21
CZE
FEA

9
MYS
SPR

11
MYS
FEA

6
CHN
SPR

7
CHN
FEA

1
NZL
SPR

10
NZL
FEA

Ret
AUS
SPR

11
AUS
FEA

11
RSA
SPR
RSA
FEA
MEX
SPR

13
MEX
FEA

9
CHN
SPR

5
CHN
FEA

7
GBR
SPR

5
GBR
SPR

1
10º 61
2008–09 NED
SPR
NED
FEA
CHN
SPR

10
CHN
FEA

10
MYS
SPR

Ret
MYS
FEA

Ret
NZL
SPR

9
NZL
FEA

7
RSA
SPR

6
RSA
FEA

12
POR
SPR

6
POR
FEA

11
GBR
SPR

2
GBR
FEA

Ret
12º 19

Superleague Formula[editar | editar a fonte]

(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Operador 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Posición Puntos
2010 PSV Eindhoven Racing for Holland SIL
ASS
MAG
JAR
NÜR
ZOL
BRH
ADR
POR
ORD
BEI
NAV
16º 288
12 15 X 13 9 X 11 15 X 13 16 X 10 14 X 18 1 X

Resultados nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Clase Pneu. Coche Equipo Co-Pilotos Voltas Pos. Clase
Pos.
2009 LMP1 14 M


Audi R10 TDI
Audi TDI 5.5L Turbo V12
(Diesel)
Alemaña Kolles Países Baixos Charles Zwolsman, Jr.
Alemaña André Lotterer
369

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Narain Karthikeyan biography, Hispania Racing". HispaniaF1Team.com. 10 April 2011. 
  2. Pande, Vinayak (2011-03-16). "Didn't want to spend my life thinking what if: Narain Karthikeyan". Hindustan Times (New Delhi: HT Media Limited). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 2011-03-15. 
  3. "Williams Confirms Narain Karthikeyan". NewsOnF1.com. 27 January 2006. Consultado o 4 May 2006. 
  4. "Williams retain Karthikeyan for 2007". 28 September 2006. Consultado o 28 September 2006. 
  5. "Karthikeyan 'Blown away' by F1 contrast". F1racing.net. 12 December 2006. Consultado o 24 October 2006. 
  6. "Karthikeyan versus Piquet for Spyker". grandprix.com. 10 July 2007. Consultado o 12 July 2007. 
  7. Noble, Jonathan (4 March 2010). "Chandhok announced as HRT driver". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 March 2010. 
  8. Noble, Jonathan (6 January 2011). "Karthikeyan signs race deal with HRT". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 6 January 2011. 
  9. Weeks, Jimmy (6 January 2011). "KARTHIKEYAN LANDS HISPANIA DRIVE FOR 2011". F1Badger.com (BadgerGP). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 January 2011. 
  10. "European Grand Prix from the pit lane". BBC. 26 June 2011. Consultado o 26 June 2011. 
  11. "Hispania confirms Daniel Ricciardo will race for it from Silverstone". Autosport. 30 June 2011. 
  12. "Karthikeyan to race in India for HRT". Formula1.com. 17 September 2011. 
  13. "Karthikeyan to replace Liuzzi for Indian GP". ManipeF1.com. 23 October 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2011. Consultado o 04 de febreiro de 2012. 
  14. "2011 Airtel Formula 1 Grand Prix of India Qualifying Results". Formula1.com. 29 October 2011. 
  15. Elizalde, Pablo (29 October 2011). "Karthikeyan penalised for impeding Schumacher during qualifying". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 9 November 2011. 
  16. "Karthikeyan proved his worth at the Indian Grand Prix 2011". aaformula1.com. 30 October 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2011. Consultado o 03 de febreiro de 2012. 
  17. "2011 Airtel Formula 1 Grand Prix of India Race (Timing Archive)". Formula1.com. 30 October 2011. 
  18. "Liuzzi braces for ‘tricky’ Yas circuit". Gulfnews.com. 8 November 2011. 
  19. "Narain Karthikeyan completes HRTs lineup for 2012". HRT F1 Team (HRT F1). 3 February 2012. Consultado o 3 February 2012. 
  20. "Karthikeyan invited to Kolles Le Mans test". GPUpdate.net. 4 March 2009. Consultado o 31 January 2011. 
  21. "Albers signs with Kolles Le Mans team". GPUpdate.net. 1 April 2009. Consultado o 31 January 2011. 
  22. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 04 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]