Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1962 é o decimoterceiro campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 9 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 20 de maio, e finalizou o 29 de decembro.
Resumen do campionato [editar]
Os Ferrari foron eclipsados por completo en 1962, en parte como resultado de problemas internos, en parte porque os equipos ingleses fixeran grandes progresos. BRM chegou ben con Graham Hill, gañando o campionato logo dunha longa batalla co revolucionario monocasco Lotus 25 conducido por Jim Clark. Dan Gurney deu a Porsche a súa única vitoria nun Gran Premio en Rouen, e Cooper gañou a súa última carreira ata 1966. Lola fixo a primeira das súas incursións esporádicas nas carreiras de grandes premios, e Jack Brabham xurdiu como un construtor, ao anotar os seus primeiros puntos no seu propio automóbil. Stirling Moss, un dos grandes pilotos, estrelouse gravemente antes do comenzo do campionato e nunca volveu a correr nun gran premio. Ricardo Rodríguez converteuse no piloto máis novo en puntuar no campionato puntuación co seu cuarto posto en Bélxica (20 anos, 123 días), unha marca que se mantivo durante 38 anos ata que Jenson Button, de 20 anos, 67 días, o rompeu no Gran Premio de Brasil de 2000.
Resultados da tempada [editar]
Os puntos para o Campionato do Mundo de pilotos de 1962 foron adxudicados mediante 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros clasificados de cada carreira contabilizando os cinco mellores resultados de cada piloto.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1962 [editar]
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
Jim Clark (Lotus 25 Coventry Climax) no Gran Premio de Alemaña de 1962
Clasificación do Mundial de Constructores de 1962 [editar]
Os puntos para a Copa Internacional de Construtores de F1 de 1962 outórganse sobre unha base 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros lugares de cada carreira, só o mellor coche de cada fabricante era elexible para gañar puntos e só os cinco mellores resultados podían contar por cada fabricante.
O defensor do título Phil Hill quedou sexto no campionato mundial de pilotos de 1962
- Negra resultados que conta para ocampionato.
- ↑ Só os 5 mellores resultados contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son os puntos totales obtidos.