Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964 é o decimoquinto campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 10 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 10 de maio, e finalizou o 25 de outubro.
Resumo da tempada [editar]
John Surtees (Ferrari 158) gañou o Campionato Mundial de pilotos de
1964.
O campionato, feramente disputado por Jim Clark, John Surtees e Graham Hill, decidiuse no Gran Premio de México, cando Hill atrasouse logo dunha colisión co Ferrari de Lorenzo Bandini. Clark viuse obrigado a parar cunha fuga de aceite na última volta, Ferrari fixo que Bandini deixara adiantar a Surtees ao segundo lugar o que lle deu o campionato por un punto sobre Hill. Honda fixo un discreto debut nas carreiras de Gran Premio co piloto Ronnie Bucknum, e Maurice Trintignant retirouse á idade de 47 anos logo dunha das máis longas carreiras do campionato mundial.
Calendario de Grandes Premios de Fórmula 1 [editar]
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1964 [editar]
Os puntos concédense sobre unha base de 9-6-4-3-2-1 en cada carreira, só contan os 6 mellores resultados para o campionato. Hill anotou 41 puntos durante o ano, pero só 39 puntos contaron para ao campionato. Surtees anotou 40 puntos, todos os cales contaron para ao campionato. Polo tanto, Surtees converteuse no Campión do Mundo, a pesar de non ter a maior puntuación no transcurso do ano.
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
Clasificación do Mundial de Construtores de 1964 [editar]
Os puntos concédense sobre unha base de 9-6-4-3-2-1 en cada carreira, só contan os 6 mellores resultados para o campionato. Só o mellor coche de cada fabricante en cada carreira era elexible para gañar puntos. Os números sen paréntese son os puntos do Campionato; os números entre paréntese representan o total de puntos anotados.
Resultados das carreiras non puntuables [editar]
En 1964 celebraronse outras carreiras de Fórmula 1, que non contaron para o campionato do mundo.