Gran Premio de Mónaco
O Gran Premio de Mónaco é unha carreira de automobilismo de velocidade que se disputa anualmente no circuíto de Mónaco en Montecarlo no principado de Mónaco. É un dos grandes premios máis antigos da Fórmula 1. A primeira carreira organizada no ano 1929 foi gañada por William Grover-Williams manexando un Bugatti pintado verde, cor que se convertería co tempo en insignia dos corredores británicos.
Índice |
Historia e características [editar]
O Gran Premio de Mónaco dispútase en maio coincidindo coa festa do Día da Ascensión. O circuíto de Mónaco ten gran cantidade de subidas e baixadas, esquinas pechadas e estreitas vías, polo que probablemente é o circuíto máis esgotador para pilotos e vehículos. Tamén é o circuíto máis perigoso entre os que actualmente se utilizan nas carreiras de Fórmula 1. Por outra banda, é o circuíto máis espectacular e un dos máis seguidos polos espectadores na televisión.
O Gran Premio de Mónaco formou parte do primeiro Campionato Mundial de Fórmula 1 en 1950, e a partir de 1955 disputouse todos os anos. Xunto á data de Fórmula 1 dispútanse carreiras de exhibición, por exemplo de automóbiles históricos, e de campionatos menores. A Fórmula Junior correu en Mónaco en 1950 e desde 1959 ata 1963. Entre 1964 e 1997 celebrouse unha carreira de Fórmula 3, que servía como punto de encontro dos pilotos dos distintos campionatos nacionais de Fórmula 3. A Fórmula 3000 Internacional tomou o seu lugar en 1998 e deu paso en 2005 á súa sucesora, a GP2 Series. A Fórmula 3 Euroseries correu en Mónaco por única vez en 2005, e a World Series by Renault faino desde ese mesmo ano.
Chámanlle "O circuíto dos mestres" porque é un circuíto realmente complicado. Trátase dunha estrada pola que a diario circulan milleiros de coches, situada ao lado do porto de Mónaco e que está pechada ao tráfico cando se realiza a carreira.
Gañadores do Gran Premio de Mónaco [editar]
- As carreiras que non formaron parte do campionato de Fórmula 1 están resaltados cun fondo rosa.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]