Circuíto de Yas Marina
| Circuíto de Yas Marina | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | F1, GP2 Asia Series, V8 Supercars, Drag Racing |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´554 km |
| Curvas | 21 |
| Volta rápida (2010) | 1:39.394 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Red Bull Racing |
| Coordenadas | 24°28′02″N 54°36′11″E / 24.46722°N 54.60306°E |
| Vista do Circuíto | |
O circuíto de Yas Marina (tamén coñecido como Illa Yas) é un circuíto de carreiras que se construíu na illa do mesmo nome en Abu Dabi, Emiratos Árabes Unidos para celebrar o Gran Premio de Abu Dabi de Fórmula Un desde o ano 2009.
O circuíto de Yas Marina foi construído pola empresa Aldar, que tamén constrúe un parque temático, porto deportivo, zonas residenciais, un parque acuático, zonas de deporte e lecer, así como hoteis e resorts de praia na zona circundante. A súa vixésima curva atravesa a illa natural, pasando polo porto deportivo e un sinuoso camiño a través de dunas de area, con varias rectas longas e curvas pechadas. O circuíto ten previstas tres zonas de tribuna.
O circuíto caracterizarase por contar con novidades tecnolóxicas que serviran de referencia para outros trazados. Sen dúbida as maiores novidades serán que o pit-lane, na parte da saída de boxes a pista, cruzará a pista por baixo, para conseguir máis seguridade na incorporación dos monoplazas á pista e para aproveitar o espazo. Tamén se quere aproveitar espazo colocando as bancadas sobre as escapatorias do circuíto, achegando deste xeito a vista do circuíto aos afeccionados e aforrando espazo. Con este sistema, se algún vehículo sáese de pista, se introducira debaixo do público. Sobre os boxes hai unha tribuna, algo pouco frecuente nos circuítos de Fórmula 1. Un complexo hostaleiro con vistas ao circuíto desde as habitacións e terrazas colocarase sobre as ultímas curvas do circuíto, creando así unha especie de tunel. Tamén hai unha torre de forma cilindrica, desde a cal as vístas son fantásticas.
A pista en xeral é bastante rápida, con varios puntos de freada forte e longas rectas (algunhas curvadas). Conta cunha zona parecida á mitica curva 'Eau Rouge' do circuíto de Spa Francorchamps, cun porto para amarre de iates e cruceiros imitando Monaco, a curva máis pechada de todas está xunto ao parque temático de Ferrari, xira no sentido contrario ás agullas do reloxo -cosa común nos circuítos novos- e o seu terceiro sector, o mais lento, rodea a zona mariña.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Abu Dabi [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2012 | Lotus-Renault | 1:45:58.667 h | 5´554 km | 55 | km/h | 4. Novembro | ||
| 2011 | McLaren-Mercedes | 1:37:11,886 h | 5´554 km | 55 | 188,494 km/h | 13. Novembro | ||
| 2010 | Red Bulll-Renault | 1:39:36,837 h | 5´554 km | 55 | 183´923 km/h | 14. Novembro | ||
| 2009 | Red Bull-Renault | 1:34:03,414 h | 5´554 km | 55 | 194´863 km/h | 1. Novembro |