Kuala Lumpur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 3°08′09″N 101°41′17″E / 3.1357°N 101.688°E / 3.1357; 101.688

Kuala Lumpur
Flag of Kuala Lumpur Malaysia.svg Emblem Kuala Lumpur.png
KL Composite2.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Kuala Kumpur en Malaisia
Kuala Kumpur
Kuala Kumpur
País Flag of Malaysia.svg Malaisia
Territorio Federal Territorio Federal de Kuala Lumpur
Wilayah Persekutuan Kuala Lumpur
吉隆坡联邦直辖区
கோலாலம்பூர்
Áreas administrativas Damansara
Seputeh
Segambut
Kepong
Cidade de Kuala Lumpur
Setiawangsa
Bandar Tun Razak
Sungai Besi
Xeografía
Altitude 21.95 msnm
Superficie 243,65 km²
Poboación
Poboación 1.627.172 hab. (2010)
Densidade 6.891 hab/km²
Información
Código postal 50000 a 60000
Alcalde Ahmad Phesal Talib
Páxina web www.dbkl.gov.my

Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.

Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un acampamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.

Cifras[editar | editar a fonte]

As torres Petronas.
  • Superficie do territorio federal de KL : 243,65 km².
  • Poboación (territorio federal) : 1.800.674 (2004).
  • Poboación (área metropolitana val do Klang) : sobre 4 millóns.

Administración[editar | editar a fonte]

A cidade está administrada por un consello municipal non electo, nomeado polo goberno. Porén depende con todo da solidez da asemblea do momento.

Historia[editar | editar a fonte]

Elevada ao rango de cidade (bandar en malaio) aínda no 1897, Kuala Lumpur coñeceu desde entón un crecemento desenfreado. Foi afastada do Estado de Selangor no 1971 para convertela nun territorio federal. A nova cidade de Shah Alam substituíuna como capital do Estado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada no oeste de Malaisia, a 45 km do mar, a cidade cobre unha área metropolitana moi extensa, que desborda largamente os límites do distrito federal e engloba unha boa parte do Estado de Selangor. Tal área é chamada o val do Klang. A extensión infinda dos suburbios é compatíbel cunha rede moi densa de autoestradas e de tres liñas de metro lixeiro.

A urbanización adénsase cara ao oeste, até Klang, que serve ao conxunto do país a través do seu porto.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Kuala Lumpur é ecuatorial: a temperatura media de cada mes ronda os 26º. Chove ao longo de todo o ano, aínda que algo máis en primavera e outono; as precipitacións medias anuais son de 2.419 mm.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Os lugares máis visitados da cidade son:

  • As grutas de Batu, obxecto de peregrinación hindú, accesíbeis por medio dunha longa escaleira.
  • O palacio real (Istana negara).
  • Os exemplos de arquitectura indo-mora, como a vella estación de tren e o Edificio Sultán Abdul Samad, testemuñas da súa elegancia.
  • O Museo de civilización islámica.
  • As torres Petronas, xemelgas, que son dous rañaceos inaugurados no 1998, símbolos do desenvolvemento recente do total do país. Na súa arquitectura figuram diferentes símbolos dos compoñentes da poboación nacional: malaios tradicionais, musulmáns, e tamén chineses. Cos seus 452 metros de altura e 88 andares, estas torres eran até 2004 as máis altas do mundo. Despois, a torre Taipei 101 en Taiwan sobrepasounas.
  • A torre de telecomunicacións, pola vista panorámica que ofrece.
  • A policromía arquitectural do centro da cidade.
  • As tendas con saldos de agosto.


Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.

Panorama de Kuala Lumpur desde Cheras.


Comunicacións[editar | editar a fonte]

Kuala Lumpur está ligada a Singapur, no sur, e a Penang, no norte, por unha autoestrada que continúa cara a Hat Yai na Tailandia. Unha autoestrada leste-oeste únea coa cidade de Kuantan e os estados de Terengganu e de Pahang.

Numerosas vías férreas percorren a aglomeración, aínda que o eixo maior se axusta á peninsula malaia.

As comunicacións aéreas sérvense de tres aeroportos : Subang (voos de frete), o aeroporto internacional de Sepang (aeroporto internacional de Kuala Lumpur), e máis a terminal para baixo custo (Low Cost Carrier Terminal [1]).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kuala Lumpur

Outros artigos[editar | editar a fonte]