Circuíto Internacional de Buddh
| Circuíto Internacional Buddh | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | F1 |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´137 km |
| Curvas | 16 |
| Volta rápida | 1:27.249 |
| Piloto Record | Sebastian Vettel |
| Escudería Record | Red Bull |
| Coordenadas | 28°21′2″N 77°32′6″E / 28.35056°N 77.535°E |
| Vista do Circuíto | |
| [[Ficheiro:|300px|Vista]] | |
O Circuíto Internacional de Buddh, (en ingles Buddh International Circuit) en Greater Noida, Uttar Pradesh, India é un circuíto de carreiras de Fórmula 1 en construción, preto de Nova Deli. Será sede do Gran Premio da India de Fórmula 1 en 2011
Índice |
Deseño [editar]
O órgano reitor da Fórmula Un, a FIA, anunciou a inclusión do Gran Premio de Gran India en outubro de 2011, pero a confirmación da carreira estará suxeita a homologación do circuíto en xullo de 2011. Estímase que custará ao redor de 169 millóns de euros, espérase que estea terminado en xuño de 2011. Terá unha lonxitude de 5´14 km e un área de 354 ha. e unha capacidade de 150.000 lugares sentados, ampliables a 200.000, mais tarde.
Circuíto [editar]
O circuíto vai ser unha parte dos 10 km² da Cidade Deportiva Jaypee Greens, na que está previsto incluír un estadio de cricket o Greater Noida Cricket Stadium con 100.000 asentos, un campo de golf de 18 buratos, un estadio de hockey de 25.000 asentos e unha academia de deportes.
Espérase que un coche de Fórmula Un faga unha volta aos 5.141 m de longo do circuíto, en 1 minuto, 27.02 segundos, a unha velocidade media de 210´03 kph. Ao final da longa recta entre as curvas 3 e 4, espérase que alcancen unha velocidade máxima duns 318 kph .
Nome [editar]
Orixinalmente coñecida como "Circuíto Jaypee Group" ou "Jaypee International Race Circuit" polos propietarios do circuíto, o circuíto foi nomeado oficialmente Buddh International Circuit en abril de 2011. De acordo con Sameer Gaur, o Director Xerente e Director Executivo de Jaypee Sports Internacional, o nome derívase da palabra Buda, e representa a paz e a calma. O nome tamén é unha referencia ao distrito de Gautam Budh Nagar, no que se atopa o circuíto.
Palmarés [editar]
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Budh [editar]
| Ano | Piloto | Escudería | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2012 | Red Bull - Renault | 1:25.283 h | 5´137 km | 60 | km/h | 28. Outubro | ||
| 2011 | Red Bull - Renault | 1:30:35,002 h | 5´141 km | 60 | 204´157 km/h | 30. Outubro |