Pastor Maldonado
| Pastor Maldonado (28 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 16 |
| Escudería actual | Williams F1 |
| Escudería no 2014 | por confirmar |
| Grandes Premios disputados | 44 |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 1 |
| Podios | 1 |
| Pole positions | 1 |
| Voltas rápidas | 0 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2011 |
| Posición no 2013 | 18º (0 ptos.) |
| editar | |
Pastor Maldonado, nado en Maracay o 9 de marzo de 1985, é un piloto de carreiras venezolano que corre actualmente na Fórmula 1 co equipo Williams F1. Ten a marca de maior número de vitorias nunha mesma tempada con 6 na GP2 Series, superando a pilotos como Lewis Hamilton, Nico Rosberg, Timo Glock e Nico Hülkenberg
Índice |
Traxectoria[editar]
Inicios[editar]
Debuta no karting en 1993 pero o seu salto ao automobilismo de grandes competicións foi en Fórmula A no ano 2000 terminando undécimo no campionato mundial. En 2003 ingresa no campionato de Fórmula Renault de Italia como piloto do equipo Cram Competition quedando no sétimo posto da táboa final do campionato. Nesa tempada logrou facerse cunha pole position e chegar en tres oportunidades ao podium. No ano 2004 participou na Fómula Renault Italia novamente e na Fórmula Renault Europa, en Italia proclamaríase campión ao conseguir oito vitorias e seis pole position, mentres que no campionato europeo terminaría oitavo tras conseguir dúas vitorias.
F3000 italiana[editar]
En 2005 participa no equipo Sighinolfi Auto Racing da Fórmula 3000 italiana onde conseguiría nunha oportunidade o primeiro lugar nunha carreira terminando noveno ao final do campionato.
Renault World Series[editar]
En 2005, Maldonado ingresa nas Renault World Series co equipo DAMS, obtendo resultados regulares; pero en 2006 a súa actuación na WSR mellorou tras ser fichado polo equipo Draco Racing, obtendo o terceiro lugar do campionato dese ano.
Nese último ano estivo marcado pola controversia, xa que Maldonado puido titularse campión da WSR logo que lle fosen descontados 16 puntos, (vitoria e volta rápida) no cirtcuito de Misano-Italia, xa que o sueco Alx Danielsson terminou o campionato con 105 puntos e Maldonado con 98 puntos.
GP2 Series[editar]
Ascende á GP2 Series na tempada 2007 no equipo italiano Trident Racing participando co auto 12, obtén unha vitoria en Mónaco. Paralelamente, o piloto de Maracay disputou seis probas en Fórmula 1 para obter a Súper Licenza e esperar a súa confirmación como piloto da F1. Na tempada 2008, o venezolano firma con Piquet Sports, compartindo equipo xunto a Andreas Zuber. Maldonado conseguiu acabar nun bo 5º posto na clasificación final. Na Tempada 2009, Maldonado participou co equipo ART Grand Prix sendo compañeiro de Nico Hülkenberg, quen se alzou co campionato. Pastor acabou sexto con 36 puntos, e na 2010, pasou ás filas do Rapax Team, co que consegue o campionato cunha clara vantaxe ante o seu máis próximo seguidor o mexicano Sergio Pérez.
Fórmula 1[editar]
Pastor tivo conversacións con varios equipos da Fórmula 1. Os seus excelentes resultados e constancia na GP2 déronlle moitos números para dar o salto á máxima categoría. O 1 de decembro de 2010 confirmouse a súa participación coa escuadra Williams F1 do controvertido Frank Williams.
Maldonado substituíu ao alemán Nico Hülkenberg para o 2011 e continuará con patrocinio da petroleira estatal Petróleos de Venezuela.
Resultados Completos na Fórmula Un[editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Escudería | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2011 | AUS Ret |
MYS Ret |
CHN 18 |
TUR 17 |
ESP 15 |
MON 18† |
CAN Ret |
EUR 18 |
GBR 14 |
ALE 14 |
HUN 16 |
BEL 10 |
ITA 11 |
SIN 11 |
XPN 14 |
RCO Ret |
IND Ret |
ABU 14 |
BRA Ret |
19º | 1 | ||
| 2012 | AUS 13† |
MAL 19† |
CHN 8 |
BAH Ret |
ESP 1 |
MON Ret |
CAN 13 |
EUR 12 |
RU 16 |
ALE 15 |
HUN 13 |
BEL Ret |
ITA 11 |
SIN Ret |
XPN 8 |
COR 14 |
IND 16 |
ABU 5 |
USA 9 |
BRA Ret |
15º | 45 | |
| 2013 | AUS Ret |
MAL Ret |
CHN 14 |
BAH 11 |
ESP 14 |
MON |
CAN |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
COR |
XPN |
IND |
ABU |
USA |
BRA |
18º | 0 |
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Pastor como líder da mocidade venezolana[editar]
A partir do salto dado á F1, Pastor Maldonado consolidou aínda máis o seu liderado ante a mocidade venezolana, converténdose en exemplo a seguir por moitos deles. Tivo ocasión de facer varias aparicións públicas en televisión nacional onde afianzou ese liderado, transmitindo á mocidade mensaxes altamente positivas, motivándoos a alcanzar as metas plantexadas, sen esquecer xamais as súas orixes, e o compromiso social que deben ter para os seus connacionales.