WilliamsF1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United Kingdom.svg Williams-Renault
Logo de Williams F1
Nome completo Williams F1
Bandeira coa que compite Reino Unido Reino Unido
Base en Grove, Oxfordshire, Reino Unido
Xefe de Equipo Frank Williams
Director Técnico Flag of the United Kingdom.svg Pat Symonds
Pilotos 19. Flag of Brazil.svg Felipe Massa[1]
77. Finlandia Valtteri Bottas[1]
Pilotos de probas 40. Flag of Brazil.svg Felipe Nasr
41. Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff
Chasis FW36[2]
Motor Mercedes-Benz PU106A Hybrid [3]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Arxentina de 1978
Carreiras 622
Campionatos de Construtores 9 (1980, 1981, 1986, 1987, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997)
Campionatos de Pilotos 7 (1980, 1982, 1987, 1992, 1993, 1996, 1997)
Vitorias 114
Pole positions 128
Voltas Rápidas 132
Puntos totais
Posición no campionato 4º (135 ptos.)
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:
Non confundir con Frank Williams Racing Cars, formado por Frank Williams en 1967.

WilliamsF1 Team, coñecido anteriormente como Williams Grand Prix Engineering, é un equipo de Fórmula 1 fundado e dirixido por Sir Frank Williams e Patrick Head. Debido ós seus éxitos, é considerado un dos tres grandes equipos da Fórmula 1 xunto con Ferrari e McLaren.

Frank Williams fundou o equipo en 1977, logo de dous intentos de dirixir dous equipos anteriormente. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.

Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.

As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas temporadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte de esa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.

A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e súa morte no Gran Premio de San Mariño, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, mais non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.

A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.

Década de 2000[editar | editar a fonte]

Motores BMW[editar | editar a fonte]

Nick Heidfeld pilotando o modelo FW27 non GP de Canadá de 2005.

Na tempada de Fórmula 1 de 2000 o equipo cambiou de fornecedor de motores, que a partir de entón pasa a ser BMW. Neste ano Williams fixo unha tempada regular logrando 36 puntos e o 3° lugar no campionato de construtores.

Na tempada de Fórmula 1 de 2001 cun coche mais desenvolvido xunto cos motores BMW, o equipo quebra un xexún de 4 anos sen vitórias na F1, ca vitória de Ralf Schumacher no GP de San Mariño, logra 80 puntos e repite o 3° lugar da tempada anterior.

Nas tempadas de 2002 e 2003 conquista o subcampionato de construtores. En 2004, Patrick Head fai un proxecto revolucionário, maís o coche non se mostra competitivo e frustra as expectativas de título do equipo que polo menos cerra a tempada cunha vitoria de Juan Pablo Montoya no GP de Brasil, esa foi a última tempada da dupla Montoya e Ralf co equipo. Para a tempada de Fórmula 1 de 2005 son contratados Mark Webber e Nick Heidfeld, fan unha tempada regular, mais Williams e BMW rematan rompendo o seu contrato.

Motores Cosworth[editar | editar a fonte]

Ca rotura de Williams con BMW, na tempada de Fórmula 1 de 2006 Cosworth convertese no novo fornecedor de motores. O equipo fai unha pésima tempada logrando apenas 11 puntos e o 8° lugar no campionato de construtores. A dupla de pilotos son Mark Webber e Nico Rosberg.

Motores Toyota[editar | editar a fonte]

Nico Rosberg pilotando o FW29.

En 2007 asinan un acordo para ter os motores Toyota polo menos ata 2009. Ca asociación con Toyota, o equipo se reergueu do fracaso de 2006, formando unha nova dupla de pilotos con Alexander Wurz substituindo a Webber, que marchou para RBR, e mantendo ao alemán Nico Rosberg. O ano foi bo, acadando un pódio con Wurz, no acidentado GP de Canadá, e un total de 33 puntos e o cuarto lugar no campionato de construtores, despoís da descalificación de McLaren. No último GP do ano, o de Brasil, o xaponés Kazuki Nakajima ocupou a praza de piloto titular deixada por Wurz, que había anunciado sua retirada no Gran Premio anterior.

Williams comezou 2008 como a quinta forza da categoría, detrás de Ferrari, McLaren, BMW Sauber e Renault. O início foi prometedor, con Nico facendo un podio na estrea da tempada, e Nakajima rematando sexto. Pero na segunda carreira o equipo vai mal con Nico 12° e Nakajima 15°. Nas carreiras seguintes o equipo perdeu posicións con Renault e Toyota e ata con STR e RBR no campionato, e continuou decepcionando ao non pasar o seu mellor resultado de dous sétimos lugares e chegar na maioría das veces debaixo da décima posición. No entanto o equipo conquistou un pódio novamente con Nico 2º e Nakajima 8º no histórico primeiro Gran Premio nocturno de Singapur. Ao término da tempada, o equipo ficou na oitava posición do campionato de contrutores con 26 puntos, 17 de Nico e 9 de Nakajima.

En 2009 mantén aos pilotos Rosberg e Nakajima; e como piloto de probas ao alemán Nicolas Hülkenberg, sendo contratado o mozo angolano Ricardo Teixeira. Foi uma tempada consistente e lixeiramente mellor que 2008. Com 34´5 puntos, o equipo terminou en sétimo lugar, aínda que as boas carreiras de Rosberg se contrapuñan coas febles actuacións de Nakajima, que non acadou ningún punto.

O 20 de novembro o equipo anunciou a venda da parte minoritária do equipo a unha compañia de investimentos austríaca liderada por Toto Wolff.[4][5]

Década de 2010[editar | editar a fonte]

Para a tempada de 2010 o equipo contratou a Rubens Barrichello, de 37 anos, para pilotar o novo ccoche cun motor Cosworth, xuntamente co novato piloto alemán Nico Hülkenberg, de 22 anos, campión da GP2 en 2009 e ata entón piloto de probas. Para piloto de probas, foi confirmado o finlandes Valtteri Bottas. O equipo terminou o mundial en sexto lugar no campionato de construtores e Frank Williams chegou a afirmar que o equipo non ficou satisfeito co resultado do modelo FW32.[6]

En 2011 o equipo confirmou a Rubens Barrichello[7] e Pastor Maldonado[8] como pilotos titulares e mantivo a Valtteri Bottas como piloto de probas.[9] A tempada de 2011 foi a pior da historia de Williams, o equipo terminou o campionato detrás de todos os equipos competitivos da categoria, ficando apenas diante das pequenas escuderías HRT, Virgin e Caterham.

En xullo de de 2011, o equipo anunciou que volveria a utilizar motores Renault para a tempada de 2012.[10][11]

O 17 de xaneiro de 2012, o piloto brasileiro Bruno Senna foi anunciado como titular para a tempada 2012, sustituindo a Rubens Barrichello.[12] O equipo obtén os mellores resultados no início da tempada e volveu a conquistar unha pole position e unha vitória, co venezuelano Pastor Maldonado no Gran Premio de España, que é tamén primeira vitoria de Williams desde o Gran Premio de Brasil de 2004. Ao redor de 90 minutos logo da celebración desta vitoria, produciuse un incendio no garaxe da escudería Williams, danando o FW34 de Bruno Senna e deixando sete persoas no hospital. O equipo finalmente logrou a oitava posición no Campionato de Fórmula Uno do Mundo de Constructores.

O 28 de novembro de 2012, Maldonado foi contratado polo equipo para 2013 e estará acompañado por Bottas, promovido desde o seu papel de piloto de probas.[13]

Resultados de Williams na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Ano Nome Coche Pneu, Motor Aceite Pilotos Pilotos de probas Clasificación
2014 Williams F1 FW36 P Mercedes-Benz Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado
Finlandia Valtteri Bottas
Flag of Brazil.svg Felipe Nasr
Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff
4º lugar (135 pts)
2013 Williams F1 FW35 P Renault Total Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff 9º lugar (5 pts)
2012 Williams F1 FW34 P Renault Total Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado
Flag of Brazil.svg Bruno Senna
Finlandia Valtteri Bottas 8º lugar (76 pts)
2011 AT&T Williams FW33 P Cosworth Castrol Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado
Finlandia Valtteri Bottas 9º lugar (5 pts)
2010 AT&T Williams FW32 B Cosworth Castrol Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Alemaña Nico Hülkenberg
Finlandia Valtteri Bottas 6º lugar (69 pts)
2009 AT&T Williams Toyota FW31 B Toyota Castrol Alemaña Nico Rosberg
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Alemaña Nico Hülkenberg 6º lugar (34´5 pts)
2008 AT&T Williams Toyota FW30 B Toyota Petrobras Alemaña Nico Rosberg
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Alemaña Nico Hülkenberg 8º lugar (26 pts)
2007 AT&T Williams Toyota FW29 B Toyota Petrobras Alemaña Nico Rosberg
Austria Alexander Wurz
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Flag of India.svg Narain Karthikeyan
4º lugar (33 pts)
2006 Williams F1 FW28 B Cosworth Petrobras Australia Mark Webber
Alemaña Nico Rosberg
Austria Alexander Wurz
Flag of India.svg Narain Karthikeyan
8º lugar (11 pts)
2005 BMW Williams F1 FW27 M


BMW Petrobras Australia Mark Webber
Alemaña Nick Heidfeld

Alemaña Nico Rosberg
5° lugar (66 pts)
2004 BMW Williams F1 FW26 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
4º lugar (88 pts)
2003 BMW Williams F1 FW25 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
España Marc Gené 2º lugar (144 pts)
2002 BMW Williams F1 FW24 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
2° lugar (92 pts)
2001 BMW Williams F1 FW23 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia 3º lugar (80 pts)
2000 BMW Williams F1 FW22 B BMW Petrobras Alemaña Ralf Schumacher
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
Flag of Brazil.svg Bruno Junqueira 3° lugar (36 pts)
1999 Winfield Williams F1 FW21 B Supertec Petrobras Italia Alessandro Zanardi
Alemaña Ralf Schumacher
5° lugar (35 pts)
1998 Winfield Williams F1 FW20 B Mecachrome Castrol Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Alemaña Heinz-Harald Frentzen
Flag of Brazil.svg Max Wilson 3° lugar (38 pts)
1997 Rothmans Williams-Renault FW19 G Renault Elf
Castrol
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Alemaña Heinz-Harald Frentzen
Campión (123 pts)
1996 Rothmans Williams-Renault FW18 G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Campión (175 pts)
1995 Rothmans Williams-Renault FW17
FW17B
G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard
2º lugar (118 pts)
1994 Canon Williams Renault/Rothmans Williams-Renault FW16
FW16B
G Renault Elf Flag of Brazil.svg Ayrton Senna
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Campión (118 pts)
1993 Canon Williams Team FW15B G Renault Elf Francia Alain Prost
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Campión (168 pts)
1992 Canon Williams Team FW14B G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Campión (164 pts)
1991 Canon Williams Team FW14 G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
2º lugar (125 pts)
1990 Canon Williams Team FW14 G Renault Elf Italia Riccardo Patrese
Bélxica Thierry Boutsen
4° lugar (57 pts)
1989 Canon Williams Team FW12C G Renault Elf Italia Riccardo Patrese
Bélxica Thierry Boutsen
2° lugar (77 pts)
1988 Canon Williams Team FW12 G Judd Mobil Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle
Francia Jean-Louis Schlesser
7° lugar (20 pts)
1987 Canon Williams Team FW11B G Honda Mobil Flag of Brazil.svg Nelson Piquet
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Campión (137 pts)
1986 Canon Williams Honda FW11 G Honda Mobil Flag of Brazil.svg Nelson Piquet
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Campión (141 pts)
1985 Canon Williams Honda FW10 G Honda Mobil Finlandia Keke Rosberg
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
3° lugar (71 pts)
1984 Williams Grand Prix Engineering FW09 G Honda Mobil Finlandia Keke Rosberg
Francia Jacques Laffite
6° lugar (25´5 pts)
1983 TAG Williams Racing Team FW08C G Ford
Honda
Mobil Finlandia Keke Rosberg
Francia Jacques Laffite
Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer
4° lugar (36 pts)
1982 TAG Williams Racing Team FW07C
FW07D
FW08
G Ford Mobil Finlandia Keke Rosberg
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Italia Mario Andretti
Flag of Ireland.svg Derek Daly
4° lugar (58 pts)
1981 Albilad Williams Racing Team
TAG Williams Racing Team
FW07B
FW07C
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Campión (95 pts)
1980 Albilad Williams Racing Team FW07
FW07B
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Campión (120 pts)
1979 Albilad-Saudia Racing Team FW06
FW07
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Suíza Clay Regazzoni
2° lugar (75 pts)
1978 Williams Grand Prix Engineering FW06 G Ford Shell Australia Alan Jones 9° lugar (11 pts)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Williams F1 Team announces its 2014 driver line-up". WilliamsF1.com (Williams F1 Team). 11 November 2013. http://www.williamsf1.com/Team/Media/News/The-Williams-F1-Team-announces-its-2014-driver-line-up/. Consultado o 11 November 2013.
  2. "@WilliamsF1Team". Twitter. Twitter, Inc.. https://twitter.com/WilliamsF1Team/status/424610799802662913?screen_name=WilliamsF1Team. Consultado o 19 January 2014.
  3. "The Williams F1 Team and Mercedes-Benz announce long-term engine partnership". WilliamsF1.com (Williams F1 Team). 30 May 2013. http://www.williamsf1.com/Team/Media/News/The-Williams-F1-Team-and-Mercedes-Benz-announce-long-term-engine-partnership/. Consultado o 30 May 2013.
  4. Williams vende parte da equipe a companhia de investimentos austríaca Globoesporte.com
  5. Williams vende parte das ações Hoje em Dia
  6. Ano não agrada Williams, 6ª: "Carro não era bom" Tazio
  7. http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350
  8. http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350
  9. "Williams anuncia contratação de Bottas para piloto de teste". 2010-01-29. http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=3042.
  10. "Renault fornecerá motores para a Williams em 2012 e 2013". http://esporte.ig.com.br/automobilismo/f1/williams+volvera+a+usar+o+motor+renault+em+2012/n1597063260871.html.
  11. "Renault fornecerá motores para a Williams em 2012 e 2013". http://www.totalrace.com.br/site/noticia/2011/07/williams-retoma-parceria-com-a-renault-a-partir-de-2012.
  12. "Bruno Senna assina contrato com a Williams e fica no lugar de Rubinho". http://globoesporte.globo.com/motor/formula-1/noticia/2012/01/bruno-senna-assina-contrato-com-williams-e-fica-no-lugar-de-rubinho.html.
  13. Elizalde, Pablo (28 November 2012). "Williams confirms Valtteri Bottas and Pastor Maldonado for 2013". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/104630. Consultado o 28 November 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: WilliamsF1 Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]