Romain Grosjean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romain Grosjean (28 anos)
Romain Grosjean Bahrain.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Monopraza número 8
Escudería actual Lotus-Renault
Escudería no 2015 Lotus-Renault
Grandes Premios disputados 46
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 9
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Europa de 2009
Posición no 2014
editar

Romain Grosjean, nado o 17 de abril de 1986 en Xenebra, Suíza, é un piloto de carreiras, que ten dobre nacionalidade francesa e Suíza,[1][2] pero compite baixo unha licenza de competición francesa.[3] Foi o campion da Fórmula Tres Euroseries de 2007 e da primeira edición da GP2 Asia Series, foise á Fórmula Un en 2009. En 2011 foi o campión da GP2 Asia Series e da GP2 Series sendo o único piloto dúas veces campión da GP2 Asia e o único piloto que ten ao mesmo tempo os princincipais títulos da GP2.

En 2012, Grosjean volve como piloto titular a un coche de Fórmula Un co Lotus F1 Team. Como compañeiro de Kimi Raikkonen.[4]

Andaina[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Grosjean gañou as dez carreiras do campionato de 2003 da Swiss Formula Renault 1.6., trasladándose ao Campionato de Francia de Fórmula Renault 2.0 de 2004

Foi sétimo na primeira tempada, cunha vitoria, e campión en 2005 con dez vitorias. Grosjean tamén apareceu na Formula Renault Eurocup e terminou no podio dúas veces en Valencia.

Cos seus resultados e potencial na serie Fórmula Renault, Romain uniuse á programa de desenvolvemento de pilotos de Renault para a continuación da súa carreira.[5]

Fórmula Tres[editar | editar a fonte]

Fixo unha tempada completa na Fórmula Tres Euroseries en 2006, pero tivo un ano difícil, acadando só un podio e terminando ese ano 13º. Pero nunha irrepetible aparición no Campionato británico de Fórmula Tres saiu na pole position nas dúas carreiras en Pau, gañou as dúas e estableceu a volta rápida en ambas.

Permaneceu na F3 Euroseries en 2007, pero se achegou a ASM Formule 3 na que Jamie Green, Lewis Hamilton e Paul di Resta gañaran os tres títulos anteriores. Sébastien Buemi liderou o campionato nas primeiras carreiras, pero Grosjean adiantouno cunha vitoria na novena carreira da tempada en Mugello.[6] Mantivo a vantaxe na clasificación a partir dese punto e gañou o título na carreira final do ano.[7]

GP2 Series[editar | editar a fonte]

Grosjean correu para ART na tempada inaugural da GP2 Asia Series de 2008 xunto a Stephen Jelley, gañou o campionato a falta de dúas carreiras. Gañou o campionato con catro vitorias e sesenta puntos ba xeneral.

Quedou co equipo ART Grand Prix para a tempada 2008 da GP2 Series.[8] Os seus compañeiros de equipo foron Luca Filippi[9] e Sakon Yamamoto. Terminou a cuarto nesa tempada e logrou a distinción de ser o novato co máis alto posto no campionato.

O campión da tempada 2008 de Fórmula Tres Euroseries, Nico Hulkenberg, uniuse a Pastor Maldonado no equipo ART para o ano 2009, obrigando a Grosjean a deixar o equipo. Con todo, Renault colocouno no equipo campión en 2008, o Campos Grand Prix en 2009, agora coñecido como Barwa Addax.[10] A pesar de perderse as últimas catro carreiras, Grosjean terminou cuarto na clasificación do campionato.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Grosjean foi confirmado como piloto de probas de Renault para 2008, en substitución de Nelson Piquet Jr., quen conseguira unha praza de piloto oficial.[11] Pilotou un coche de Fórmula Un por primeira vez no Reino Unido nunha carreira da Serie World Series by Renault de 2008 en Silverstone o 7 de xuño e 8 de xuño de 2008. En 2009 seguiu no papel de piloto de probas de Renault, pero se fixo cargo do asento de Piquet no Gran Premio de Europa de 2009.[12] Terminou 15º na carreira logo dunha colisión primeira volta con Luca Badoer polo que tivo que parar para poñer un novo alerón dianteiro. Para a seguinte carreira en Bélxica quedou eliminado na primeira volta tras un choque con Jenson Button. No Gran Premio de Italia de 2009, fixo unha mala saída, danou o seu coche na primeira curva, e terminou 15º. El mesmo descríbese como "moi decepcionado" logo da carreira.

Grosjean fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Europa de 2009.

No Gran Premio de Singapur de 2009, tivo problemas de freos, o que lle obrigou a retirarse logo de só tres voltas. No Gran Premio de Xapón de 2009, terminou 16. No [[Gran Premio de Brasil, Grosjean sufriu un accidente na práctica, do que saíu ileso. Rematou 13º o seu mellor resultado da tempada. No final de tempada no Gran Premio de Abu Dabide 2009, Grosjean finalizou 18º e último. Dixo despois "que aprendera moitísimo este ano, sobre todo sendo compañeiro de equipo de Fernando". Tras o final da tempada a prensa tiña dúbidas de que Grosjean mantería o seu asento en 2010, o 31 de xaneiro de 2010 Renault F1 confirmou que o ex compañeiro de Grosjean no equipo de GP2 Addax Team, Vitaly Petrov sería o segundo piloto do equipo xunto a Robert Kubica para a tempada 2010 deixando a Grosjean sen unha unidade de Fórmula Un para 2010. Grosjean substituiu a Nick Heidfeld, quen deixou o seu posto de piloto de probas para ocupar un posto de carreira en Sauber.[13]

Deportivos[editar | editar a fonte]

Logo de deixar a Fórmula Un, Grosjean involucrouse nas carreiras de autos deportivos. En marzo de 2010, Grosjean conseguiu un posto na primeira edición do Campionato do Mundo FIA GT1, pilotando un Ford GT do equipo Matech Competition xunto ao piloto Alemán Thomas Mutsch.[14] A parella gañou o a carreira de apertura do campionato da tempada en Abu Dhabi e sumou unha segunda vitoria en Brno, en maio para liderar a clasificación logo das tres primeiras carreiras da tempada.[15]

En xuño de 2010, Grosjean fixo o seu debut na famosa carreira de resistencia das 24 Horas de Le Mans de 2010, compartía un Ford GT1 con Mutsch e Jonathan Hirschi. Logo de clasificarse terceiros na clase LMGT1, víronse obrigados a retirarse da carreira logo de 171 voltas.[16]

Auto GP[editar | editar a fonte]

En xuño de 2010, Grosjean regresou aos monoplazas de carreiras co equipo DAMS na terceira carreira da tempada 2010 de GP Auto en Spa -Francorchamps.[17] Gañou catro carreiras cas que gañou o título con 16 puntos de vantaxe sobre o segundo piloto Edoardo Piscopo.

Volta á GP2[editar | editar a fonte]

O 20 de xullo de 2010, Grosjean anunciou que ía volver á GP2 co equipo DAMS.

Grosjean gañou o 2011 GP2 Asia Series e GP2 Series campionatos no seu tempo completo volver á categoría.

Na tempada 2011 Grosjean volveu á GP2 a tempo completo co equipo DAMS, participando nas dúas competicións, a GP2 Series e a a GP2 Asia Series.[18] Gañando ambos campionatos.

Volta á F1[editar | editar a fonte]

Ao comezo da tempada de Fórmula Un 2011, Grosjean volveu á nova marca do equipo Lotus Renault GP como un dos cinco pilotos de probas, xunto con Bruno Senna, Ho -Pin Tung, Jan Charouz e Fairuz Fauzy. Lotus Renault tiña previsto correr con Robert Kubica e Vitaly Petrov ao longo de 2011, pero Kubica tivo un accidente e foi incapaz de pilotar durante o ano 2011. Nick Heidfeld substituiu a Kubica nas primeiras 11 carreiras antes de ser substituído polo propio Senna desde o Gran Premio de Bélxica en diante. A finais de outubro de 2011, Lotus Renault anunciou que levaría a Grosjean na sesión de adestramentos libres do venres ao Gran Premio de Abu Dabi (en substitución de Senna) e o Gran Premio de Brasil (en substitución de Petrov).

O 9 de decembro de 2011, anunciouse que faría o seu regreso á Fórmula 1 en 2012, tendo o asento oficial no recentemente renombrado Lotus F1 Team (anteriormente Renault, o equipo co que competiu Grosjean en 2009). Será o compañeiro do campión da tempada 2007 Kimi Raikkonen.

A vida persoal[editar | editar a fonte]

Grosjean compaxinou ser un piloto de carreiras co traballo nun banco na súa cidade natal Xenebra.[19]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2009 ING Renault F1 Team Renault R29 Renault RS27 2.4 V8 AUS MAL CHN BHR ESP MON TUR RU ALE HUN EUR
15
BEL
Ret
ITA
15
23º 0
Renault F1 Team SIN
Ret
XPN
16
BRA
13
ABU
18
2011 Lotus Renault GP Renault R31 Renault RS27 2.4 V8 AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU
PP
BRA
PP
NC -
2012 Lotus F1 Team Lotus E20 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS
Ret
MAL
Ret
CHN
6
BAH
3
ESP
4
MON
Ret
CAN
2
EUR
Ret
RU
6
ALE
18
HUN
3
BEL
Ret
ITA
SIN
7
XPN
19†
COR
7
IND
9
ABU
Ret
USA
7
BRA
Ret
8 96
2013 Lotus F1 Team Lotus E21 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS
10
MAL
6
CHN
9
BAH
3
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
13
RU
19†
ALE
3
HUN
6
BEL
8
ITA
8
SIN
Ret
COR
3
XPN
3
IND
3
ABU
4
USA
2
BRA
Ret
132
2014 Lotus F1 Team Lotus E22 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
Ret
MAL
BAH
CHN
ESP
MON
CAN
AUT
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
BRA
ABU
0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domenjoz, Luc (2008-07-06). "Romain Grosjean en route vers la F1" (en French). Le Matin.ch. Edipresse Publications SA. http://archives.lematin.ch/LM/LMD/4sports/article-2008-07-177/ce-romain-est-un-helvete. Consultado o 2009-08-09. "Fin 2005, bien aidé par sa licence française de pilote (il bénéficie de la double nationalité, par sa mère française), le Genevois signe un contrat avec le RDD, le Renault Driver Development (At the end of 2005, helped by his French racing license (he benefits from dual nationality thanks to his French mother), the Genevan signed a contract with RDD, Renault Driver Development)" 
  2. "Meet the rookies: Romain Grosjean". F1Fanatic.co.uk. 2007. http://www.f1fanatic.co.uk/2007/08/14/meet-the-rookies-romain-grosjean/. Consultado o 2007-08-14. 
  3. Noble, Jonathan (2009-08-18). "10 facts about Romain Grosjean". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/77761. Consultado o 2009-08-18. 
  4. "Romain Grosjean joins Kimi Raikkonen at Lotus Renault for 2012". Autosport.com (Haymarket Publications). 9 December 2010. http://www.autosport.com/news/report.php/id/96698. Consultado o 9 July 2011. 
  5. "Romain ID". Romain-Grosjean.com. 2006. http://www.romain-grosjean.com/-Lifestyle-.html. Consultado o 2009-08-05. 
  6. "F3 Euro Mugello 1: Grosjean moves ahead". MaximumMotorsport.co.uk. 2007. Arquivado do orixinal o 2007-12-03. http://web.archive.org/web/20071203061213/http://www.maximummotorsport.co.uk/2007/07/14/f3-euro-mugello-1-grosjean-moves-ahead/. Consultado o 2007-08-14. 
  7. Bradley, Charles. Grosjean takes title autosport.com, 2007-10-13. Retrieved 2007-10-13.
  8. "Grosjean to race for ART in 2008". autosport.com. 2007-12-11. http://www.autosport.com/news/report.php/id/64346. Consultado o 2007-12-11. 
  9. "Filippi confirmed at ART for 2008". autosport.com. 2007-12-17. http://www.autosport.com/news/report.php/id/64420. Consultado o 2007-12-17. 
  10. "Maldonado signs for ART". crash.net. http://www.crash.net/motorsport/gp2/news/171636-1/maldonado_signs_for_art.html. 
  11. "Alonso, Piquet, Grosjean with Renault...". uk.eurosport.yahoo.com. 2007-12-10. Arquivado do orixinal o 2007-12-15. http://web.archive.org/web/20071215140209/http://uk.eurosport.yahoo.com/10122007/13/alonso-piquet-grosjean-renault.html. Consultado o 2007-12-10. 
  12. English, Steven (2009-08-18). "Renault confirms Grosjean in, Piquet out". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/77740. Consultado o 2009-08-18. 
  13. Autosport. http://www.autosport.com/news/report.php/id/86719. 
  14. Beer, Matt (2010-03-26). "Grosjean makes World GT1 move". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/82401. Consultado o 2010-06-29. 
  15. "Grosjean-Mutsch top driver standings". gt1world.com (FIA GT1 World Championship). 2010-05-23. http://www.gt1world.com/news/article/brno-cahmpionship-race-. Consultado o 2010-06-29. 
  16. "Le Mans 24 Hours – Race result". crash.net (Crash Media Group). 2010-06-13. http://www.crash.net/le+mans/results/160636/1/le_mans_24_hours__race_result.html. Consultado o 2010-06-29. 
  17. "Grosjean on the Auto GP grid with DAMS". autogp.org (Auto GP). 2010-06-22. http://www.autogp.org/en/news.php?id=0159. Consultado o 2010-06-29. 
  18. "Grosjean and Varhaug in DAMS' colours". http://gp2series.com (GP2 Series). 2011-01-25. http://gp2series.com/News-Room/News/2011/01_Jan/Grosjean-and-Varhaug-in-DAMS-colours/. Consultado o 2011-05-23. 
  19. "Grosjean not willing to give up bank job". GPUpdate.net. 26 August 2009. http://www.gpupdate.net/en/f1-news/218254/grosjean-not-willing-to-give-up-bank-job/. Consultado o 31 January 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Romain Grosjean Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]