Jean-Eric Vergne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Éric Vergne (24 anos)
Jean-Eric Vergne.JPG
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Monopraza número 25
Escudería actual Toro Rosso
Escudería no 2015 Por anunciar
Grandes Premios disputados 48
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2012
Posición no 2014 13º (9 ptos.)
editar

Jean-Éric Vergne, nado o 25 de abril de 1990 en Pontoise, é un piloto de carreiras profesional francés. Foi o campión da tempada de Fórmula Tres Británica de 2010. En 2013 correrá en Fórmula Un con Toro Rosso.

Carreira[editar | editar a fonte]

Karting[editar | editar a fonte]

Vergne comezou a súa carreira no karting en 2001, e tres anos máis tarde converteuse en subcampión no Campionato de Francia de Rotax Max. En 2005, terminou como subcampión no Campionato de Europa clase ICA, por detrás de James Calado,[1] o punto culminante da súa carreira no karting lógrouno ao ano seguinte cando terminou sétimo no primeiro KF1 Campionato do Mundo de KF1, celebrado en Angerville cerca París.[2]

Fórmula Renault 1.6 e 2.0[editar | editar a fonte]

En 2007, Vergne pasouse aos monoprazas de carreiras, competindo na Fórmula Renault Campus de Francia que gañou comodamente no primeiro intento, acadando dez podios en trece carreiras. Vergne converteuse en membro do famoso Red Bull Junior Team e da Federación Francesa de Automóbiles Deportivos. (FFSA), á conclusión da tempada 2007.[3]

Na seguinte tempada o 2008, Vergne competiu tanto na Eurocup Formula Renault 2.0 como na Formula Renault 2.0 West European Cup competindo co equipo SG Formula. Terminou sexto na clasificación da Eurocopa, puntuando en nove das catorce carreiras, incluíndo un podio na última carreira da tempada en Barcelona.[4] In the West European Cup, he took fourth place in the championship, scoring three podium places.[5]

En ambas series, foi o mellor piloto novato, e, ademais, tamén gañou o título frances de Fórmula Renault 2.0, que foi outorgado á mellor piloto francés na clasificación da Formula Renault 2.0 West European Cup.[6]

Na tempada 2009 da Fórmula Renault, Vergne seguiu nos dous campionatos co equipo "SG Formula". Terminou segundo detrás do piloto español Albert Costa na Eurocup, e tamén terminou segundo detrás de Costa no WEC.

Fórmula Tres[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010 Vergne pasou ao Campionato británico de Fórmula Tres, pilotando para o equipo varias veces campión Carlin.[7] Acadou 12 vitorias nas primeiras 24 carreiras, incluíndo tres vitorias de tres en Spa-Francorchamps. Isto foi suficiente para darlle o título a seis carreiras do fin da tempada. Foi o terceiro ano consecutivo que un piloto de Red Bull Junior Team gañaba o título con Carlin, despoís de Jaime Alguersuari en 2008 e Daniel Ricciardo en 2009.[8]

GP3 Series[editar | editar a fonte]

En maio de 2010, Vergne fichou por Tech 1 Racing para disputar a apertura da GP3 Series en Barcelona.[9] Foi substituído polo seu compatriota Jim Pla para a seguinte carreira en Turquía por coincidir coas datas da carreira da Fórmula Tres Británica en Hockenheim, pero regresou ao equipo para a seguinte carreira en Valencia.[10] Con todo, a principios de xullo anunciouse que Daniel Juncadella tomaría o asento de Vergne no equipo polo resto da tempada.[11]

Formula Renault 3.5 Series[editar | editar a fonte]

Vergne na Fórmula Renault 3.5 Series no Circuíto de Spa-Francorchamps en 2011



Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Vergne tivo a súa primeira aparición nun coche de Fórmula Un no Goodwood Festival of Speed en xullo de 2010, pilotando un Red Bull RB5. En setembro de 2010, pilotou un Toro Rosso como piloto de probas no Circuíto de Yas Marina en novembro.

O 14 de decembro de 2011, confirmouse oficialmente que se Vergne correra para Toro Rosso na tempada de Fórmula Un de 2012. Xunto ao seu compañeiro membro de Red Bull Junior Team, Daniel Ricciardo.

Historial[editar | editar a fonte]

Resumo[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/Rápida Podiums Puntos Posición
2007 Formula Campus Renault Formule Campus 13 6 5  ? 10 189
2008 Formula Renault 2.0 Eurocup SG Formula 14 0 0 0 1 58 6th
Formula Renault 2.0 WEC 15 0 0 0 3 95 4th
2009 Formula Renault 2.0 Eurocup SG Formula 14 4 5 2 9 128
Formula Renault 2.0 WEC 14 3 2 0 10 143
2010 British Formula Three Championship Carlin 30 13 11 13 20 392
Masters of Formula 3 1 0 0 1 0 N/A
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A
GP3 Series Tech 1 Racing 4 0 0 0 0 9 17º
Formula Renault 3.5 Series 6 1 0 0 4 53
2011 Formula Renault 3.5 Series Carlin 17 5 4 1 9 232
Fórmula 1 Toro Rosso Piloto de probas
2012 Formula 1 Scuderia Toro Rosso 20 0 0 0 0 16 17º
2013 Formula 1 Scuderia Toro Rosso 19 0 0 0 0 13 15º

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2014 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR9 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
8
MAL
Ret
BAH
Ret
CHN
12
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
8
AUT
Ret
RU
10
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
BRA
ABU
13º* 9*
2013 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR8 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
12
MAL
10
CHN
12
BAH
Ret
ESP
Ret
MON
8
CAN
6
RU
Ret
ALE
Ret
HUN
12
BEL
12
ITA
Ret
SIN
14
COR
18†
XPN
12
IND
13
ABU
17
USA
16
BRA
15
15º 13
2012 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR7 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
11
MAL
8
CHN
16
TUR
14
ESP
12
MON
12
CAN
15
EUR
Ret
RU
14
ALE
14
HUN
16
BEL
8
ITA
Ret
SIN
Ret
XPN
13
COR
8
IND
15
ABU
12
USA
Ret
BRA
8
17º 16
2011 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR
PP
IND ABU
PP
BRA
PP
NC 0

* Tempada en curso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "European Championship – ICA 2005". driverdb.com (Driver Database). http://www.driverdb.com/standings/228-2005/. Consultado o 13 July 2011.
  2. "World Championship Formula A 2006". driverdb.com (Driver Database). http://www.driverdb.com/standings/105-2006/. Consultado o 13 July 2011.
  3. "Jean-Eric Vergne joins the Red Bull Junior Team" (PDF). ffsa.org (Fédération Française du Sport Automobile). 23 November 2007. http://www.ffsa.org/pdf/news/16233.pdf. Consultado o 22 September 2009.
  4. "Formula Renault 2.0 Eurocup 2008". driverdb.com (Driver Database). http://www.driverdb.com/standings/129-2008/. Consultado o 22 September 2009.
  5. "Formula Renault 2.0 WEC 2008". driverdb.com (Driver Database). http://www.driverdb.com/standings/1592-2008/. Consultado o 22 September 2009.
  6. "WEC: Series Barcelona and championship summary". motorsport.com (Motorsport.com, Inc.). 20 October 2008. http://www.motorsport.com/news/article.asp?ID=312148&FS=FRENAULT. Consultado o 22 September 2009.
  7. O'Leary, Jamie (18 November 2009). "Vergne to race in Britain with Carlin". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/80200. Consultado o 18 November 2009.
  8. "Vergne 2010 British F3 champion". carlin.co.uk (Carlin). 15 August 2010. http://www.carlin.co.uk/news/Vergne-2010-British-F3-champion.htm. Consultado o 4 November 2010.
  9. "Barcelona Official Driver List". gp3series.com (GP3 Series). 5 May 2010. http://www.gp3series.com/news/2010-march/Barcelona-Official-Driver-List/. Consultado o 8 July 2010.
  10. "GP3 Series – Valencia Round 3 Preview". gp3series.com (GP3 Series). 24 June 2010. http://www.gp3series.com/news/2010-Valencia/GP3-Series-Valencia-Round-3-Preview-/. Consultado o 8 July 2010.
  11. Elizalde, Pablo (6 July 2010). "Juncadella returns to GP3 with Tech 1". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/85027. Consultado o 8 July 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]