Scuderia Ferrari

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ferrari
Kimi Raikkonen al Gran Premio del Canada 2008
Nome completo Scuderia Ferrari Malboro
Bandeira coa que compite Flag of Italy.svg
Base en Maranello, Italia
Xefe de Equipo Stefano Dominicali
Director Técnico Aldo Costa
Pilotos 3. Flag of Brazil.svg Felipe Massa
4. Flag of Finland.svg Kimi Räikkönen
Pilotos de probas 32. Flag of Italy.svg Luca Badoer
Flag of Spain.svg Marc Gené
Chasis Ferrari F60
Motor Ferrari Type 056
Pneumáticos Bridgestone B
Debut Gran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras 778
Campionatos de Construtores 16 (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982, 1983, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008)
Campionatos de Pilotos 15 (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007)
Vitorias 209
Pole positions 203
Voltas Rápidas 218
Puntos totais
Clasificación en 2008 1º (172 puntos)


Ferrari é unha escudería de orixe italiana, máis concretamente fundada en San Mariño. Comezou na Fórmula 1 en 1950. Leva ás súas costas 16 títulos de construtores e 15 de pilotos. Todos eles conseguidos nas 209 vitorias en 778 GP disputados. Os seus pilotos son Kimi Raikkonen e Felipe Massa, que están baixo a supervisión de Aldo Costa, o xefe de equipo de Ferrari.


[editar] HISTORIA

1929-1946

O fundador de Ferrari, Enzo Ferrari, xamais pensou producir coches deportivos cando formou a Scudería Ferrari no 1929 para patrocinar a pilotos afeccionados de Módena. Ferrari adestrou a varios pilotos e competiu con éxito con coches Alfa Romeo ata 1938, cando foi contratado oficialmente por Alfa como xefe do seu departamento de carreiras. Cando en 1940 coñeceu os plans de Alfa para absorber a sua Scuderia, e controlar o seu traballo na competición, abandonou Alfa. Como tiña prohibido, por contrato, competir durante varios anos, a Scudería convertiuse en Auto Avio Costruzioni Ferrari, que aparentemente fabricaba maquinaria e accesorios para avións. Ferrari fabricou un coche de carreiras, o tipo 815, neste periodo no que non podía competir, de feito foi o primeiro coche real de Ferrari, pero debido a Segunda Guerra Mundial correu moi pouco. No 1943 a fábrica Ferrari trasladouse a Maranello, onde permanece dende entón. Foi bombardeada no 1944 e reconstruida no 1946 para producir coches de rúa.

1946-actualidade

O primeiro coche deportivo de Ferrari ó 125 S de 1947. tiña un motor V12 de 1.5 litros. Ainda que non moi convencido, Enzo construía e vendía os seus automobiles para financiar a Scudería. Mentres os seus fermosos e incriblemente rápidos coches gañábanse rapidamente unha reputación grazas a súa calidade. Enzo mantivo unha coñecida aversión polos seus clientes, pois sentía que mercaban os seus coches polo prestixio, e non polas suas prestacións.

Nos anos ´70 o Gruppo Fiat entrou a formar parte do Consello de Administración. Actualmente os principais accionistas son: Fiat co 56%, a familia Ferrari co 10%, o Commerzbank co8.5%, Mediobanca 11.7%, Banca Popolare dell´Emilia 1.3%, Mubadala di Abu Dabi 5% y ABN Ambro 7.7%

Os coches deportivos Ferrari, son coñecidos polo seu exquisito estilo. elaborado por casas de deseño como Pininfarina, Scaglietti, Bertone ou Vignale.

COMPETICIÓN

A vedadeira paixón de Enzo Ferrari, foi sempre a competición automobilistica. A sua Scuderia comezou como patrocinadora independente para pilotos en diversos coches, pronto convertiuse no equipo da casa Alfa Romeo. Enzo Ferrari, despois da sua marcha de Alfa comezou a deseñar e fabricar os seus propios coches; o equipo Ferrari apareceu por primeira vez nun grande premio europeo despois de rematada a Segunda Guerra Mundial.

A Scuderia participou no Campionato do Mundo de Fórmula 1 no seu primeiro ano de existencia 1950. O arxentino José Froilán Gonzalez deulle ó equipo a sua primeira vitoria no British Grand Prix de 1951. O italiano Alberto Ascari deulle a Ferrari o seu primeiro mundial World Championship un ano despois. Ferrari é o equipo mais antigo do campionato, o mais galardoado: ata 2007 o equipo gañou 15 títulos mundiais para pilotos (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2007), un record de 16 campionatos do mundo para constuctores (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982, 1983, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008), unha marca de 209 vitorias de Grand Prix, (en abril de 2009).

O "CAVALLINO RAMPANTE"

O famoso símbolo de Ferrari é un cabalo negro en pe sobre fondo amarelo, normalmente cas letras SF de Scuderia Ferrari.

Michael Schumacher conducindo o F2004

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais