Melbourne Grand Prix Circuit
| Melbourne Grand Prix Circuit | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | Fórmula 1, F3, V8 Supercars, Fórmula Ford |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´303 km. |
| Curvas | 16 |
| Volta rápida (2010) | 1:23.919 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Red Bull |
| Coordenadas | 37°50′59″S 144°58′6″E / 37.84972°S 144.96833°E |
| Vista do Circuíto | |
O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.
Índice |
Deseño [editar]
O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.
Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender fácilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que conta con poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.
Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peatonais, tribunas e demais infraestructuras montanse ao redor dun mes antes do fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante o fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual.
O Grand Prix continuará polo menos ata 2015 logo de conseguir un novo contrato con 'Formula One Management'.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Melbourne [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1996 | Williams-Renault | 1:32:50,491 h | 5´302 km | 58 | 198´736 km/h | 10. Marzo | ||
| 1997 | McLaren-Mercedes | 1:30:28,718 h | 5´302 km | 58 | 203´926 km/h | 9. Marzo | ||
| 1998 | McLaren-Mercedes | 1:31:45,996 h | 5,303 km | ´8 | 201´102 km/h | 8. Marzo | ||
| 1999 | Ferrari | 1:35:01,659 h | 5´303 km | 57 | 190´852 km/h | 7. Marzo | ||
| 2000 | Ferrari | 1:34:01,987 h | 5´303 km | 58 | 196´255 km/h | 12. Marzo | ||
| 2001 | Ferrari | 1:38:26,533 h | 5´303 km | 58 | 187´465 km/h | 4. Marzo | ||
| 2002 | Ferrari | 1:35:36,792 h | 5´303 km | 58 | 193´011 km/h | 3. Marzo | ||
| 2003 | McLaren-Mercedes | 1:34:42,124 h | 5´303 km | 58 | 194´868 km/h | 9. Marzo | ||
| 2004 | Ferrari | 1:24:15,757 h | 5´303 km | 58 | 219´011 km/h | 7. Marzo | ||
| 2005 | Renault | 1:24:17,336 h | 5´303 km | 57 | 215´168 km/h | 6. Marzo | ||
| 2006 | Renault | 1:34:27,870 h | 5´303 km | 57 | 191´990 km/h | 2. Abril | ||
| 2007 | Ferrari | 1:25:28,770 h | 5´303 km | 58 | 215´893 km/h | 18. Marzo | ||
| 2008 | McLaren-Mercedes | 1:34:50,616 h | 5´303 km | 58 | 194´578 km/h | 16. Marzo | ||
| 2009 | Brawn GP-Mercedes | 1:34:15.784 h | 5´303 km | 58 | 195´776 km/h | 29. Marzo | ||
| 2010 | McLaren-Mercedes | 1:33:36.531 h | 5´303 km | 58 | 197´144 km/h | 28. Marzo | ||
| 2011 | Red Bull Racing | 1:29:30.259 h | 5´303 km | 58 | 206´184 km/h | 27. Marzo | ||
| 2012 | McLaren-Mercedes | 1:34:09.565 h | 5´303 km | 58 | 195´991 km/h | 18. Marzo | ||
| 2013 | Lotus Renault | 5´303 km | 58 | 17. Marzo |
Record: M.Schumacher (4 veces)