Vitantonio Liuzzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitantonio Liuzzi
Vitantonio Liuzzi 2010 Malaysia.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italiano
Monopraza número 23
Escudería actual Hispania
Escudería no 2015 Hispania
Grandes Premios disputados 81 (80 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de San Marino de 2005
Primeira vitoria -
Posición no 2014
editar

Vitantonio "Tonio" Liuzzi (Locorotondo (Italia), 6 de Agosto do 1981) é un piloto automobilístico italiano, campión de Formula 3000 no 2004 e actualmente presente en Formula 1 coa escudería Force India.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2005 correu para a escudería Red Bull Racing en F1, alternándose no volante con Christian Klien, correndo no Gran Premio de San Marino e atinxindo unha oitava posición, o que lle daba dereito a 1 punto para o mundial de pilotos. Nas restantes carreiras, Liuzzi foi piloto probador, xa que pola presión dun patrocinador austríaco do equipo, Klien disputou moitos máis premios dos previemente pactados.

Despois da adquisición por parte de Red Bull de parte da antiga Minardi, Liuzzi é traspasado á renomeada Scuderia Toro Rosso da cal é piloto oficial no ano 2006 e para a cal consegue o primeiro punto mundial cun 8° posto no Grande Premio dos Estados Unidos.

Na tempada 2007 non tivo moita fortuna e retirouse moitas veces debido á pouca fiabilidade do seu bólido. Porén, no GP da China en Shanghai alcanzou o 6°posto e conquistou os primeiros puntos da tempada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]