Daniel Ricciardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Ricciardo (25 anos)
Ricciardo Daniel.JPG
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Australia Australia
Monopraza número 3
Escudería actual Red Bull
Escudería no 2015
Grandes Premios disputados 69
Campionatos 0
Vitorias 3
Podios 8
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro Grand Prix Gran Premio do Reino Unido de 2011
Primeira vitoria Gran Premio de Canadá de 2014
Posición no 2014 3º (238 ptos.)
editar

Daniel Ricciardo (nado o 1 de xullo de 1989 en Perth, Australia Occidental) é un piloto de carreiras Australiano que actualmente compite na Formula 1 con Red Bull..[1] El gañou o Campionato británico de Fórmula Tres de 2009. Será o compañeiro do actual campión do mundo Sebastian Vettel.

Andaina[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Ricciardo comezou no karting á idade de nove anos. En 2005, participou no campionato de Fórmula Ford de Australia Occidental cun coche Van Diemen, terminando oitavo na clasificación.[2] Ao final da tempada Ricciardo participou nunha carreira en Sandown Raceway do campionato nacional da Fórmula Ford, pero obtendo resultados pouco interesantes debido a antigüidade do coche.[3] Ao ano seguinte gañou a oportunidade de participar na Fórmula BMW Asia con Eurasia Motorsport. Obtén dúas vitorias, ámbalas dúas no circuíto Bira, e tamén marca a pole position no circuíto de Zhuhai. Rematou terceiro na clasificación final con 231 puntos, 59 menos que o primeiro, Earl Bamber.

En agosto dese ano tomou parte, grazas a Motaworld Racing, nunha carreira do Campionato de Fórmula BMW. Na primeira carreira retírase, mentres que na segunda carreira chegou oitavo. Ao final da tempada participará nas Finais da Formúla BMW World con Fortec Motorsport onde termina quinto a 14 segundos do gañador Christian Vietoris.

Fórmula Renault[editar | editar a fonte]

No 2007 o Australiano pasa á Fórmula Renault con RP Motorsport que participa tanto no Campionato de Europa como no campionato italiano. Terminou sexto no campionato italiano con 196 puntos e conseguiu un podio na carreira de Valencia, pero non sumou puntos en catro carreiras da tempada do campionato europeo.

Continuou na fórmula Renault en 2008, competindo tanto na serie europea como na do oeste de Europa. A final de ano, o novo piloto conseguiu o seu primeiro título europeo na Copa de Europa occidental e terminou segundo na Eurocup tras o finlandés Valtteri Bottas.

Fórmula 3[editar | editar a fonte]

A mediados de 2008 Ricciardo debuta na Fórmula 3 nunha carreira celebrada en Nürburgring, co equipo SG Formula Fórmula 3 Euroseries, conseguindo un oitavo posto na cualificación e un sexto posto na carreira logo de problemas técnicos de James Jakes e Vietoris.[4]

Ricciardo pasa ao Campionato británico de Fórmula 3 de 2009 con Carlin Motorsport.[5] Gaña o campionato, o último australiano que o gañara foi David Brabham en 1989. Do mesmo xeito que o seu predecesor, pilotou un automóbil propulsado por Volkswagen. Gañou con 87 puntos de marxe sobre Walter Grubmüller.

Ricciardo, sempre co equipo Carlin, participou no Gran Premio de Macao.[6] Ricciardo é segundo máis rápido (e o novato máis rápido) por detras de Marcus Ericsson na primeira cualificación, a continuación, é quinto na segunda rolda para determinar a grella da clasificación. Logo dun sexto lugar na carreira de cualificación Ricciardo viuse obrigado a retirarse logo de chocar contra o muro na curva San Francisco. Continua cunha picada antes de golpear a curva Esses Solitarias, causando un gran accidente ao bloquear o circuíto o que eliminou outros sete competidores.

World Series by Renault[editar | editar a fonte]

Debuta nas World Series by Renault en 2009 con Charles Pic como compañeiro no Tech 1 Racing na carreira celebrada no Autódromo Internacional do Algarve. Retirouse na primeira carreira e chegou 15º na 2ª carreira.

O 30 de outubro de 2009 firma co equipo Tech 1 para competir na World Series by Renault de 2010. O seu compañeiro de equipo é Brendon Hartley ata que é substituido despois da carreira de Hungaroring.[7] Esa tempada logra terminar subcampión a 2 puntos do campionato absoluto. Para a tempada seguinte repite na competición, alternándo o seu asento na F1, no entanto logra terminar 5º no campionato a pesar de non disputar 4 carreiras polo motivo anterior.

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Ricciardo fai o seu debut cun monopraza de F1 logo de ser seleccionado para o programa de novos pilotos de Red Bull Racing nun test que se celebrou en Xerez do 1 ao 3 decembro de 2009.[8] No último día marcou o mellor tempo, foi o único que rodou nun 1:17.[9]

Posteriormente, Ricciardo (xunto con Hartley) é designado como piloto de probas do equipo austríaco e da Scuderia Toro Rosso para a tempada de 2010,[10] participando nos adestramentos libres do venres.

HRT (2011)[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2011, confírmase a súa fichaxe como piloto oficial de Hispania polo resto da tempada, substituíndo a Narain Karthikeyan.[11]

Toro Rosso (2012-2013)[editar | editar a fonte]

Ricciardo pilotando un Toro Rosso no Gran Premio de Malaisia de 2012.

O 14 de decembro de 2011, confirmouse que Ricciardo podería pilotar un Scuderia Touro Rosso para a tempada 2012, xunto co francés Jean-Eric Vergne.[12]

No Gran Premio de Australia de 2012 o 18 de marzo de 2012, Ricciardo logrou superar ao seu compañeiro de equipo Vergne na última volta para chegar á meta no noveno lugar, acadando os seus dous primeiros puntos no Campionato do Mundo.

En condicións de mollado en Malasia terminou 12º, logo de ser dos primeiros en cambiar a neumáticos lisos. En Bahrain clasificouse sexto, pero deixouse caer durante a carreira e terminou 15º. No Gran Premio de Mónaco de 2012 sufriu a súa única retirada da tempada, logo de saír desde a 15ª posición.

O 31 de outubro de 2012, Toro Rosso anunciou a renovación do contrato de Ricciardo para a tempada 2013.[13]

Red Bull (2014 - )[editar | editar a fonte]

O 02 de setembro de 2013 Ricciardo revelouse como o sustituto de Mark Webber en Red Bull, será o compañeiro de Sebastian Vettel, que é o actual campión do mundo.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2011 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
PP
MAL
PP
CHN
PP
TUR
PP
ESP
PP
MON
PP
CAN
PP
EUR
PP
27º 0
Hispania Racing F1 Team Hispania F111 Cosworth CA2011 V8 RU
19
ALE
19
HUN
18
BEL
Ret
ITA
NC
SIN
19
XPN
22
COR
19
IND
18
ABU
Ret
BRA
20
2012 Scuderia Toro Rosso STR7 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
9
MAL
12
CHN
17
BAH
15
ESP
13
MON
Ret
CAN
14
EUR
11
RU
13
ALE
13
HUN
15
BEL
9
ITA
12
SIN
9
XPN
10
COR
9
IND
13
ABU
10
USA
12
BRA
13
18º 10
2013 Scuderia Toro Rosso STR8 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
Ret
MAL
18†
CHN
7
BAH
16
ESP
10
MON
Ret
CAN
15
RU
8
ALE
12
HUN
13
BEL
10
ITA
7
SIN
Ret
COR
19†
XPN
13
IND
10
ABU
16
USA
11
BRA
10
14º 20
2014 Infiniti Red Bull Racing Red Bull RB10 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
DSC
MAL
Ret
BAH
4
CHN
4
ESP
3
MON
3
CAN
1
AUT
8
RU
3
ALE
6
HUN
1
BEL
1
ITA
5
SIN
3
XPN
4
RUS
7
USA
3
BRA
Ret
ABU
4
238
2015 Infiniti Red Bull Racing Red Bull Renault AUS
MAL
BAH
CHN
ESP
MON
CAN
AUT
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
MEX
BRA
ABU

* Tempada en curso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "F1: Australian Daniel Ricciardo named as successor to Mark Webber driving for team Red Bull in 2014". Australian Broadcasting Corporation. http://www.abc.net.au/news/2013-09-03/ricciardo-named-as-webbers-successor-at-red-bull/4930616. Consultado o 2013-09-03.
  2. "2005 Western Australian Formula Ford Championship Final Pointscore". formulaford1600.com.au. http://www.formulaford1600.com.au/ARCHIVES/State/wa/2005wa.htm. Consultado o 30-01-2010.
  3. "Betta Electrical Sandown 500 - Rd 9 2005 V8 Supercar Series Sandown International Motor Raceway 2005 Australian Formula Ford Championship Qualifying". National Software. http://www.natsoft.com.au/cgi-bin/results.cgi?11/09/2005.SAN.Q1. Consultado o 30-01-2010.
  4. Hülkenberg is 'Ring Leader. July.
  5. "Carlin confirms Red Bull duo". http://www.crash.net/f3/News/32333/1/carlin_confirms_red_bull_duo.html. Consultado o 03-02-2009.
  6. "West Australian Daniel Ricciardo expected to make major moves pre-Christmas". http://www.news.com.au/perthnow/story/0,21598,26130225-5005401,00.html. Consultado o 09-10-2009.
  7. "Ricciardo joins Hartley at Tech 1". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/79847. Consultado o 09-11-2009.
  8. Beer, Matt; Noble, Jonathan. "Red Bull to give Ricciardo first F1 test". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/80105. Consultado o 10-11-2009.
  9. "Ricciardo ends Jerez test on top". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/80428. Consultado o 03-12-2009.
  10. "Ricciardo, Hartley to be Red Bull reserves". autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/81063. Consultado o 27-01-2010.
  11. "Ricciardo, piloto de Hispania Racing". hispaniaracing.com. http://www.hispaniaracing.com/news_es.php?nid=400. Consultado o 30-01-2010.
  12. Elizalde, Pablo (2011-12-14). "Ricciardo, Vergne to race for Toro Rosso in 2012 Formula 1 season". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/96745. Consultado o 2011-12-14.
  13. "Ricciardo and Vergne get another year". AUSmotive.com (AUSmotive.com). 2012-11-31. http://www.ausmotive.com/2012/11/01/ricciardo-and-vergne-get-another-year.html. Consultado o 2011-11-01.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Ricciardo Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]