Gran Premio de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:
Vista aérea de Monza

O Gran Premio de Italia é un dos máis antigos eventos no calendario da Fórmula 1. O Gran Premio de Italia foi tamén unha das carreiras da primeira edición do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, e celebrouse cada ano desde entón. A única outra carreira do campionato que se celebrou tódolos anos é o Gran Premio do Reino Unido, e as únicas outras carreiras de F1 inaugurais que aínda están no calendario son o Gran Premio de Mónaco e o Gran Premio de Bélxica. Todos os grandes premios de Italia de Fórmula Un desde 1950 celebráronse en Monza (agás en 1980, cando se celebrou en Imola). O Gran Premio de Italia contaba para a Eurocopa 1935-38. Foi designado como Gran Premio de Europa sete veces entre 1923 e 1967, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de grand prix en Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

O automobilismo sempre foi moi popular en Italia, o primeiro Gran Premio de automobilismo italiano tivo lugar o 4 de setembro 1921 nun circuíto de 17´3 km preto de Brescia. Con todo, a carreira está máis estreitamente asociada ca pista de Monza, un centro de carreiras nos arredores da norteña cidade de Milán, que foi construído en 1922 a tempo para a carreira dese ano, e foi a sede da maioría das carreiras a través dos anos.

O Autodromo Nazionale Monza é un autódromo situado nas cercanías de Monza, en Italia, ao norte de Milán. O circuíto é recoñecido por acolle-lo Gran Premio de Italia de Fórmula 1, e caracterízase pola alta porcentaxe de trazado que os pilotos percorren co acelerador a fondo, debido ás longas rectas. O récord actual da pista, en carreira, foi marcado en 2004 por Rubens Barrichello, cun tempo de 1:21.046. Cabe destacar, que neste circuíto se bateu a velocidade máxima dun monopraza nun gran premio con 372´6 km/h, durante os entrenamentos libres do Gran Premio de Italia de 2005, polo piloto Juan Pablo Montoya.

O autódromo consta de tres pistas: o trazado de 5.793 km usado para os Grandes Premios, a pista Junior que se estende ao longo de 2.405 km, e un circuíto peraltado de velocidade de 4´25 km (Tamén coñecido como o Anel da Velocidade). Entre as principais curvas do autódromo poden salientarse a Curva di Lesmo, a Curva Parabólica e a Variante Ascari.


A pista orixinal foi construída entre os meses de maio e xullo de 1922 por 3500 obreiros, coa financiación do Milan Automobile Club, que creou a Società Incremento Automobilismo e Sport (SISA) para poder desenvolve-lo autódromo. Inicialmente, utilizouse un terreo de 3´4 km² cunha pista de 10 km de extensión, que se compoñía por unha sección de circunvalación de 4´5 km e outra de 5´5 km transitando rutas. A pista foi inaugurada oficialmente o 3 de setembro de 1922, e 7 días despois foi sede do segundo Gran Premio de Italia.

En 1928, o Gran Premio viuse embazado polo accidente máis grave do deporte automotor italiano, perdéndose a vida do piloto Emilio Materassi e 27 espectadores. Debido a isto, os siguientes Grandes Premios víronse confinados a sección do óvalo de velocidade ata 1932. Novamente ocorreron tres mortes en 1933, tralo cal o trazado foi modificado co agregado de dúas chicanes e a desaparición das rectas máis longas.

Entre os anos 1938 e [1939] realizáronse grandes refaccións, incluíndo a construción de novas tribunas e entradas, o reasfaltado da pista e a creación de dúas novas curvas. O trazado resultante, cunha extensión de 6´3 km, foi utilizado ata 1954.

Debido a guerra, as carreiras foron suspendidas ata 1948 e gran parte da pista viuse deteriorada pola falta de mantemento. Realizouse unha renovación durante dous meses, o cal permitiu que se disputase un Gran Premio o 17 de outubro. En 1955 modernizouse o trazado na súa totalidade, quedando o circuíto cun percorrido de 5´75 km e unha sección de 4´25 km de alta velocidade con curvas peraltadas.

Os Grandes Premios de 1955, 1956, 1960 e 1961 realizáronse en Monza, pero a traxedia volvería facerse presente neste último caso, coa morte nun accidente de Wolfgang von Trips e 11 espectadores. Isto fixo que se agregasen novas barreiras de seguridade, e que a zona de reaprovisionamiento de combustible se distanciase da pista aínda máis. As áreas de escape incorporaronse nas curvas en 1965 tras un accidente na carreira dos 1000 km, pero o trazado da pista non se volvería a modificar ata o ano siguiente, co agregado de chicáns na zona de curvas peraltadas.

Desde 1966, o circuíto acolleu carreiras de automóbiles e tamén de motocicletas, pero en ambos casos as altas velocidades que se alcanzaban levaron ao agregado de novas chicáns cara a 1972. As motocicletas, non obstante, continuaron utilizando o circuíto rápido, ata que 5 mortes en dúas carreiras da tempada de 1973 forzaron a ausencia de dita proba ata 1981. As chicáns de 1972 resultaron ser moi ineficaces na redución de velocidades, ata o punto de que unha de elas foi redeseñada en 1974, a outra en 1976, e unha terceira foi agregada nese mesmo ano, levando a extensión do trazado a 5´8 km.

As novas tecnoloxías permitiron acadar novamente altas velocidades, polo cal a pista debeu ser modificada substancialmente en 1979, co agregado de pianitos, zonas de escape e barreiras de cubertas. A infraestrutura foi mellorada en xeral, e realizáronse traballos adicionais sobre a seguridade do circuíto, todo o cal permitiu a volta do campionato mundial do motociclismo en 1981. Durante os 80, redeseñaronse os paddocks, boxes e tribunas.

Nos 90 os tres curvóns principais foron "apretados" para reducir velocidades, o cal levou a extensión do trazado a 5,77 km. No ano 1997, as tribunas modificáronse para levar a súa capacidade a 51000 espectadores.

Gañadores do Gran Premio de Italia[editar | editar a fonte]

Gañadores múltiples (pilotos)[editar | editar a fonte]

  • Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Nº de vitorias Piloto Anos
5 Alemaña Michael Schumacher 1996, 1998, 2000, 2003, 2006
4 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet 1980, 1983, 1986, 1987
3 Reino de Italia Tazio Nuvolari 1931, 1932, 1938
Italia Alberto Ascari 1949, 1951, 1952
Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 1953, 1954, 1955
Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss 1956, 1957, 1959
Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson 1973, 1974, 1976
Francia Alain Prost 1981, 1985, 1989
Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello 2002, 2004, 2009
Alemaña Sebastian Vettel 2008, 2011, 2013
2 Reino de Italia Luigi Fagioli 1933, 1934
Alemaña Nazi Rudolf Caracciola 1934,  1937
Flag of the United States.svg Phil Hill 1960, 1961
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees 1964, 1967
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart 1965, 1969
Suíza Clay Regazzoni 1970, 1975
Austria Niki Lauda 1978, 1984
Flag of Brazil.svg Ayrton Senna 1990, 1992
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill 1993, 1994
Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya 2001, 2005
España Fernando Alonso 2007, 2010
Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton 2012, 2014

Gañadores múltiples (escudarías)[editar | editar a fonte]

  • Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerraa.
Nº de vitorias Construtor Anos
19 Italia Ferrari 1949, 1951, 1952, 1960, 1961, 1964, 1966, 1970, 1975, 1979, 1988, 1996, 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2006, 2010
10 Flag of the United Kingdom.svg McLaren 1968, 1984, 1985, 1989, 1990, 1992, 1997, 2005, 2007, 2012
8 Italia Alfa Romeo 1924, 1925, 1931, 1932, 1933, 1947, 1948, 1950
6 Flag of the United Kingdom.svg Williams 1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 2001
5 Flag of the United Kingdom.svg Lotus 1963, 1972, 1973, 1974, 1977
Alemaña Mercedes-Benz 1934, 1937, 1954, 1955, 2014
3 Alemaña Nazi Auto Union 1935, 1936, 1938
Flag of the United Kingdom.svg Brabham 1978, 1980, 1983
Flag of the United Kingdom.svg British Racing Motors 1962, 1965, 1971
2 Reino de Italia Fiat 1922, 1923
Francia Bugatti 1926, 1928
Italia Maserati 1953, 1956
Flag of the United Kingdom.svg Vanwall 1957, 1958
Francia Renault 1981, 1982
Austria Red Bull Racing 2011, 2013

Ano por ano[editar | editar a fonte]

Imola usado en 1980
Monza (con algunhas modificacións) de 1976 a 1999
Monza (ca modificación da Variante Ascari) de 1972 a 1975
Monza usado de 1957 a 1959 e de 1962 a 1971
Circuíto combinado de Monza, usado en 1955-1956 e 1960-1961
Monza usado de 1950 a 1954
Mapa cas localizacións dos Gran Premios de Italia.
  • Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
  • Fondo crema indica un evento que formaba parte do Campionato de Europa de pre- guerra.
Ano Piloto Construtor Localización Resultados
2014 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes Monza Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2012 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados
2010 España Fernando Alonso Ferrari Resultados
2009 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Brawn-Mercedes Resultados
2008 Alemaña Sebastian Vettel Toro Rosso-Ferrari Resultados
2007 España Fernando Alonso McLaren-Mercedes Resultados
2006 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
2005 Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
2004 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Ferrari Resultados
2003 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
2002 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Ferrari Resultados
2001 Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya Williams-BMW Resultados
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
1999 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda Resultados
1998 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
1997 Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados
1996 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Resultados
1995 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Benetton-Renault Resultados
1994 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Resultados
1993 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault Resultados
1992 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1991 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1990 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados
1989 Francia Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1988 Austria Gerhard Berger Ferrari Resultados
1987 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1986 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda Resultados
1985 Francia Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1984 Austria Niki Lauda McLaren-TAG Resultados
1983 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW Resultados
1982 Francia René Arnoux Renault Resultados
1981 Francia Alain Prost Renault Resultados
1980 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford Imola Resultados
1979 Unión Sudafricana Jody Scheckter Ferrari Monza Resultados
1978 Austria Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo Resultados
1977 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford Resultados
1976 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson March-Ford Resultados
1975 Suíza Clay Regazzoni Ferrari Resultados
1974 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados
1973 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados
1972 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Resultados
1971 Flag of the United Kingdom.svg Peter Gethin BRM Resultados
1970 Suíza Clay Regazzoni Ferrari Resultados
1969 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1968 Flag of New Zealand.svg Denny Hulme McLaren-Ford Resultados
1967 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Honda Resultados
1966 Italia Ludovico Scarfiotti Ferrari Resultados
1965 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart BRM Resultados
1964 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Ferrari Resultados
1963 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1962 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill BRM Resultados
1961 Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari Circuíto combinado de Monza Resultados
1960 Flag of the United States.svg Phil Hill Ferrari Resultados
1959 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Cooper-Climax Monza Road Circuit Resultados
1958 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Vanwall Resultados
1957 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Vanwall Resultados
1956 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Maserati Circuíto combinado de Monza Resultados
1955 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes Resultados
1954 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Mercedes Monza Resultados
1953 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati Resultados
1952 Italia Alberto Ascari Ferrari Resultados
1951 Italia Alberto Ascari Ferrari Resultados
1950 Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo Resultados
1949 Italia Alberto Ascari Ferrari Monza Resultados
1948 Francia Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo Valentino Park Resultados
1947 Italia Carlo Felice Trossi Alfa Romeo Milan Resultados
1946
-
1939
Non celebráronse
1938 Reino de Italia Tazio Nuvolari Auto Union Monza Florio Circuit Resultados
1937 Alemaña Nazi Rudolf Caracciola Mercedes-Benz Livorno Resultados
1936 Alemaña Nazi Bernd Rosemeyer Auto Union Monza Florio Circuit Resultados
1935 Alemaña Nazi Hans Stuck Auto Union Resultados
1934 Reino de Italia Luigi Fagioli
Alemaña Nazi Rudolf Caracciola
Mercedes-Benz Monza Florio Circuit Resultados
1933 Reino de Italia Luigi Fagioli Alfa Romeo Monza Full Circuit Resultados
1932 Reino de Italia Tazio Nuvolari Alfa Romeo Monza Full Circuit Resultados
1931 Reino de Italia Giuseppe Campari
Reino de Italia Tazio Nuvolari
Alfa Romeo Resultados
1930 Non celebrouse
1929 Non celebrouse
1928 Flag of Monaco.svg Louis Chiron Bugatti Monza Full Circuit Resultados
1927 Francia Robert Benoist Delage Resultados
1926 Francia Louis Charavel Bugatti Resultados
1925 Reino de Italia Gastone Brilli-Peri Alfa Romeo Resultados
1924 Reino de Italia Antonio Ascari Alfa Romeo Resultados
1923 Reino de Italia Carlo Salamano Fiat Resultados
1922 Reino de Italia Pietro Bordino Fiat Resultados
1921 Francia Jules Goux Ballot Brescia Resultados

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]