Lewis Hamilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lewis Hamilton (29 anos)
Lewis Hamilton 2013 Britain.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of the United Kingdom.svg Británico
Monopraza número 44
Escudería actual Mercedes
Escudería no 2015 Mercedes
Grandes Premios disputados 145
Campionatos 1 (2008)
Vitorias 31
Podios 67
Pole positions 38
Voltas rápidas 19
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2007
Primeira vitoria Gran Premio de Canadá de 2007
Posición no 2014 1º (291 ptos.)
editar

Lewis Carl Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas.

Mocidade e vida persoal[editar | editar a fonte]

Hamilton naceu o 7 de xaneiro de 1985 en Stevenage, Hertfordshire, Inglaterra.[1][2] a nai de Hamilton, Carmen Larbalestier, é británica branca, mentres que o seu pai, Anthony Hamilton, é británico negro, polo que el é mestizo.[2] (Anthony Hamilton's parents emigrated from Grenada to the United Kingdom in the 1950s).[2][3] Os pais de Lewis Hamilton separáronse cando el tiña dous anos, como resultado viviu coa súa nai e as súas medio irmás Nicola e Samantha[4] ata os doce anos, cando empezou a vivir co seu pai, a súa madrasta Linda e o seu medio irmán Nicolas (que ten parálises cerebral).[5] A principios de 2011, Nicolas asinou con Total Control Racing para comezar a carreira como piloto na Renault Clio Cup de 2011.[6] Hamilton foi criado como católico romano.[7]

Anthony Hamilton, pai de Lewis, celebrando con Lewis logo do Gran Premio de Brasil de 2008. Desde este momento ata marzo de 2010 Anthony Hamilton tamén foi o manager do seu fillo.[8]

O pai de Hamilton comproulle un coche de radio control en 1991, que lle deu o seu primeiro contacto ca competición de carreiras. Hamilton terminou segundo no campionato nacional BRCA ao ano seguinte. Declarou: "Eu corría cos coches a control remoto e gañaba campionatos de clubs contra os adultos"[9] Como resultado, o seu pai comproulle o seu primeiro kart como un agasallo de Nadal á idade de seis anos,[10] o seu pai díxolle que apoiaría á súa carreira deportiva se traballaba duro na escola. Financiar ao seu fillo converteuse nun problema, chegou a ter tres traballos á vez, mentres que amañabase para atopar o tempo suficiente para asistir ás carreiras de Hamilton. Máis tarde creou a súa propia empresa de informática, ademais de traballar como manager a tempo completo para Hamilton.[11] Hamilton é agora administrado por Simon Fuller.[12]

Hamilton foi educado na The John Henry Newman School, unha escola secundaria católica en Stevenage, Hertfordshire.[13] Ademais do seu interese polas carreiras, xogou co equipo da escola con Ashley Young mediocampista da Selección de fútbol de Inglaterra.[11] Hamilton dixo que si non fora piloto de Fórmula Un sería futbolista, sendo un gran fan do Arsenal FC[14] ou xogador de críquet. Posteriormente asistiu, en febreiro de 2001, ao Cambridge Arts and Sciences (CATS), unha universidade privada en Cambridge.[15] Aos cinco anos Hamilton tomou clases de karate para defenderse na escola.[16] en cno aos 12, aprendeu a andar en monociclo, como parte da súa rivalidade no karting co seu futuro compañeiro de eqipo en Mercedes na F1, Nico Rosberg, que xa sabía montar un.[17]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hamilton debutou en karts á idade de 8 anos. Logo de gañar varios campionatos, asinou un contrato co equipo de Fórmula 1 McLaren cando contaba con 12 anos. Despois correu na Fórmula Renault británica. En 2004 entrou na Fórmula 3 europea, chegando ata a GP2 Series en 2006, co equipo ART[18]. En 2007 é o segundo piloto oficial da escuadra McLaren compartindo equipo con Fernando Alonso, Pedro Martínez de la Rosa e Gary Paffett.

No ano 2007 quedou segundo, por detras de Kimi Räikkönen e por diante de Fernando Alonso, despois de ter todo o seu favor para proclamarse campión do mundo.

Andaina[editar | editar a fonte]

Karting[editar | editar a fonte]

Hamilton comezou a correr en karts cando tiña 8 anos. O seu primeiro campionato chegou dous anos despois, en 1995. Non foi ata 1997 cando asinou un contrato con McLaren, equipo de Fórmula 1. No ano 2000 coroouse campión europeo de karts.

Fórmula Renault[editar | editar a fonte]

O ano 2001 supuxo para Hamilton a entrada á Fórmula Renault do Reino Unido, quedando quinto na clasificación final. A tempada seguinte conseguiu o terceiro posto (3 vitorias, 3 voltas rápidas, 3 Poles)

En 2003, Lewis dominou as series e estableceu un record do campionato con 10 vitorias, 9 voltas rápidas e 11 pole positions. Gañou o campionato 2 probas antes da carreira final.

Fórmula 3 Euro Series[editar | editar a fonte]

En 2004, Lewis correu na competitiva Fórmula 3 Euroseries, que comparte cartel co campionato alemán de turismos DTM. Correndo para Manor Motorsport, un equipo debutante en Europa, Lewis acabou 5º, conseguindo unha vitoria en Norisring e 4 podios máis no seu ano de debut.

En 2005, Lewis gañou o campionato de Fórmula 3 Euroseries correndo para o equipo ASM. O seu palmarés ese ano foi incrible: 15 vitorias, 10 voltas rápidas e 13 pole positions. Proclamouse campión 4 carreiras antes do final do campionato.

GP2 Series[editar | editar a fonte]

En 2006, uniuse ao equipo ART Grand Prix de GP2 Series substituíndo ao campión de 2005 Nico Rosberg que pasou a pilotar para a escuadra Williams de Fórmula Un. A súa eficiencia na GP2 Series foi impresionante debido á súa gran calidade no Gran Premio de Europa, gañou as dúas carreiras, sendo o segundo piloto (tras Nico Rosberg) en facelo e gañou en Mónaco saíndo desde a pole. En Silverstone, Lewis superouse e conseguiu o seu segundo dobrete, converténdose así no primeiro piloto na historia da GP2 en logralo. Lewis é o actual campión de GP2 e foi nomeado un dos pilotos oficiais da escuadra McLaren xunto con Fernando Alonso para o ano 2007.

Salto á Fórmula 1[editar | editar a fonte]

O 24 de novembro de 2006 salta a noticia de que Hamilton será o primeiro piloto de cor en montarse nun monopraza. Fernando Alonso será o seu compañeiro e Pedro Martínez de la Rosa, o piloto de probas. No Gran Premio de Australia, lograría un meritorio terceiro posto, por detrás de Kimi Räikkönen e Alonso, sendo o primeiro piloto en chegar ao podio no seu debut desde que Jacques Villeneuve o fixese no Gran Premio de Australia de 1996. Nas dúas seguintes carreiras finaliza segundo, sendo o primeiro piloto da historia en conseguir tres podios consecutivos tras o seu debut. No Gran Premio de España, en Montmeló, finaliza na 2º posición e levántase ao primeiro posto do mundial de pilotos. No Gran Premio de Canadá, Hamilton logrou a súa primeira pole position, impresionando novamente ao mundo da F1.

O domingo seguinte, 10 de xuño de 2007, saíndo desde a pole position e nunha carreira moi accidentada, onde apareceu o safety car ata catro ocasións, o que beneficiou notablemente ao británico, no Circuíto Gilles Villeneuve, obtén a súa primeira vitoria na Fórmula 1, e logra colocarse como único líder da campaña, á fronte do seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso. No Gran Premio dos Estados Unidos de 2007 a disputa entre os dous pilotos de Mclaren acentuouse máis, xa que Lewis Hamilton, atinxindo a pole position, resultou gañador tras unha constante loita con Alonso, obtendo a súa segunda vitoria consecutiva, no Gran Premio de Francia. Con todo, no Gran Premio do Reino Unido, a pesar de partir desde a pole, quedou terceiro, tras Kimi Räikkönen e Fernando Alonso.

Lewis durante a disputa do Gran Premio de Malaisia de 2007

Durante a terceira sesión de clasificación do Gran Premio de Europa de 2007 sufriu unha violenta saída de pista ao estalar o pneumático dianteiro dereito debido a unha porqueta mal axustada. O seu M/P4-22 impactou a gran velocidade contra as proteccións do circuíto, e Lewis sufriu un shock debido ao golpe. Porén, non tivo ningunha lesión importante, polo que puido correr o domingo, partindo desde a décima posición na grella de saída. Xa durante a carreira, os contratempos continuaron: nas primeiras voltas sufriu unha saída de pista debido á intensa choiva caída en apenas uns minutos, e á súa nulidade como piloto (do mesmo xeito que varios outros vehículos); con todo, un guindastre devolveuno á pista, e puido reincorporarse á carreira sen problemas. A pesar de remontar desde a última praza á que quedara relegado, só logrou ser noveno, dun total de trece pilotos que terminaron o Gran Premio, polo que quedou sen puntuar. Desta forma, Fernando Alonso recortoulle dez puntos na clasificación xeral do Campionato Mundial de Pilotos, situándose só a dous puntos.

O Gran Premio de Hungría de 2007 veríase marcado por unha polémica decisión dos comisarios, que afectaría aos dous pilotos da escuadra McLaren. Na terceira rolda de clasificación, Hamilton, que debía dar unha volta menos que Alonso, non cedeu a posición. Este último bloqueou entón o piloto inglés no pit-lane a escasos segundos do final da sesión, impedíndoo dar unha última volta. Así, os comisarios decidiron atrasar o español, quen asinara a pole, cinco posicións na grella, obténdoa Lewish Días máis tarde o propio Hamilton desculpouse con Alonso por non deixarlo pasar durante a terceira sesión de cualificación tal e como acordaron previamente na reunión entre os pilotos e enxeñeiros do equipo.

Durante o Gran Premio de Turquía de 2007, Lewis Hamilton sufriu un rebentón no seu pneumático dereito dianteiro mentres marchaba terceiro. Tras o rebentón tivo unha saída de pista, aínda que conseguiu retornar a ela ata chegar á rúa de boxes para cambiar rodas. Logrou finalizar quinto a carreira, mentres que o seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso aproveitou esta situación e acabou terceiro a carreira recortando deste xeito 2 puntos ao piloto inglés no Campionato Mundial de Pilotos.


Nesta temporada, tivo problemas con seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso, que acusaba o equipo de favorecer o piloto británico. Hamilton tiña o título da temporada 2007 nas mans, porén, el cometeu erros nas dúas últimas carreiras e o campión foi Kimi Räikkönen. Mesmo coa perda do título por só un punto, grazas as ordes de equipo de equipo de Ferrari en Interlagos, súa estrea foi considerada por enriba da media para un debutante na Fórmula 1.

2008[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2008, McLaren renovou o contrato de Hamilton, estendéndoo ata 2012. Ese mesmo ano, Lewis Hamilton falou que seu soño sempre foi pilotar unha McLaren e que pretendía facer toda súa carreira neste equipo.[19]

Hamilton consagrouse campión Mundial da tempada de 2008 ao ficar en quinto lugar no Gran Premio do Brasil de 2008. A disputa foi decidida na última volta do GP do Brasil, en Interlagos, onde Hamilton, que perdera a posición para Vettel, recuperou a mesma ao superar a Timo Glock. Hamilton entrou na historia como o máis novo campión de todos os tempos, aos 23 anos,[20] alén de ser o primeiro negro campión da Fórmula 1.

2009[editar | editar a fonte]

En 2009, tras a primeira carreira da tempada, o Gran Premio de Australia, Hamilton foi desclasificado por mentir aos comisarios na reunión tras a carreira. Durante as ultimas voltas da carreira, o piloto da Toyota, Jarno Trulli que estaba diante do piloto inglés, perdería o control do coche, saíndo da pista e sendo era superado por Hamilton, mentres o safety car estaba na pista. O inglés entón abriu paso para que o italiano recuperara a súa colocación aínda ca bandeira amarela. Trulli foi penalizado polos comisarios con 25 segundos. Porén, a FÍA entendeu que Hamilton non debería pasar Trulli.[21][22][23]

Nas carreiras seguintes, cun coche limitado, Hamilton non conseguiu o mesmo desempeño da tempada anterior. A primeira vitoria da tempada foi na décima carreira, o Gran Premio de Hungría. Volveu a gañar en Singapur, terminando a tempada en quinto lugar.

2010[editar | editar a fonte]

Hamilton comezou a tempada de 2010 cun terceiro lugar no Gran Premio de Bahrain. O segundo pódio da tempada veu co segundo lugar conquistado no Gran Premio de China. Tras conseguir excelente posicións nas carreiras de Turquía, Canadá e Europa, Hamilton puxose primeiro na clasificación xeral. Ao final do campionato, o 14-11-2010, de forma sorprendente, o piloto alemán Sebastian Vettel venceu a carreira en Abu Dabi. O piloto Inglés chegou en segundo lugar, perdendo tamén o posto de piloto máis novo en vencer un campionato de fórmula 1 en favor de Vettel. Terminou o campionato con 240 puntos e tres vitorias.

Tempada 2011[editar | editar a fonte]

Hamilton comezou a tempada cun segundo lugar no Gran Premio de Australia, detras do vencedor, Sebastian Vettel de Red Bull. No gran Premio de Malaisia , se calificou segundo e terminou sétimo. Conseguiu a primeira vitoria da temporada en China. Volve a vencer en Alemaña, tras unha bela disputa con Alonso, Webber e Vettel. No gran Premio de F1 da India realizado o 30 de outubro volve a ter problemas con Felipe Masa; ao tentar facer facer unha adiantamento sobre o piloto brasileiro en busca do 5° lugar, estes baten novamente ocasionando unha penalización de Drive through ao piloto de Ferrari.

Cinema[editar | editar a fonte]

Lewis Hamilton vai prestar a súa voz para un personaxe do filme: "Cars 2" de Disney Pixar Animation Studios . Hamilton confirmou súa presenza no filme, vía Twitter.

Polémicas[editar | editar a fonte]

En 2011 Lewis Hamilton tivo grandes polémicas dentro das pistas , envolvéndose en varios accidentes con Felipe Masa, en máis de 5 carreiras como Mónaco, Silverstone, Singapur, Xapón e na India, Hamilton tamén perdeu o seu posto de 1º piloto de Maclaren para Jenson Button.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto

Final

Puntos
2007 McLaren-Mercedes AUS

3

MYS

2

BAH

2

ESP

2

MON

2

CAN

1

USA

1

FRA

3

GBR

3

EUR

9

HUN

1

TUR

5

ITA

2

BEL

4

XPN

1

CHN

Ret

BRA

7

109
2008 McLaren-Mercedes AUS

1

MYS

5

BAH

13

ESP

3

TUR

2

MON

1

CAN

Ret

FRA

10

GBR

1

ALE

1

HUN

5

EUR

2

BEL

3

ITA

7

SIN

3

XPN

12

CHN

1

BRA

5

98
2009 McLaren-Mercedes AUS

DSC

MYS

7

CHN

6

BAH

4

ESP

9

MON

12

TUR

13

GBR

16

ALE

18

HUN

1

EUR

2

BEL

Ret

ITA

12

SIN

1

XPN

3

BRA

3

ABU

Ret

49
2010 McLaren-Mercedes BAH

3

AUS

6

MYS

6

CHN

2

ESP

14

MON

5

TUR

1

CAN

1

EUR

2

RU

2

ALE

4

HUN

Ret

BEL

1

ITA

Ret

SIN

Ret

XPN

5

COR

2

BRA

4

ABU

2

240
2011 McLaren-Mercedes AUS

2

MYS

8

CHN

1

TUR

4

ESP

2

MON

6

CAN

Ret

EUR

4

RU

4

ALE

1

HUN

4

BEL

Ret

ITA

4

SIN

5

XPN

5

COR

2

IND

7

ABU

1

BRA

Ret

227
2012 McLaren Mercedes AUS
3
MAL
3
CHN
3
BAH
8
ESP
8
MON
5
CAN
1
EUR
19†
RU
8
ALE
Ret
HUN
1
BEL
Ret
ITA
1
SIN
Ret
XPN
5
COR
10
IND
4
ABU
Ret
USA
1
BRA
Ret
190
2013 Mercedes AUS
5
MAL
3
CHN
3
BAH
5
ESP
12
MON
4
CAN
3
RU
4
ALE
5
HUN
1
BEL
3
ITA
9
SIN
5
COR
5
XPN
Ret
IND
6
ABU
7
USA
4
BRA
9
4 189
2014 Mercedes AUS
Ret
MAL
1
BAH
1
CHN
1
ESP
1
MON
2
CAN
Ret
AUT
2
RU
1
ALE
3
HUN
3
BEL
Ret
ITA
1
SIN
1
XPN
1
RUS
1
USA
BRA
ABU
* 291*
  • Tempada en curso
Predecesor:
Kimi Räikkönen
Campión da Fórmula 1
2008
Sucesor:
Jenson Button

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Kelso
  2. 2,0 2,1 2,2 Wolff, Alexander (12 June 2007). "Better Than Sex". Sports Illustrated. Associated Press. http://sportsillustrated.cnn.com/2007/racing/06/12/hamilton0618/index.html. Consultado o 21 August 2007.
  3. Viner, Brian (26 May 2007). "Profile: Formula One driver Lewis Hamilton". The Independent (London). http://www.independent.co.uk/sport/motor-racing/profile-formula-one-driver-lewis-hamilton-450381.html. Consultado o 8 September 2010.
  4. Duffy, Michael (1 July 2007). "MY BOY RACER". Daily Mirror. http://findarticles.com/p/articles/mi_qn4161/is_20070701/ai_n19341883. Consultado o 1 July 2007.
  5. Matt Dickinson (3 November 2008). "Lewis Hamilton admits: 'I just don't know how I kept my cool'". The Times (London). http://www.timesonline.co.uk/tol/sport/formula_1/article5069252.ece.
  6. English, Steven (16 February 2011). "Hamilton's brother to race in Clio Cup". Autosport. http://www.autosport.com/news/report.php/id/89510. Consultado o 16 February 2011.
  7. "Lewis Hamilton Biography – Trivia". The Biography Channel (London: www.thebiographychannel.co.uk). http://www.thebiographychannel.co.uk/biographies/lewis-hamilton/trivia.html;jsessionid=EC73F0B4D8B84D48A7D4B67E238E9055. Consultado o 7 May 2013.
  8. Cary, Tom (3 March 2010). "Anthony Hamilton's massive support makes parting with Lewis easier to understand". The Daily Telegraph (London). http://www.telegraph.co.uk/sport/motorsport/formulaone/lewishamilton/7355036/Anthony-Hamiltons-massive-support-makes-parting-with-Lewis-easier-to-understand.html. Consultado o 14 May 2010.
  9. "Who's Who: Lewis Hamilton". F1Fanatic.co.uk. 2007. http://www.f1fanatic.co.uk/f1-information/whos-who/whos-who-h/lewis-hamilton/. Consultado o 6 October 2007.
  10. "20 things you don't know about Lewis Hamilton". Nuts. 22 June 2007–28.
  11. 11,0 11,1 Owen, Oliver (3 June 2007). "The real deal". The Observer (London). http://www.guardian.co.uk/sport/2007/jun/03/features.sportmonthly/print. Consultado o 5 July 2007.
  12. Callow, James (14 March 2011). "Lewis Hamilton signs with Simon Fuller's XIX Entertainment". The Guardian (London). http://www.guardian.co.uk/sport/2011/mar/14/lewis-hamilton-simon-fuller-xix-entertainment. Consultado o 22 March 2011.
  13. "Lewis Hamilton fact file". BBC Southern Counties. BBC. 19 June 2007. http://www.bbc.co.uk/southerncounties/content/articles/2007/06/18/lewis_hamilton_facts_feature.shtml. Consultado o 31 August 2010.
  14. "Arsenal fan Lewis Hamilton is backing Gunners all the way". Daily Mirror (Trinity Mirror). 16 February 2008. http://www.mirror.co.uk/sport/football/2008/02/16/arsenal-fan-lewis-hamilton-is-backing-gunners-all-the-way-115875-20321044/. Consultado o 31 August 2010.
  15. Hamilton, Lewis (2007). Lewis Hamilton: My Story. HarperCollins. ISBN 978-0-00-727005-7.
  16. Davies, Gareth A (5 July 2007). "A salute to the real Lewis Hamilton". The Daily Telegraph (London). http://www.telegraph.co.uk/sport/2316406/A-salute-to-the-real-Lewis-Hamilton.html.
  17. Lewis Hamilton relishing reunion with old unicycle rival Nico Rosberg, Guardian, 15 March 2013
  18. Profile > Career Páxina oficial de Lewis Hamilton Revisado 6 de setembro de 2006
  19. http://globoesporte.globo.com/Esportes/Noticias/Formula_1/0,,MUL850412-15011,00.html
  20. Hamilton wins Formula One World Championship - CNN.com
  21. F1: Hamilton desclassificado na Austrália, Trulli recupera terceiro posto Expresso
  22. MUNHOZ, Rafael. Hamilton é desclassificado de Melbourne Revista Racing
  23. Hamilton é desclassificado do GP da Austrália; Trulli recupera 3º lugar Folha Online

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lewis Hamilton
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Lewis Hamilton