Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010 é o campionato anual número 61 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Está programado que conte con 19 Grandes Premios, dando comezo o 14 de marzo co Gran Premio de Bahrain, estando prevista a finalización para o 14 de novembro co Gran Premio de Abu Dabi no Circuíto de Yas Marina.
Foron introducidas pola FIA, ademais, diversas modificacións nas regras, nun intento de reducir custos debido á crise financeira e para mellorar o espectáculo. Novas normas sobre pneumáticos, aerodinámica a prohibición de repostaxes, e un cambio na puntuación entre outras, son algúns dos cambios máis significativos que os regulamentos da Fórmula 1 sufriron desde hai décadas.
Cambios técnicos [editar]
- Na reunión da FOTA durante o Gran Premio de Xapón, acordouse o abandono do KERS para o 2010, a pesar da oposición de Williams, que tiña previsto usar unha tecnoloxía alternativa baseada en volantes de inercia.
- Igualmente, acordouse a eliminación dos "tapacubos" (dispositivos que serven para protexer e ter unha mellor saída da enerxía producida polos freos) a partir desta tempada.
- Bridgestone, principal provedor de pneumáticos da Fórmula 1, anunciou ao finalizar a tempada 2009 de Formula 1 a súa retirada ao finalizar a tempada 2010, descoñécese quen poderá fornecer os pneumáticos a partir do 2011. Pirelli, Michelin e Goodyear comunicaron que non estaban interesadas en forneceren pneumáticos para a Fórmula 1, pero habería unha pequena posibilidade moi afastada de pneumáticos como Continental ou Firestone. Logo Michelin admitiría que estaba negociando un posible regreso, pero só baixo algunhas condicións.
- Elimínanse as paradas para encher combustible os coches, pero non se eliminan as paradas para cambiar os pneumáticos e para arranxar os danos producidos por algún accidente leve.
- O peso mínimo dos coches a partir desta tempada será de 620 kg, principalmente este cambio débese á eliminación das reposicións en boxes para encher de combustible, xa que os depósitos serán máis grandes.
- O sistema de clasificación cambiará cos novos vehículos: 7 vehículos serán eliminados na primeira rolda, 7 na segunda e quedarán 10 pilotos para a última, na que terá lugar a loita pola pole position. Nas tres roldas o combustible que porán os equipos será mínimo, para poder facer unha volta rápida, debido á eliminación de paradas en carreira.
- Debido a que nesta tempada participarán 24 coches, o sistema de puntuación cambia e queda así:
-
| Posto |
1º |
2º |
3º |
4º |
5º |
6º |
7º |
8º |
9º |
10º |
11º |
12º |
13º |
14º |
15º |
16º |
17º |
18º |
19º |
20º |
21º |
22º |
23º |
24º |
| Puntos |
25 |
18 |
15 |
12 |
10 |
8 |
6 |
4 |
2 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
- Os equipos teñen a posibilidade de ampliaren o chasis 15 cm, polo novo tanque de combustible.
- Os pneumáticos dianteiros serán máis estreitos que os traseiros, para lograr máis estabilidade no coche e máis agarre.
A seguinte táboa mostra os equipos inscritos para o Mundial 2010 de F1. Os primeiros oito están ordenados pola clasificación do campionato de construtores da tempada 2009, máis os catro equipos novos. A FIA ditou no novo regulamento para 2010 que haberá un máximo de trece escuadras con posibilidade de catorce.
Escuderías e Pilotos [editar]
- Todos os equipos levan pneumáticos Bridgestone. Esta será a última tempada da empresa xaponesa como provedor.
- Ningún piloto leva o dorsal nº 13 no seu monopraza desde hai 34 anos por superstición, xa que cren que dá mala sorte.
- A orde dos equipos van en base ao anuncio oficial por parte da FIA.
- O equipo Renault reuniuse de urxencia para falar sobre o seu futuro. Despois do abandono por parte de Toyota, era posible que o equipo galo abandonase a F1. Con todo, finalmente a marca do rombo anunciou que se mantería na competición en 2010, xa que a empresa luxemburguesa Genii Capital comprou unha parte maioritaria do accionariado de Renault F1 Team. O equipo competirá baixo o nome de Renault F1, como de costume.Renault queda na F1
- O motorista alemán Mercedes-Benz comprou o 75,1% das accións da escuadra Brawn GP, polo cal o equipo é renomeado como Mercedes Grand Prix.
- O equipo Sauber conservará, polo momento, o nome BMW Sauber e definitivamente, os dorsais 22 e 23.
- O equipo Campos Meta foi vendido a José Ramón Carabante, polo que o 2 de marzo foi renomeado como Hispania Racing F1 Team. USF1 debido a distintos problemas, non participará esta tempada, estaba previsto que Stefan GP o substituíse, pero a FIA non o aceptou. En total, haberá 24 coches en 12 equipos.
Calendario 2010 [editar]
|
Nome Oficial do Gran Premio |
Gran Premio |
Circuíto |
Data |
Hora |
| Local |
UTC |
| 1 |
Gulf Air Gran Premio de Bahrain |
GP de Bahrain |
Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir |
14 Marzo |
15:00 |
12:00 |
| 2 |
Qantas Gran Premio de Australia |
GP de Australia |
Albert Park Grand Prix Circuit, Melbourne |
28 Marzo |
17:00 |
06:00 |
| 3 |
Petronas Gran Premio de Malaisia |
GP de Malaisia |
Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur |
4 Abril |
16:00 |
08:00 |
| 4 |
Gran Premio de China |
GP de China |
Circuíto Internacional de Xangai |
18 Abril |
15:00 |
07:00 |
| 5 |
Gran Premio de España Telefónica |
GP de España |
Circuit de Catalunya, Barcelona |
9 Maio |
14:00 |
12:00 |
| 6 |
Gran Premio de Mónaco |
GP de Mónaco |
Circuíto de Mónaco, Monte Carlo |
16 Maio |
14:00 |
12:00 |
| 7 |
Gran Premio de Turquía |
GP de Turquía |
Istanbul Park |
30 Maio |
15:00 |
12:00 |
| 8 |
Gran Premio de Canadá |
GP de Canadá |
Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal |
13 Xuño |
12:00 |
16:00 |
| 9 |
Telefónica Gran Premio de Europa |
GP de Europa* |
Circuíto urbano de Valencia Valencia |
27 Xuño |
14:00 |
12:00 |
| 10 |
Santander Gran Premio do Reino Unido |
GP do Reino Unido |
Circuíto de Silverstone |
11 Xullo |
13:00 |
12:00 |
| 11 |
Großer Preis Santander von Deutschland |
GP de Alemaña* |
Hockenheimring |
25 July |
14:00 |
12:00 |
| 12 |
Magyar Nagydíj |
GP de Hungría |
Hungaroring, Budapest |
1 Agosto |
14:00 |
12:00 |
| 13 |
Gran Premio de Bélxica |
GP de Bélxica |
Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa |
29 Agosto |
14:00 |
12:00 |
| 14 |
Gran Premio Santander d'Italia |
GP de Italia |
Circuíto de Monza |
12 Setembro |
14:00 |
12:00 |
| 15 |
SingTel Gran Premio de Singapur |
GP de Singapur |
Circuíto urbano de Marina Bay |
26 Setembro |
20:00 |
12:00 |
| 16 |
Gran Premio de Xapón |
GP de Xapón |
Circuíto de Suzuka, Suzuka |
10 Outubro |
15:00 |
06:00 |
| 17 |
Gran Premio de Corea |
GP de Corea |
Circuíto Internacional de Corea, Yeongam |
24 Outubro |
15:00 |
06:00 |
| 18 |
Petrobras Grande Prêmio do Brasil |
GP de Brasil |
Autódromo José Carlos Pace, São Paulo |
7 Novembro |
14:00 |
16:00 |
| 19 |
Etihad Airways Gran Premio de Abu Dabi |
GP de Abu Dabi |
Circuíto de Yas Marina |
14 Novembro |
17:00 |
13:00 |
Resultados [editar]
Grandes Premios [editar]
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
|
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Construtores [editar]