Jenson Button
| Jenson Button (33 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 5 |
| Escudería actual | McLaren-Mercedes |
| Escudería no 2014 | McLaren-Mercedes |
| Grandes Premios disputados | 235 (233 saídas) |
| Campionatos | 1 (2009) |
| Vitorias | 15 |
| Podios | 49 |
| Pole positions | 8 |
| Voltas rápidas | 8 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2000 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Hungría de 2006 |
| Posición no 2013 | 10º (17 ptos.) |
| editar | |
Jenson Button naceu o 19 de xaneiro de 1980 en Frome e polo de agora reside en Bicester, ámbolos dous lugares se atopan en Inglaterra, pero tamén pasa temporadas residindo en Mónaco. Está solteiro, e calificado coma un dos pilotos máis altos da Fórmula 1 grazas aos seus 1'81 metros (aínda que existen outras fontes que fan varia-la súa altitude dende 1'73 até 1'82); do mesmo xeito acontece co seu peso (as fontes non son unitarias nun peso concreto), e a variacións concorren dende os 68 ata os 74 quilos.
Índice |
Traxectoria[editar]
Xa con 9 anos, e co apoio de seu pai John (que lle regalou por Reis un kart), corría nos circuitos de karting; tampouco lle importou perde-las clases de escola por viaxar por todo o mundo. Dende o ano 1989 até o ano 1997 debutou en karting, no que coseguiu alguns premios: O Campionato Británico de Cadetes de Karting no 1991 (con 34 carreiras); seguíronlle 3 veces campión no Aberto Británico de Karting (e algúns campionatos máis ata conformar 8 premios); no 1995 faise co título de ICA Senior Italiano; tamén nese ano recaeu na súas mans o título de Campión Europeo de Super Kart. Unha viaxe a Xapón permítelle a Jenson codellar no Ayrton Senna Memorial Cup, no que entra coma piloto axeitado tras unha asombrosa carreira de karting. A súa capacidade para aprenderse os circuitos é admirable e o seu desexo de vitorias, insaciable. Ten un bo control do volante e unha boa dose de sangue fría. As 50 veces que tivo que estar no podio durante a súa etapa en 1998 na Fórmula Ford é un exemplo; compre citar por dicir algo, pilotando para Haywood Racing consegue no Ultra-Competitivo Campionato Británico unhas 9 vitorias; as carreiras de Europa levan a este piloto a poñerse no segundo posto do Campionato Europeo; e un triunfo fai redondea-lo ano no Festival da F3 de Ford.
Despois, seguiu mostrando o seu potencial na Fórmula Ford e na Fórmula 3000. Pero o que máis sorprende deste piloto é que se subiu ao máis alto rompendo todolos récords de xuventude. No recoñecemento o talento especial chegalle a concesión do prestixioso título de Xoven Piloto do Ano, promovido pola McLaren Autosport BRDC a finais do 1998.
Tivo a sorte, lóxica, de subir até a Fórmula 1 cando no novembro do 1999 toma a pista cun McLaren MP4/13, semanas máis tarde , nunha proba para o equipo da Prost, Jenson derrota o experimentado Jean Alesi; xa que a xente importante deuse conta nada máis velo de que era un auténtico prodixio.
Despois dun grande ano no seu debut en Williams (8º con 12 puntos). Con 20 anos era o piloto máis xoven da parrilla na apertura do Gran Prix (corría por aquel entón o ano 2000); a súa serenidade e o seu ritmo na carreira fixeron a longo da tempada o 8º no Campionato de Pilotos, unha proeza pouco crédula para un corredor novo. A temporada 2001 non foi boa para el en Benetton, con tan só dous puntos, os que logrou no GP en Hockenheim, Alemaña. Tamén tentado estivo de voltar para Williams, pero o equipo xa tiña a praza ocupada por Juan Pablo Montoya. No 2002 cambiou a fortuna con finais en 4º posto nas carreiras 2ª e 3ª do GP da San Marino.
No 2003 ao desaparecer Benetton e quedarse co equipo Renault, Button fichou por BAR, escudería na que está actualmente e na que non lle vai moi ben por problemas nos monoprazas da mesma. Aínad cos reveses acadou o 9º posto, pero coa premisa do equipo de proporcionarlle un coche gañador.
O 2004 foi un ano cheo de complicacións para Button, pero finalmente acadou a tempada terceiro e contribuindo de forma decisiva a que BAR-Honda rematara o Mundial coma subcampeón de construtores. Nese ano podese dicir que apareceu no podio unhas 10 veces (4 como finais de 2º posto e as restantes coma finais no 3º posto).
Podios e títulos anteriores á Fórmula 1[editar]
- 1989 - Primeira vitoria na carreira de kart celebrada no Circuito de Clay Pigeon, Yeovil.
-
- - Gañador do Super Prix Británico de Karting.
- 1990 - Campionato Británico Cadete Karting (2º posto).
- 1991 - Campionato Británico Cadete Karting (34 podios).
-
- - Campionato Aberto Británico Karting.
- 1992 - Campionato Aberto Británico Karting.
-
- - Campionato Británico Junior TKM Karting.
- 1993 - Campionato Aberto Británico Karting.
- 1994 - Campionato Británico Junior TKM Karting (quedou en 4º posto).
-
- - Campionato Europeo de Karting Intercontinental Junior A.
- - Campionato Italiano de Karting Intercontinental Junior A.
- 1995 - Senior no Campionato ICA Senior Italiano.
-
- - Campionato Mundial Karting Formula A (2º posto).
- 1996 - Campionato da Copa do Mundo Karting (5º posto).
-
- - Campionato Americano Karting (3º posto).
- - Campionato Italiano Karting.
- 1997 - Campionato da Super Copa Europea A de Karting.
-
- - Ayrton Senna Memorial Cup, en Suzuka, (Xapón).
- 1998 - Campionato Británico da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (9 podios).
-
- - Campionato Europeo da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (2 posto).
- - Festival F3 da Ford en Brands Hatch (vitoria).
- - Premio McLaren Autosport BRDC o Piloto Xoven do Ano.
- 1999 - Campionato Británico da F3 co equipo Promatecme (3º posto).
-
- - Premio Avon Rookie de F3 o Novato do Ano no GP de F3 de Macao.
- - GP de F3 de Corea (3º posto).
Resultados Completos na Fórmula Un[editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto final | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2000 | Williams-BMW | AUS Ret |
BRA 6 |
SMR Ret |
GBR 5 |
ESP 17 |
EUR 10 |
MON Ret |
CAN 11 |
FRA 8 |
AUT 5 |
ALE 4 |
HUN 9 |
BEL 5 |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN 5 |
MYS Ret |
8º | 12 | |||
| 2001 | Benetton-Renault | AUS Ret |
MYS 11 |
BRA 10 |
SMR 12 |
ESP 15 |
AUT Ret |
MON 7 |
CAN Ret |
EUR 13 |
FRA 16 |
GBR 15 |
ALE 5 |
HUN Ret |
BEL Ret |
ITA Ret |
USA 9 |
XPN 7 |
17º | 2 | |||
| 2002 | Renault | AUS Ret |
MYS 4 |
BRA 4 |
SMR 5 |
ESP 12 |
AUT 7 |
MON Ret |
CAN 15 |
EUR 5 |
GBR 12 |
FRA 6 |
ALE Ret |
HUN Ret |
BEL Ret |
ITA 5 |
USA 8 |
XPN 6 |
7º | 14 | |||
| 2003 | BAR-Honda | AUS 10 |
MYS 7 |
BRA Ret |
SMR 8 |
ESP 9 |
AUT 4 |
MON DNP |
CAN Ret |
EUR 7 |
FRA Ret |
GBR 8 |
ALE 8 |
HUN 10 |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN 6 |
9º | 17 | ||||
| 2004 | BAR-Honda | AUS 6 |
MYS 3 |
BAH 3 |
SMR 2 |
ESP 8 |
MON 2 |
EUR 3 |
CAN 3 |
USA Ret |
FRA 5 |
GBR 4 |
ALE 2 |
HUN 5 |
BEL Ret |
ITA 3 |
CHN 2 |
XPN 3 |
BRA Ret |
3º | 85 | ||
| 2005 | BAR-Honda | AUS 11 |
MYS Ret |
BAH Ret |
SMR DSC |
ESP EX |
MON EX |
EUR 10 |
CAN Ret |
USA Ret |
FRA 4 |
GBR 5 |
ALE 3 |
HUN 5 |
TUR 5 |
ITA 8 |
BEL 3 |
BRA 7 |
XPN 5 |
CHN 8 |
9º | 37 | |
| 2006 | Honda | BAH 4 |
MYS 3 |
AUS 10 |
SMR 7 |
EUR Ret |
ESP 6 |
MON 11 |
GBR Ret |
CAN 9 |
USA Ret |
FRA Ret |
ALE 4 |
HUN 1 |
TUR 4 |
ITA 5 |
CHN 4 |
XPN 4 |
BRA 3 |
6º | 56 | ||
| 2007 | Honda | AUS 15 |
MYS 12 |
BAH Ret |
ESP 12 |
MON 11 |
CAN Ret |
USA 12 |
FRA 8 |
GBR 10 |
EUR Ret |
HUN Ret |
TUR 13 |
ITA 8 |
BEL Ret |
XPN 11 |
CHN 5 |
BRA Ret |
15º | 6 | |||
| 2008 | Honda | AUS Ret |
MYS 10 |
BAH Ret |
ESP 6 |
TUR 11 |
MON 11 |
CAN 11 |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE 17 |
HUN 12 |
EUR 13 |
BEL 15 |
ITA 15 |
SIN 9 |
XPN 14 |
CHN 16 |
BRA 13 |
18º | 3 | ||
| 2009 | Brawn GP | AUS 1 |
MYS 1 |
CHN 3 |
BAH 1 |
ESP 1 |
MON 1 |
TUR 1 |
GBR 6 |
ALE 5 |
HUN 7 |
EUR 7 |
BEL Ret |
ITA 2 |
SIN 5 |
XPN 8 |
BRA 5 |
ABU 3 |
1º | 95 | |||
| 2010 | McLaren Mercedes | BAH 7 |
AUS 1 |
MYS 8 |
CHN 1 |
ESP 5 |
MON Ret |
TUR 2 |
CAN 2 |
EUR 3 |
GBR 4 |
ALE 5 |
HUN 8 |
BEL Ret |
ITA 2 |
SIN 4 |
XPN 4 |
COR 12 |
BRA 5 |
ABU 3 |
5º | 214 | |
| 2011 | McLaren Mercedes | AUS 6 |
MYS 2 |
CHN 4 |
TUR 6 |
ESP 3 |
MON 3 |
CAN 1 |
EUR 6 |
RU Ret |
ALE Ret |
HUN 1 |
BEL 3 |
ITA 2 |
SIN 2 |
XPN 1 |
COR 4 |
IND 2 |
ABU 3 |
BRA 3 |
2º | 270 | |
| 2012 | McLaren Mercedes | AUS 1 |
MAL 14 |
CHN 2 |
BAH 18† |
ESP 9 |
MON 16† |
CAN 16 |
EUR 8 |
RU 10 |
ALE 2 |
HUN 6 |
BEL 1 |
ITA Ret |
SIN 2 |
XPN 4 |
COR Ret |
IND 5 |
ABU 4 |
USA 5 |
BRA 1 |
5º | 188 |
| 2013 | McLaren Mercedes | AUS 9 |
MAL 17† |
CHN 5 |
BAH 10 |
ESP 8 |
MON |
CAN |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
COR |
XPN |
IND |
ABU |
USA |
BRA |
10º | 17 |
| Predecesor: Lewis Hamilton |
Campión da Fórmula 1 2009 |
Sucesor: Sebastian Vettel |