Hungaroring
| Hungaroring | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | F1, GP2, FIA GT Championship, World Series by Renault |
| Localización | |
| Lonxitude | 4´381 |
| Curvas | 16 |
| Volta rápida (2004) | 1:19.071 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Ferrari |
| Coordenadas | 47°34′44″N 19°14′55″E / 47.57889°N 19.24861°E |
| Vista do Circuíto | |
Hungaroring é un autódromo localizado nas proximidades de Budapest, Hungría, que alberga anualmente o Gran Premio de Hungría de Fórmula 1. Foi o primeiro Gran Premio da categoría en realizarse tras o Telón de Aceiro en 1986.
Disputado xeralmente en pleno verán en Europa central, é a única proba do calendario da máxima categoría na cal a choiva nunca se fixo presente ata a tempada 2006. Debido a isto e ao pouco uso do trazado, a pista xeralmente está cuberta de po, e cando un auto sae da mesma con algunha das súas rodas, levanta grandes cantidades de terra.
En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista vaise engomando durante o fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.
As características do autódromo (con moitas curvas, e abundante po fóra da liña de carreira) fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións.
En ocasión do Gran premio de Hungría, o autódromo vese invadido por fans provenientes de Finlandia. Isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo.
Foi o primeiro gran premio que gañou Fernando Alonso co Renault.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1986 | Williams-Honda | 2:00:34,508 h | 4´014 km | 76 | 151´804 km/h | 10. Agosto | ||
| 1987 | Williams-Honda | 1:59:26,793 h | 4´014 km | 76 | 153´239 km/h | 9. Agosto | ||
| 1988 | McLaren - Honda | 1:57:47,081 h | 4´014 km | 76 | 155´401 km/h | 7. Agosto | ||
| 1989 | Ferrari | 1:49:38,650 h | 3´968 km | 77 | 167´197 km/h | 13. Agosto | ||
| 1990 | Williams-Renault | 1:49:30,597 h | 3,968 km | 77 | 167,402 km/h | 12. Agosto | ||
| 1991 | McLaren-Honda | 1:49:12,796 h | 3´968 km | 77 | 167´857 km/h | 11. Agosto | ||
| 1992 | McLaren-Honda | 1:46:19,216 h | 3´968 km | 77 | 172´424 km/h | 16. Agosto | ||
| 1993 | Williams-Renault | 1:47:39,098 h | 3´968 km | 77 | 170´292 km/h | 15. Agosto | ||
| 1994 | Benetton-Ford | 1:48:00,185 h | 3,968 km | 77 | 169,737 km/h | 14. Agosto | ||
| 1995 | Williams-Renault | 1:46:25,721 h | 3,968 km | 77 | 172,248 km/h | 13. Agosto | ||
| 1996 | Williams-Renault | 1:46:21,134 h | 3,968 km | 77 | 172,372 km/h | 11. Agosto | ||
| 1997 | Williams-Renault | 1:45:47,149 h | 3,968 km | 77 | 173,295 km/h | 10. Agosto | ||
| 1998 | Ferrari | 1:45:25,550 h | 3,972 km | 77 | 174,062 km/h | 16. Agosto | ||
| 1999 | McLaren-Mercedes | 1:46:23,536 h | 3,972 km | 77 | 172,481 km/h | 15. Agosto | ||
| 2000 | McLaren-Mercedes | 1:45:33,869 h | 3,975 km | 77 | 173,965 km/h | 13. Agosto | ||
| 2001 | Ferrari | 1:41:49,675 h | 3,975 km | 77 | 180,348 km/h | 19. Agosto | ||
| 2002 | Ferrari | 1:41:49,001 h | 3,975 km | 77 | 180,368 km/h | 18. Agosto | ||
| 2003 | Renault | 1:39:01,460 h | 4,381 km | 70 | 185,811 km/h | 24. Agosto | ||
| 2004 | Ferrari | 1:35:26,131 h | 4,381 km | 70 | 192,802 km/h | 15. Agosto | ||
| 2005 | McLaren-Mercedes | 1:37:25,552 h | 4,381 km | 70 | 188,859 km/h | 31. Xulllo | ||
| 2006 | Honda | 1:52:20,941 h | 4,381 km | 70 | 163,773 km/h | 6. Agosto | ||
| 2007 | McLaren-Mercedes | 1:35:52,991 h | 4,381 km | 70 | 191,898 km/h | 5. Agosto | ||
| 2008 | McLaren-Mercedes | 1:37:27,067 h | 4´381 km | 70 | 188´684 km/h | 3. Agosto | ||
| 2009 | McLaren-Mercedes | 1:38:23,876 h | 4´381 km | 70 | 186´973 km/h | 26. Xullo | ||
| 2010 | Red Bull Racing | 1:41:05,571 h | 4´381 km | 70 | 181´989 km/h | 1. Agosto | ||
| 2011 | McLaren-Mercedes | 1:46:42,337 h | 4´381 km | 70 | 172´416 km/h | 31. Xullo | ||
| 2012 | McLaren-Mercedes | 1:41:05,503 h | 4´381 km | 70 | 179´391 km/h | 29. Xullo |
Record: M.Schumacher (4 Veces)