Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 é o decimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 9 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 10 de maio, e finalizou o 12 de decembre. Jack Brabham gañou o título nun deporte que aínda se cambaleaba pola tráxica perda de varios pilotos, incluíndo ao actual campión Mike Hawthorn.
A retirada de Vanwall, que se cre foi resultado da elevada taxa de mortalidade da tempada de 1958, deixou a Ferrari como o único equipo gañador de carreiras no campionato. Con todo, o dominio británico continuou cos revolucionarios autos de motor traseiro de Cooper. Os Cooper conducidos por Jack Brabham, Stirling Moss e Bruce McLaren gañaron cinco carreiras e BRM finalmente gañou unha nas mans de Jo Bonnier.
Aston Martin tamén apareceu cun coche que, comparado ca revolución do motor traseiro de Cooper, era obsoleto e pesado. O Gran Premio de Alemaña celebrouse por primeira e única vez no circuíto de alta velocidade de AVUS, onde o piloto Jean Behra de Ferrari morreu durante unha carreira de autos sin relación ca F1.
O Ferrari de Tony Brooks loitou cos Cooper ata a última carreira na que, Moss ou Brabham tamén podían gañar o título. Moss retirouse da carreira, o primeiro GP de Estados Unidos fora de Indianápolis, tomando Brabham a dianteira. Brabham quedou sen combustible na última volta, pero empuxou o coche ata a liña de meta para acabar cuarto. Con Brooks terceiro Brabham converteuse no primeiro australiano campión do mundo, mentres que Cooper gañou a coroa de Construtores.
Calendario de Grandes Premios [editar]
Clasificación do Mundial de Constructores de 1959 [editar]
Os puntos concédense sobre a base 8-6-4-3-2 aos cinco primeiros clasificados en cada carreira. Con todo, un único fabricante só recibia puntos polos cinco mellores resultados das oito carreiras.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1959 [editar]
Os puntos concédense sobre a base 8-6-4-3-2 aos cinco primeiros clasificados en cada carreira.
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
|
- Negra. Volta rápida (1 punto)
- Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: