Scuderia Toro Rosso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toro Rosso
Toro Rosso logo in a truck.jpg
Nome completo Scuderia Toro Rosso
Bandeira coa que compite Italia Italia
Base en Faenza, Italia
Xefe de Equipo Flag of Austria.svg Franz Tost
Director Técnico James Key
Pilotos 25. Francia Jean-Eric Vergne[1]
26. Flag of Russia.svg Daniil Kvyat[1]
Pilotos de probas Suíza Sebastian Buemi
Chasis STR9[2]
Motor Renault[3]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Bahrain de 2006
Carreiras 158
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 1
Pole positions 1
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Posición no campionato 7º (17 ptos)
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

A Scuderia Toro Rosso, ou simplemente Toro Rosso, e ás veces diminuído na escrita como STR, é un equipo de Fórmula 1 que corre baixo bandeira italiana, propiedade de Red Bull e do ex-piloto Gerhard Berger ó 50%[Cómpre referencia]. O seu nome ("Escudería Touro Vermello" en galego) é unha clara alusión ós primeiros e á escudería Red Bull Racing, xa que é o seu equipo - B[Cómpre referencia]. O seu Xefe de Equipo é Franz Tost e o seu Director Técnico é Alex Hitzinger.

A escudería debutou na competición na tempada de 2006, despois de que a finais do ano anterior a compañía austríaca mercara Minardi das mans de Paul Stoddart.

Historia[editar | editar a fonte]

A creación da escudería[editar | editar a fonte]

Aínda que oficialmente a andaina da Scuderia Toro Rosso comezou cando se fixo oficial o 10 de setembro de 2005[4], a venda de Minardi a Red Bull Racing por 73.7 millóns de dólares[5], houbera durante moito tempo ruxe ruxes sobre a venda da escudería italiana, que Paul Stoddart, o seu dono, sempre se encargou de desmentilos[6]. Porén, pouco tempo antes da venda, filtrouse á prensa que Dietrich Mateschitz, patrón de Red Bull Racing, estaba interesado en mercala, e que durante Gran Premio de Bélxica de 2005, celebraríase unha reunión entre representantes dos dous equipos[7], na que a operación finalmente se cristalizaría. Xa nese GP, o acordo foi anunciado[Cómpre referencia].

Nese mesmo acordo, nunha cláusula do contrato especificábase que a escudería non podería abandonar as instalacións de Faenza até, polo menos, o 2008[Cómpre referencia]. Porén, unha fonte interna da marca de bebidas enerxéticas confirmou que marchaban a Inglaterra[8], información desmentida polo propio Mateschitz a fináis de setembro[9].

O 1 de novembro Red Bull Racing tomou o control da escudería[10] e a bautizou como Squadra Toro Rosso após barallar varios nomes como Red Bull Rookie[11], pero 22 días despois se decide cambialo a Scuderia Toro Rosso, xa que o termo italiano Squadra refírese máis a equipos de fútbol que a escuderías de automobilismo[12].

O mesmo día 1 de novembro, se anuncia que Franz Tost, antigo xefe de operacións de BMW Motorsport, será o Xefe de Equipo da escudería[13]. Porén, o 19 de decembro Giancarlo Minardi, fundador de Minardi, abandonaba a nova escudería por "falla de puntos en común" cos novos dirixentes do equipo[14].

A tempada de 2006[editar | editar a fonte]

A tempada de 2006, a primeira que a escudería italiana disputaba, comezou duha maneira moi polémica por mor tanto do chasis como do motor[Cómpre referencia].

O deseño do coche que ían utilizar nesta tempada, o STR1, era o do Red Bull RB1 que na campaña pasada fora utilizado pola súa escudería nai, pero o suficientemente modificado como para non incumprir as normativas da FIA sobre a propiedade intelectual dos monoprazas, que estipula que non se pode correr con chasis que utilizaran escuderías que estean en activo[Cómpre referencia]. A pesar das queixas dalgunhas escuderías, Toro Rosso defendeuse co argumento de que ese deseño era orixinal de Jaguar Racing, polo que os dereitos pertenceran antes á Ford Motor Company, que xa non estaba na competición[Cómpre referencia]. Por outra parte, Toro Rosso foi a única escudería que utilizou os motores V10 do ano 2005 limitados fronte os V8 que empregaron o resto dos equipos. Concretamente, os seus impulsores serían os Cosworth Racing TJ V10 herdados do contrato de Minardi co fabricante inglés, que aínda estaba vixente. Os pneumáticos eran Michelin. Este monopraza foi presentado en marzo de 2006[Cómpre referencia] no Circuíto Internacional de Bahrain, sito en Sakhir.

O 6 de decembro de 2005, fontes da escudería confirmaban que o italiano Vitantonio Liuzzi e mailo estadounidense Scott Speed serían os pilotos oficiais do STR1, mentres que o suízo Neel Jani sería o terceiro piloto. Nesa tempada, foron a escudería coa media de idade máis baixa de toda a grella, con só 23 anos[15]. No tramo final do 2006, o cadro de directivos do equipo completábase coa contratación de Alex Hitzinger como novo Director Técnico, contratación feita oficial o 27 de setembro[16].

O campionato comezaba coa escudería situándose nos postos medios da grella, a pesares de ter, a priori, o motor máis potente[Cómpre referencia]. No seu GP de debut, o de Bahrain, remata Liuzzi de undécimo e Speed de decimo terceiro. Na primeira mitade da tempada, finalizaron constantemente entre os postos 9 e 15 en cada cada carreira, agás naquelas nas que a retirada foi inevitábel (dous veces Liuzzi e tres Speed). Porén, no décimo evento da tempada, o GP dos Estados Unidos celebrado o 2 de xullo, chega o mellor resultado do ano da escudería, un oitavo posto conseguido por Liuzzi que lles da o primeiro punto da historia do equipo, e o único até o momento.

Na segunda parte da tempada, coincidindo co desenvolvemento por parte do resto das escuderías de motores que se acercaban xa ás 20000 rpm, os resultados empeoraban pouco a pouco[Cómpre referencia], rematando nas oito carreiras restantes entre o décimo e o decimo oitavo posto, con dous abandonos de Liuzzi incluídos.

O campionato remataba coa escudería no 9º posto de 11 con un único punto, mentres que no Campionato de Pilotos Luizzi finalizaba 19º con ese punto, e Speed 20º co casilleiro baleiro.

A tempada de 2007[editar | editar a fonte]

No Campionato Mundial de 2007, o novo STR2, contou con motores Ferrari 057[17].

No que ós pilotos respecta, aínda non están confirmados, pero Gerhard Berger declarou que lle gustaría contar de novo con Vitantonio Liuzzi e con Scott Speed[18]. Ademais, Robert Doornbos, confirmou unha oferta da escudería para se-lo piloto de probas[19].

A tempada de 2008[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Posto
2006 STR1 Cosworth TJ2005 V10 M


BAH MAL AUS SAN EUR ESP MON RU CAN USA FRA ALE HUN TUR ITA CHN XPN BRA 1
Italia Vitantonio Liuzzi 11 11 Ret 14 Ret 15 10 13 13 8 13 10 Ret Ret 14 10 14 13
Flag of the United States.svg Scott Speed 13 Ret 9 15 11 Ret 13 Ret 10 Ret 10 12 11 13 13 14 18 11
2007 STR2 Ferrari 056 2.4 V8 B AUS MAL BAH ESP MON CAN USA FRA RU EUR HUN TUR ITA BEL XPN CHN BRA 8
Italia Vitantonio Liuzzi 14 17 Ret Ret Ret Ret 17 Ret 16 Ret Ret 15 17 12 9 6 13
Flag of the United States.svg Scott Speed Ret 14 Ret Ret 9 Ret 13 Ret Ret Ret
Alemaña Sebastian Vettel 16 19 18 Ret Ret 4 Ret
2008 STR2B
STR3
Ferrari 056 2.4 V8 B AUS MAL BAH ESP TUR MON CAN FRA RU ALE HUN EUR BEL ITA SIN XPN CHN BRA 39
Francia Sébastien Bourdais 7 Ret 15 Ret Ret Ret 13 17 11 12 18 10 7 18 12 10 13 14
Alemaña Sebastian Vettel Ret Ret Ret Ret 17 5 8 12 Ret 8 Ret 6 5 1 5 6 9 4
2009 STR4 Ferrari 056 2.4 V8 B AUS MAL CHN BAH ESP MON TUR RU ALE HUN EUR BEL ITA SIN XPN BRA ABU 8 10º
Francia Sébastien Bourdais 8 10 11 13 Ret 8 18 Ret Ret
España Jaime Alguersuari 15 16 Ret Ret Ret Ret 14 Ret
Suíza Sébastien Buemi 7 16 8 17 Ret Ret 15 18 16 16 Ret 12 13 Ret Ret 7 8
2010 STR5 Ferrari 056 2.4 V8 B BAH AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR BRA ABU 13
Suíza Sébastien Buemi 16 Ret 11 Ret Ret 10 16 8 9 12 Ret 12 12 11 14 10 Ret 13 15
España Jaime Alguersuari 13 11 9 13 10 11 12 12 13 Ret 15 Ret 13 15 12 11 11 11 9
2011 STR6 Ferrari 056 2.4 V8 P AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 41
Suíza Sébastien Buemi 8 13 14 9 14 10 10 13 Ret 15 8 Ret 10 12 Ret 9 Ret Ret 12
España Jaime Alguersuari 11 14 Ret 16 16 Ret 8 8 10 12 10 Ret 7 21 15 7 8 15 11
2012 STR7 Ferrari 056 2.4 V8 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 26
Australia Daniel Ricciardo 9 12 17 15 13 Ret 14 11 13 13 15 9 12 9 10 9 13 10 12 13
Francia Jean-Eric Vergne 11 8 16 14 12 12 15 Ret 14 14 16 8 Ret Ret 13 8 15 12 Ret 8
2013 STR8 Ferrari 056 2.4 V8 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 33
Francia Jean-Éric Vergne 12 10 12 Ret Ret 8 6 Ret Ret 12 12 Ret 14 18 12 13 17 16 15
Australia Daniel Ricciardo Ret 18† 7 16 10 Ret 15 8 12 13 10 7 Ret 19 13 10 16 11 10
2014 Toro Rosso STR9 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t P AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR USA BRA ABU 17
Francia Jean-Eric Vergne 8 Ret Ret 12 Ret Ret 8 Ret 10 13 9
Flag of Russia.svg Daniil Kvyat 9 10 11 10 14 Ret Ret Ret 9 Ret 14

* Tempada en progreso.
Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "2014 Scuderia Toro Rosso Driver Line-Up". Scuderia Toro Rosso (Scuderia Toro Rosso SPA). 21 October 2013. http://www.redbull.com/cs/Satellite/en_INT/Article/2014-Scuderia-Toro-Rosso-Driver-Line-Up-021243359932117?p=1242807620404. Consultado o 21 October 2013.
  2. "The Shortest Month". scuderiatororosso.com (Scuderia Toro Rosso). 3 January 2014. http://www.scuderiatororosso.com/cs/Satellite/en_INT/Article/The-shortest-month-021243361370458. Consultado o 24 January 2014.
  3. Straw, Edd (26 May 2013). "Toro Rosso seals Renault Formula 1 engine deal for 2014". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/107672. Consultado o 26 May 2013.
  4. (en castelán) Oficial: Red Bull merca Minardi, en f1.gpupdate.net
  5. (en castelán) Minardi vendido por 75 millóns, en f1.gpupdate.net
  6. (en castelán) Stoddart non pensa vender Minardi, en thef1.com
  7. (en castelán) Red Bull interesado en mercar Minardi, en f1.gpupdate.net
  8. (en castelán) Red Bull-Minardi marchará de Italia, en f1.gpupdate.net
  9. (en castelán) Mateschitz - Minardi ficará en Italia
  10. (en castelán) Red Bull opta por Scuderia Toro Rosso, en f1racing.net
  11. (en castelán) Mateschitz nega rumores sobre Berger, en f1gpupdate.net
  12. (en castelán) Red Bull opta por Scuderia Toro Rosso, en f1.gpupdate.net
  13. (en castelán) Tost, novo director de Squadra Toro Rosso, en f1.gpupdate.net
  14. (en castelán) Giancarlo Minardi deixa Toro Rosso
  15. (en castelán) Toro Rosso confirma os seus pilotos para 2006, en f1.gpupdate.net
  16. (en castelán) Hitzinger, novo director de STR, en f1.gpupdate.net
  17. (en castelán) Motores Renault para RBR, Ferrari para STR, en f1racing.net
  18. (en castelán) Berger quere renovar a Speed y Liuzzi, en f1racing.net
  19. (en castelán) Doornbos ten o seu futuro asegurado, en f1racing.net
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scuderia Toro Rosso

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Os monoprazas da Scuderia Toro Rosso
STR1 - 2006 STR2 - 2007