Sergio Pérez Mendoza
| Sergio Pérez Mendoza (23 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 6 |
| Escudería actual | McLaren-Mercedes |
| Escudería no 2014 | |
| Grandes Premios disputados | 44 (42 saídas) |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Podios | 3 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas rápidas | 2 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2011 |
| Posición no 2013 | 11º (12 ptos.) |
| editar | |
Sergio Pérez Mendoza, máis coñecido como Sergio "Checo" Pérez, nado en Guadalajara (Jalisco) o 26 de xaneiro de 1990, é un piloto de automobilismo mexicano. É irmán de Antonio Pérez Mendoza, tamén piloto de carreiras de coches que compite actualmente na serie Nascar México. Ambos son parte do proxecto de futuras promesas da Escuadra Telmex.
Pérez, quen actualmente reside en Schindellegi, Suíza, foi membro da Academia piloto de Ferrari ata o ano 2012. Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Malaisia de 2012.
Pérez unirase a McLaren para a tempada 2013, en substitución de Lewis Hamilton queando como compañeiro de Jenson Button.
Índice |
Traxectoria [editar]
Inicios [editar]
Inicia a súa carreira á idade de 6 anos no karting en 1996 demostrando a súa valía no seu 1º ano de competición ao lograr 4 vitorias na categoría infantil e ao final do ano, acadou o subcampeonato da categoría.
Na tempada 1997 participou na Categoría Xuvenil (karts), na que foi o piloto máis novo da categoría e obtivo un triunfo, cinco podios e terminou cuarto no campionato.
Ao ano seguinte, volveu competir na categoría Xuvenil, na cal levou oito vitorias e ao final da campaña converteuse no piloto máis novo en proclamarse campión da categoría. Tamén participou nalgunhas carreiras da Shifter 125 c.c. e competiu nunha carreira da Master de Karts en Kadets, na que subiu ao sitio máis alto do podio.
Na tempada 1999 correu na categoría Shifter 80 c.c., na que acumulou tres vitorias e terminou na terceira praza do campionato. Así mesmo, converteuse no piloto máis novo en gañar unha competición na categoría, logo de obter un permiso especial da Federación para poder participar na Shifter 80 c.c.
No ano 2000 concretou o Campionato Shifter 80 c.c. e tamén participou en tres carreiras na categoría Shifter 125 c.c. no Reto Telmex. Con todo, "Checo" non se conformou cos resultados obtidos e na seguinte campaña foi por outro campionato, nesta ocasión o da Shifter 125 c.c. Rexional e de novo foi o piloto máis novo en competir na categoría. Con todos estes logros, o sensacional piloto chamou a atención dos buscadores de talentos da Escuadra Telmex.
Con seis triunfos no 2002, foi nomeado subcampión nacional na categoría Shifter 125 c.c. e participou na carreira mundial de Shifter 80 c.c. nas Vegas, na cal cualificou quinto e terminou no lugar 11, ao competir contra os mellores no seu xénero.
No 2003 foi líder en dous campionatos na Shifter 125 c.c., pero lle retiraron o permiso para as últimas sete carreiras, o cal resultou ser un hándicap nas súas aspiracións polo título. Porén, Sergio terminou o Reto Telmex na terceira posición. Ademais de conquistar o subcampeonato na Copa México. Ese mesmo ano, tamén foi invitado para asistir no Shootout de Easy Karts 125, no que competiu contra pilotos de todo o mundo e logrou cualificar no primeiro lugar, para eventualmente levar a bandeira a cadros, á vez que era o piloto máis novo da categoría.
Fórmula Skip Barber [editar]
O ano 2004 foi quizais un dos máis ocupados de Pérez Mendoza da súa carreira profesional, xa que competiu no Campionato Midwestern e no Nacional da Fórmula Skip Barber, como piloto da Escuadra Telmex. Onde se converteu no piloto máis novo na historia da categoría en subir ao podio. Tamén foi Novato do Ano na Midwestern, logo de terminar na sétima posición, con seis carreiras sen disputar.
Finalizou a campaña da Fórmula Skip Barber Nacional no 11º lugar, cun podio e 77 puntos. Ademais, foi nomeado Novato do Ano na mesma categoría Nacional, con apenas 14 anos de idade.
Sergio acadou cinco podios na Fórmula Skip Barber, catro foron rexionais: en Road America (dous triunfos), Virginia (un triunfo), e Sebring (terceiro), e un nacional: Road America (terceiro). Con todo isto, Pérez Mendoza converteuse no piloto mexicano máis novo en gañar unha carreira no estranxeiro en autos tipo Fórmula, ao superar ao lendario Ricardo Rodríguez e ao ecléctico Carlos Wallace (compañeiro do colexio) neste rubro.
Tamén obtivo o triunfo ao ser invitado a participar nunha competencia da Fórmula Vee, no seu natal Guadalaxara e en sete carreiras finalizou dentro dos 10 primeiros.
Fórmula BMW Alemá [editar]
No 2005 a Escuadra Telmex decidiu brindarlle a oportunidade ao talentoso piloto mexicano de participar na Fórmula BMW de Alemaña, na cal cun equipo pouco competitivo logrou escalar o segundo sitio do podio no primeiro evento da campaña no cal disputáronse dúas carreiras e na segunda carreira logrou a fazaña baixo choiva, para darlle ao seu equipo o mellor resultado da súa historia.
No 2006, "Checo" militou novamente na Fórmula BMW Alemá obtendo un podio e pechando no top-ten do Campionato.
Fórmula 3 Británica [editar]
Para a tempada 2007, Sergio recibe a oportunidade de continuar a súa carreira en Europa e toma parte no disputado Campionato da Fórmula 3 Británica na Clase Nacional, onde tivo o forte compromiso de igualar o título obtido por Salvador Durán no 2005, ademais continua como piloto de probas do equipo nacional na Copa mundial de Nacións A1 Grand Prix onde ao final do ano tivo unhas cantas participacións.
Sergio non decepciona nas expectativas depositadas sobre el e gaña a Fórmula 3 Británica clase Nacional fronte ao chinés Cong Fu Chen impondo nova marca de puntos (376) superando ao seu compatriota e último campión mexicano da categoría, Salvador Durán que impuxera a anterior marca con 300 en 2005. Ademais impuxo marca entre os mexicanos gañadores da categoría (Salvador Durán e Fernando Prata) con 14 vitorias, 19 podios, 12 poles e 12 Voltas rápidas. E para non parar en marcas é o Campión máis novo na Fórmula 3 Británica con 17 anos de idade.
GP2 Series [editar]
Perez únese a Campos Grand Prix para a GP2 Asia Series 2008-09, gañando 2 carreiras e con 26 puntos. En 2009 ficha por Arden International e acaba con 22 puntos no posto 12º. Volve a Campos (renomeado Barwa Addax) para a súa segunda GP2 Asia Series con só 5 puntos, logo na GP2 Series fai unha tempada fanástica con 1 pole, 5 vitorias e segundo posto gañando ao seu compañeiro de equipo Giedo van der Garde e só por detrás de Pastor Maldonado.
Fórmula 1 [editar]
Sauber (2011 - 2012) [editar]
O 4 de outubro de 2010, anunciouse que Pérez competiría na tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Sauber. Así, "Checo" convértese no primeiro mexicano en trinta anos que compite na Fórmula 1, desde que o fixese Héctor Rebaque.
McLaren (2013 - ) [editar]
O 28 de setembro de 2012, Lewis Hamilton anunciou a súa decisión de saír McLaren para fichar por Mercedes. Posteriormente anunciouse que Pérez foi contratado como substituto de Hamilton.
Resultados Completos na Fórmula Un [editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Escudería | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2011 | AUS DSC |
MAL Ret |
CHN 17 |
TUR 14 |
ESP 9 |
MON NTS |
CAN Les |
EUR 11 |
RU 7 |
ALE 11 |
HUN 15 |
BEL Ret |
ITA Ret |
SIN 10 |
XPN 8 |
RCO 16 |
IND 10 |
ABU 11 |
BRA 13 |
16º | 14 | ||
| 2012 | AUS 8 |
MAL 2 |
CHN 11 |
BAH 11 |
ESP Ret |
MON 11 |
CAN 3 |
EUR 9 |
RU Ret |
ALE 6 |
HUN 14 |
BEL Ret |
ITA 2 |
SIN 10 |
XPN Ret |
COR 11 |
IND Ret |
ABU 15 |
USA 11 |
BRA Ret |
10º | 66 | |
| 2013 | AUS 11 |
MAL 9 |
CHN 11 |
BAH 6 |
ESP 9 |
MON |
CAN |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
COR |
XPN |
IND |
ABU |
USA |
BRA |
11º | 12 |