Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2005
Previo: 2004 Vindeiro: 2006
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada
Fernando Alonso gañou o campionato de pilotos con Renault.
Kimi Räikkönen terminou segundo con McLaren, 21 puntos detrás de Alonso.
Michael Schumacher rematou terceiro con Ferrari.

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005 foi o campionato anual número 56 da Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 19 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 6 de marzo, e rematou o 16 de outubro.

Fernando Alonso e o equipo Renault F1 gañaron o Mundial de Pilotos e Campionato de Construtores, pondo fin a cinco anos de dominio de Michael Schumacher e Ferrari. O éxito de Alonso converteuno no campión máis novo na historia deste deporte nese momento. O seu éxito foi o primeiro de Renault como construtor.

A tempada 2005 foi a última de varios equipos de Fórmula Un, con Minardi, BAR e Jordan mercados por novos propietarios.

Informes[editar | editar a fonte]

O aspecto máis coñecido da tempada foi o desacordo de Ferrari causado principalmente por unha nova norma que prohibía o cambio de pneumáticos durante o transcurso da carreira. O pneumáticos Bridgestone usados por Ferrari non puideron atopar o equilibrio adecuado entre rendemento e fiabilidade, deixando para os pilotos Michelin a loita polas carreiras. Outros cambios no regulamento fixeron fincapé na fiabilidade, os motores deberían durar dous Grandes Premios sen ser cambiados.

Renault foi o equipo máis rápido nas probas de pretemporada e dominaron as primeiras carreiras. Giancarlo Fisichella gañou a primeira da tempada en Australia antes de que o seu compañeiro de equipo Alonso demostrase as súas credenciais ao título cunha serie de vitorias en Malaisia, Bahrain e San Marino. A medida que a tempada avanzaba o equipo McLaren de Kimi Raikkonen e Juan Pablo Montoya fíxose cada vez máis competitivo e nas últimas carreiras da tempada, o McLaren considerábase en xeral o equipo máis rápido. Con todo, as constantes fallas técnicas significaron que nin o equipo nin Raikkonen puidesen traducir a velocidade no seu éxito no campionato.

Alonso asegurou o seu Campionato de Pilotos cun terceiro posto no Gran Premio do Brasil. A pesar de que tanto el como Räikkönen tiñan seis vitorias neste punto da tempada, unha maior consistencia de Alonso significou que el gañase o campionato dúas carreiras antes de rematar a tempada. O Campionato de Construtores foi asegurado por Renault na carreira final, coa sétima vitoria de Alonso no ano. Renault conseguiu o seu primeiro campionato como construtor, anteriormente, só lograra triunfar como provedor de motores, a pesar de gañar dúas carreiras menos que McLaren.

Ferrari terminou terceiro no Campionato de Construtores con só unha vitoria, no Gran Premio dos Estados Unidos, nunha penosa estampa logo de que a carreira fora disputada por só seis coches con pneumáticos Bridgestone logo de que Michelin declarase inseguros os seus pneumáticos no Circuíto de Indianápolis único con curvas peraltadas.[1]

Logo dunha impresionante tempada no 2004 a caída máis notable no rendemento despois de Ferrari foi a de BAR-Honda, que foi descualificado e excluído das seguintes dúas carreiras cando os comisarios descubriron en San Marino un compartimento de combustible oculto que permitía que os seus automóbiles correran con baixo peso. Eles foron batidos no Campionato por Williams, cuxo socio de motor BMW, anunciara que ían a unirse a Sauber en xuño, e Toyota, que logrou cinco podios perdeu o terceiro posto no campionato, porque Ferrari acadou a dúas primeiras posicións en Indianápolis.

Todos os equipos anotaron puntos no campionato do mundo ao longo da tempada, Minardi anotou puntos na súa última tempada grazas a ser capaz de correr na carreira dos Estados Unidos.

Pilotos e construtores[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipos e pilotos competiron no campionato do mundo de Fórmula Un de 2005.

Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Carreiras Terceiro piloto Piloto probas
Italia Scuderia Ferrari Marlboro Ferrari F2004M
F2005
Ferrari 053
Ferrari 055
B 1 Alemaña Michael Schumacher Todas n/a Italia Luca Badoer
España Marc Gené
2 Rubens Barrichello Todas
Lucky Strike BAR Honda BAR 007 Honda RA005E M


3 Jenson Button 1–4, 7–19 n/a Anthony Davidson
Enrique Bernoldi
Adam Carroll
Tony Kanaan
Alan van der Merwe
4 Takuma Sato1 1, 3–4, 7–19
Anthony Davidson 2
Francia Mild Seven Renault F1 Team Renault R25 Renault RS25 M


5 España Fernando Alonso Todas n/a Francia Franck Montagny
Lucas di Grassi
Polonia Robert Kubica
Suíza Giorgio Mondini
6 Italia Giancarlo Fisichella Todas
BMW WilliamsF1 Team Williams FW27 BMW P84/5 M


7 Australia Mark Webber Todas n/a Antônio Pizzonia
Alemaña Nico Rosberg
Andy Priaulx
Alemaña Sebastian Vettel
8 Alemaña Nick Heidfeld 1–14
Antônio Pizzonia 15–19
West McLaren Mercedes
Team McLaren Mercedes 10
McLaren MP4-20 Mercedes FO110R M


9 Finlandia Kimi Räikkönen Todas 35 España Pedro de la Rosa
Austria Alexander Wurz
España Pedro de la Rosa
Austria Alexander Wurz
Gary Paffett
10 Juan Pablo Montoya2 1–2, 5–19
España Pedro de la Rosa 3
Austria Alexander Wurz 4
Suíza Sauber Petronas Sauber C24 Petronas 05A M


11 Jacques Villeneuve Todas non non
12 Felipe Massa Todas
Red Bull Racing Red Bull RB1 Cosworth TJ2005 M


14 David Coulthard Todas 37 Italia Vitantonio Liuzzi
Austria Christian Klien
Scott Speed
Scott Speed
Suíza Neel Jani
15 Austria Christian Klien3 1–3, 8–19
Italia Vitantonio Liuzzi 4–7
Panasonic Toyota Racing Toyota TF105
TF105B
Toyota RVX-05 M


16 Italia Jarno Trulli Todas 38 Ricardo Zonta
Francia Olivier Panis
Francia Olivier Panis
Australia Ryan Briscoe
Francia Franck Perera
España Borja García
17 Alemaña Ralf Schumacher 1–8, 10–19
Ricardo Zonta 9
Jordan Grand Prix Jordan EJ15
EJ15B
Toyota RVX-05 B 18 Portugal Tiago Monteiro Todas 39 Países Baixos Robert Doornbos
Francia Franck Montagny
Dinamarca Nicolas Kiesa
Sakon Yamamoto
Países Baixos Nicky Pastorelli
Mario Domínguez
19 India Narain Karthikeyan Todas
Italia Minardi Cosworth Minardi PS04B
PS05
Cosworth CK2004
Cosworth TJ2005
B 20 Austria Patrick Friesacher 1–11 40 Chanoch Nissany7
Italia Enrico Toccacelo8
Chanoch Nissany
Uruguai Juan Cáceres
España Roldán Rodríguez
Países Baixos Robert Doornbos5 12–19
21 Países Baixos Christijan Albers Todas

Todos os motores son de 3´0 litros, configuración V10.

  1. Anthony Davidson ( BAR) competiu en Malaisia substituíndo a Takuma Sato enfermo (febre, gripe).
  2. Pedro de la Rosa (McLaren) competiu en Bahrain substituíndo a un lesionado Juan Pablo Montoya (lesión no ombreiro); Alexander Wurz foi o terceiro piloto en lugar de de la Rosa no Gran Premio de San Marino de 2005, de la Rosa e Wurz intercambiaron os papeis.
  3. Vitantonio Liuzzi e Christian Klein foron contratados en Red Bull Racing para participar en polo menos tres carreiras, e aceptaron compartir o seu asento durante a tempada. Klien pilotou as tres primeiras carreiras, Liuzzi o substituíu nos Grandes Premios de San Marino, España, Mónaco e Europa; Klien regresou de novo no GP do Canadá, e completou o resto das carreiras da tempada.
  4. Robert Doornbos foi o terceiro piloto de Jordan en 9 das 11 primeiras carreiras da tempada. Franck Montagny substituíuno no Gran Premio de Europa, Jordan prohibiulles o uso dun terceiro coche no Gran Premio do Canadá logo de usar demasiados pneumáticos na carreira anterior. Nicolas Kiesa substituíu a Doornbos do Gran Premio de Alemaña en diante.
  5. Patrick Friesacher foi substituído no Minardi por Robert Doornbos a partir do Gran Premio de Alemaña de 2005 por cuestións de patrocinio.
  6. Os equipos con Pneumáticos Michelin non participaron no Gran Premio dos Estados Unidos por razóns de seguridade, deixando só seis coches na grella de saída da carreira.
  7. Chanoch Nissany converteuse no terceiro piloto de Minardi para o Gran Premio de Hungría.
  8. Enrique Toccacelo substituíu a Chanoch Nissany como terceiro piloto de Minardi no Gran Premio de Turquía.
  9. Antonio Pizzonia substituíu a Heidfeld en Williams no Gran Premio de Italia logo de que Heidfeld decidira retirarse logo de queixarse dunha severa dor de cabeza. A principios de semana, estrelouse durante unha sesión de probas en Monza. Pizzonia substituíu a Heidfeld de novo nas tres restantes carreiras da tempada logo de que Heidfeld tivese un accidente de motocicleta.
  10. No Gran Premio de Hungría, West McLaren Mercedes converteuse no equipo McLaren Mercedes.
  11. 2005 foi o último ano do motor de 3 litros V10.

Cambios pilotos[editar | editar a fonte]

O cambio máis notable da tempada de 2005 foi a aliñación de pilotos, só sete pilotos correron para o equipo co que comezaran na tempada 2004, outros 7 pilotos cambiaron a novos equipos.

Piloto Equipo 2004 Equipo 2005 Posición no equipo
Italia Giancarlo Fisichella Suíza Sauber Petronas Francia Mild Seven Reanult F1 Team Piloto titular
Australia Mark Webber Jaguar Racing BMW Williams Team Piloto titular
Alemaña Nick Heidfeld Jordan Ford BMW Williams Team Piloto titular
Juan Pablo Montoya BMW Williams Team West McLaren Mercedes Piloto titular
Jacques Villeneuve Francia Mild Seven Reanult F1 Team Suíza Sauber Petronas Piloto titular
David Coulthard West McLaren Mercedes Austria Red Bull Racing Piloto titular
Austria Christian Klien Jaguar Racing Austria Red Bull Racing Piloto titular
Italia Jarno Trulli* Francia Mild Seven Reanult F1 Team Panasonic Toyota Racing Piloto titular
Alemaña Ralf Schumacher BMW Williams Team Panasonic Toyota Racing Piloto titular
Portugal Tiago Monteiro non Jordan Grand Prix Piloto titular
India Narain Karthikeyan non Jordan Grand Prix Piloto titular
Austria Patrick Friesacher non Italia Minardi F1 Team Piloto titular
Países Baixos Christijan Albers non Italia Minardi F1 Team Piloto titular
Cristiano da Matta Panasonic Toyota Racing non
Francia Olivier Panis Panasonic Toyota Racing Panasonic Toyota Racing Asesor/piloto de probas
Italia Giorgio Pantano Jordan Ford non
Italia Gianmaria Bruni Italia Minardi F1 Team non
Hungría Zsolt Baumgartner Italia Minardi F1 Team non
Países Baixos Robert Doornbos Jordan Ford Italia Minardi F1 Team Piloto de probas
Polonia Robert Kubica non Francia Mild Seven Reanult F1 Team Piloto de probas

Cambio escuderías[editar | editar a fonte]

Red Bull Racing fíxose cargo do equipo Jaguar, e correu con motores Cosworth. O primeiro piloto de Red Bull, foi o veterano escocés David Coulthard, xunto con Christian Klein. Red Bull obtivo un bo inicio, anotando 11 puntos tras as dúas primeiras carreiras. Jordan Grand Prix con motores Toyota foi comprado por Midland Group, con todo o equipo continuou como Jordan ata 2006.

Logo do GP dos Estados Unidos, Peter Sauber anunciou que Credit Suisse vendera a BMW a súa participación maioritaria no seu equipo Sauber, anunciando na práctica a súa intención de correr como equipo de fábrica de BMW en 2006.

Calendario dos Grandes Premios de Fórmula Un de 2005[editar | editar a fonte]

Carreira Nome da carreira Gran Premio Circuíto Data
1 Foster's Gran Premio de Australia GP de Australia Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne 6 de marzo
2 Petronas Gran Premio de Malaisia GP de Malaisia Malaisia Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 20 de marzo
3 Gulf Air Gran Premio de Bahrain GP de Bahrain Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 3 de abril
4 Gran Premio Foster's di San Marino GP de San Marino Italia Autódromo Enzo e Dino Ferrari, Imola 24 de abril
5 Marlboro Gran Premio de España GP de España España Circuíto de Cataluña, Barcelona 8 de maio
6 Gran Premio de Mónaco GP de Mónaco Circuíto de Mónaco, Monte-Carlo 22 de maio
7 Gran Premio de Europa GP de Europa Alemaña Nürburgring 29 de maio
8 Grand Prix du Canada GP do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 12 de xuño
9 Gran Premio dos Estados Unidos GP dos Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos Circuíto de Indianápolis 19 de xuño
10 Grand Prix de France GP de Francia Francia Circuit de Nevers, Magny-Cours 3 de xullo
11 Foster's Gran Premio do Reino Unido GP do Reino Unido Circuíto de Silverstone 10 de xullo
12 Großer Mobil 1 Preis von Deutschland GP de Alemaña Alemaña Hockenheimring 24 de xullo
13 Marlboro Magyar Nagydíj GP de Hungría Hungría Hungaroring, Budapest 31 de xullo
14 Gran Premio de Turquía GP de Turquía Circuíto de Istambul 21 de agosto
15 Gran Premio Vodafone d'Italia GP de Italia Italia Autodromo Nazionale Monza 4 de setembro
16 Gran Premio de Bélxica GP de Bélxica Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa 11 de setembro
17 Grande Prêmio do Brasil GP do Brasil Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 25 de setembro
18 Fuji Television Gran Premio do Xapón GP do Xapón Circuíto de Suzuka 9 de outubro
19 Sinopec Gran Premio da China GP da China República Popular da China Circuíto Internacional de Xangai 16 de outubro

Resultados e clasificación[editar | editar a fonte]

No calendario de Fórmula 1 de 2005 aparece unha nova carreira en Turquía, a poucos quilómetros da liña divisoria entre Europa e Asia. O circuíto de nova construción en Istambul uniuse aos recentemente chegados en 2004 Bahrain e a China. A tempada de 2005, foi testemuña de dous dos grandes premios máis calorosos da historia: a temperatura da pista no inicio da carreira de Malaisia foi de 51 °C, mentres que en Bahrain o mercurio disparouse máis aló dos 56 °C.

Grandes Premios[editar | editar a fonte]

Rd. Gran Premio Pole Position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados
1 Australia Gran Premio de Australia Italia Giancarlo Fisichella España Fernando Alonso Italia Giancarlo Fisichella Francia Renault Resultados
2 Malaisia Gran Premio de Malaisia España Fernando Alonso Finlandia Kimi Räikkönen España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
3 Bahrain Gran Premio de Bahrain España Fernando Alonso España Pedro de la Rosa España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
4 Gran Premio de San Marino Finlandia Kimi Räikkönen Alemaña Michael Schumacher España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
5 España Gran Premio de España Finlandia Kimi Räikkönen Italia Giancarlo Fisichella Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
6 Gran Premio de Mónaco Finlandia Kimi Räikkönen Alemaña Michael Schumacher Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
7 Alemaña Gran Premio de Europa Alemaña Nick Heidfeld España Fernando Alonso España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
8 Gran Premio do Canadá Jenson Button Finlandia Kimi Räikkönen Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
9 Gran Premio dos Estados Unidos Italia Jarno Trulli Alemaña Michael Schumacher Alemaña Michael Schumacher Italia Ferrari Resultados
10 Francia Gran Premio de Francia España Fernando Alonso Finlandia Kimi Räikkönen España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
11 Gran Premio do Reino Unido España Fernando Alonso Finlandia Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
12 Alemaña Gran Premio de Alemaña Finlandia Kimi Räikkönen Finlandia Kimi Räikkönen España Fernando Alonso Francia Renault Resultados
13 Hungría Gran Premio de Hungría Alemaña Michael Schumacher Finlandia Kimi Räikkönen Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
14 Gran Premio de Turquía Finlandia Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
15 Italia Gran Premio de Italia Juan Pablo Montoya Finlandia Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
16 Bélxica Gran Premio de Bélxica Juan Pablo Montoya Alemaña Ralf Schumacher Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
17 Gran Premio do Brasil España Fernando Alonso Finlandia Kimi Räikkönen Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados
18 Gran Premio do Xapón Alemaña Ralf Schumacher Finlandia Kimi Räikkönen Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
19 República Popular da China Gran Premio da China España Fernando Alonso Finlandia Kimi Räikkönen España Fernando Alonso Francia Renault Resultados

Pilotos[editar | editar a fonte]

Pos Piloto AUS
Australia
MAL
Malaisia
BHR
Bahrain
SMR
ESP
España
MON
EUR
Unión Europea
CAN
USA(‡)
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
TUR
ITA
Italia
BEL
Bélxica
BRA
XPN
CHN
República Popular da China
Puntos
1 España Fernando Alonso 3 1 1 1 2 4 1 Ret NTS 1 2 1 11 2 2 2 3 3 1 133
2 Finlandia Kimi Räikkönen 8 9 3 Ret 1 1 11 1 NTS 2 3 Ret 1 1 4 1 2 1 2 112
3 Alemaña Michael Schumacher Ret 7 Ret 2 Ret 7 5 2 1 3 6 5 2 Ret 10 Ret 4 7 Ret 62
4 Juan Pablo Montoya 6 4 7 5 7 DSC NTS Ret 1 2 Ret 3 1 14 1 Ret Ret 60
5 Italia Giancarlo Fisichella 1 Ret Ret Ret 5 12 6 Ret NTS 6 4 4 9 4 3 Ret 5 2 4 58
6 Alemaña Ralf Schumacher 12 5 4 9 4 6 Ret 6 7 8 6 3 12 6 7 8 8 3 45
7 Italia Jarno Trulli 9 2 2 5 3 10 8 Ret NTS 5 9 14 4 6 5 Ret 13 Ret 15 43
8 Rubens Barrichello 2 Ret 9 Ret 9 8 3 3 2 9 7 10 10 10 12 5 6 11 12 38
9 Jenson Button 11 Ret Ret DSC 10 Ret NTS 4 5 3 5 5 8 3 7 5 8 37
10 Australia Mark Webber 5 Ret 6 7 6 3 Ret 5 NTS 12 11 NC 7 Ret 14 4 NC 4 7 36
11 Alemaña Nick Heidfeld Ret 3 Ret 6 10 2 2 Ret NTS 14 12 11 6 Ret 28
12 David Coulthard 4 6 8 11 8 Ret 4 7 NTS 10 13 7 Ret 7 15 Ret Ret 6 9 24
13 Felipe Massa 10 10 7 10 11 9 14 4 NTS Ret 10 8 14 Ret 9 10 11 10 6 11
14 Jacques Villeneuve 13 Ret 11 4 Ret 11 13 9 NTS 8 14 15 Ret 11 11 6 12 12 10 9
15 Austria Christian Klien 7 8 NTS 8 NTS Ret 15 9 Ret 8 13 9 9 9 5 9
16 Portugal Tiago Monteiro 16 12 10 13 12 13 15 10 3 13 17 17 13 15 17 8 Ret 13 11 7
17 Austria Alexander Wurz 3 6
18 India Narain Karthikeyan 15 11 Ret 12 13 Ret 16 Ret 4 15 Ret 16 12 14 20 11 15 15 Ret 5
19 Países Baixos Christijan Albers Ret 13 13 Ret Ret 14 17 11 5 Ret 18 13 NC Ret 19 12 14 16 16 4
20 España Pedro de la Rosa 5 4
21 Austria Patrick Friesacher 17 Ret 12 Ret Ret Ret 18 Ret 6 Ret 19 3
22 Antônio Pizzonia 7 15 Ret Ret 13 2
23 Takuma Sato 14 Ret DSC 12 Ret NTS 11 16 12 8 9 16 Ret 10 DSC Ret 1
24 Italia Vitantonio Liuzzi 8 Ret Ret 9 1
25 Países Baixos Robert Doornbos 18 Ret 13 18 13 Ret 14 14 0
Anthony Davidson Ret 0
Ricardo Zonta NTS 0
Pos Piloto AUS
Australia
MAL
Malaisia
BHR
Bahrain
SMR
ESP
España
MON
EUR
Unión Europea
CAN
USA(‡)
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
TUR
ITA
Italia
BEL
Bélxica
BRA
XPN
CHN
República Popular da China
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia da carreira
‡ Os pilotos con pneumáticos Michelin tiveron que retirarse do Gran Premio dos Estados Unidos de 2005 antes do inicio da carreira por motivos de seguridade..

Construtores[editar | editar a fonte]

Pos Construtor Coche
AUS
Australia
MAL
Malaisia
BHR
Bahrain
SMR
ESP
España
MON
EUR
Unión Europea
CAN
USA(‡)
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
TUR
ITA
Italia
BEL
Bélxica
BRA
XPN
CHN
República Popular da China
Puntos
1 Francia Renault 5 3 1 1 1 2 4 1 Ret NTS 1 2 1 11 2 2 2 3 3 1 191
6 1 Ret Ret Ret 5 12 6 Ret NTS 6 4 4 9 4 3 Ret 5 2 4
2 McLaren-Mercedes 9 8 9 3 Ret 1 1 11 1 NTS 2 3 Ret 1 1 4 1 2 1 2 182
10 6 4 5 3 7 5 7 DSC NTS Ret 1 2 Ret 3 1 14 1 Ret Ret
3 Italia Ferrari 1 Ret 7 Ret 2 Ret 7 5 2 1 3 6 5 2 Ret 10 Ret 4 7 Ret 100
2 2 Ret 9 Ret 9 8 3 3 2 9 7 10 10 10 12 5 6 11 12
4 Toyota 16 9 2 2 5 3 10 8 Ret NTS 5 9 14 4 6 5 Ret 13 Ret 15 88
17 12 5 4 9 4 6 Ret 6 NTS 7 8 6 3 12 6 7 8 8 3
5 Williams-BMW 7 5 Ret 6 7 6 3 Ret 5 NTS 12 11 NC 7 Ret 14 4 NC 4 7 66
8 Ret 3 Ret 6 10 2 2 Ret NTS 14 12 11 6 Ret 7 15 Ret Ret 13
6 BAR-Honda 3 11 Ret Ret DSC EX EX 10 Ret NTS 4 5 3 5 5 8 3 7 5 8 38
4 14 Ret Ret DSC EX EX 12 Ret NTS 11 16 12 8 9 16 Ret 10 DSC Ret
7 Austria RBR-Cosworth 14 4 6 8 11 8 Ret 4 7 NTS 10 13 7 Ret 7 15 Ret Ret 6 9 34
15 7 8 NTS 8 Ret Ret 9 8 NTS Ret 15 9 Ret 8 13 9 9 9 5
8 Suíza Sauber-Petronas 11 13 Ret 11 4 Ret 11 13 9 NTS 8 14 15 Ret 11 11 6 12 12 10 20
12 10 10 7 10 11 9 14 4 NTS Ret 10 8 14 Ret 9 10 11 10 6
9 Jordan-Toyota 18 16 12 10 13 12 13 15 10 3 13 17 17 13 15 17 8 Ret 13 11 12
19 15 11 Ret 12 13 Ret 16 Ret 4 15 Ret 16 12 14 20 11 15 15 Ret
10 Italia Minardi-Cosworth 20 17 Ret 12 Ret Ret Ret 18 Ret 6 Ret 19 18 Ret 13 18 13 Ret 14 14 7
21 Ret 13 13 Ret Ret 14 17 11 5 Ret 18 13 NC Ret 19 12 14 16 16
Pos Construtor Coche
AUS
Australia
MAL
Malaisia
BHR
Bahrain
SMR
ESP
España
MON
EUR
Unión Europea
CAN
USA(‡)
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
TUR
ITA
Italia
BEL
Bélxica
BRA
XPN
CHN
República Popular da China
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Cambios na regulación[editar | editar a fonte]

Durante un tempo existiu posibilidade real de que algúns equipos participaran con tres coches en cada Gran premio. (Menos de 10 equipos, ou 20 coches na grella de saída podería dar lugar a que algúns equipos correran con tres coches, nun termo escuro do Acordo da Concordia). Na primeira carreira da tempada, había dez equipos, Red Bull comprara Jaguar e estaba listo para a carreira de Australia. Minardi, inicialmente recibiu unha autorización permitindolles competir a pesar de que os seus coches non cumprían a nova normativa, foron modificados posteriormente para cumprir o Regulamento de 2005.

Esta tempada estréanse novas regras tendientes a diminuír a velocidade dos automóbiles, reducir os custos dos equipos de Fórmula 1 e de reducir a enorme diferenza entre equipos da tempada anterior. Estes cambios concéntranse en catro aspectos importantes: O sistema de cualificación para as posicións de saída, o motor, os pneumáticos e a aerodinámica:

Sistema de cualificación[editar | editar a fonte]

Nas primeiras seis carreiras da tempada 2005 utilizouse o novo formato de cualificación, sendo a terceira vez en cinco anos de grandes cambios nas normas de cualificación. Había unha primeira quenda de cualificación o sábado pola tarde, cada piloto tiña dereito a unha volta cronometrada. A orde de partida era o inverso á orde de chegada da carreira precedente. Non había restrición sobre a cantidade de combustible para esta primeira quenda. O resultado desta quenda definía a orde de partida da segunda quenda e, en parte, a posición de partida da carreira.

Unha segunda quenda de clasificación tiña lugar o domingo na mañá, novamente a cada piloto cronometrabaselle unha soa volta. Os pilotos saian en orde inversa ao da posición lograda na primeira quenda de cualificación. A cantidade de combustible a fixaba cada equipo, pero non se podía agregar combustible adicional antes do inicio da carreira da tarde. Os resultados desta quenda de cualificación sumados aos da primeira quenda definian as posicións de partida para a carreira.

A partir das clasificacións do Gran Premio de Europa (en Nürburgring), cambiouse a un novo sistema, mestura dos deste ano e o anterior: a partir deste GP, limitouse a quenda de cualificacións a só 1 volta, o sábado. A orde de saída ségueo determinando o inverso da clasificación da carreira precedente.

Motor[editar | editar a fonte]

En 2005, os motores son V10, de 3000 cc, sen límite de peso, e debían durar dúas carreiras incluídas as súas quendas de cualificación respectivas e os ensaios de venres e sábado. Se era necesario cambiar o motor antes da primeira quenda de cualificación, o vehículo tiña unha penalización de 10 postos na posición de partida da carreira. Por un cambio de motor entre as quendas de cualificación e a carreira, o vehículo sairá último na grella.

Estímase que cada motor debería circular 1.500 km. Se un piloto non termina unha carreira, pode cambiar de motor sen penalización.

Para as tempadas 2006-2007, os motores dun coche de Fórmula 1 deberían ser V8, 2400 cc, e cun peso limitado a 95 kg. Aínda que non se determina cantas carreiras debería durar este novo motor, había rumores de que deberán durar entre 5 a 6 GPs.

Poderían ser usados motores V10 de 3000 cc os equipos que non puidesen acceder aos novos motores, baixo autorización da FIA, a que determinará as limitacións en potencia e revolucións de motor aplicables a este. Estas limitacións serán cambiadas cada certo tempo (2 ou 3 GPs).

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

Cada equipo terá opción entre tres tipos de pneumáticos para chan seco nas prácticas do venres. Do tipo escollido, terán sete xogos dispoñibles: tres para ensaios do venres, tres para quendas de cualificación e carreira e outro para cambiar en caso de picada ou defecto dos pneumáticos. Este cambio só poderá ser autorizado por un Comisario da FIA, na medida que el considere conveniente.

O cambio a pneumáticos de choiva só poderá realizarse se o director da carreira xunto cos Comisarios de Pista, estímano así conveniente, para non arriscar a integridade dos pilotos, comisarios en pista, técnicos en pista e público presente. Este cambio será autorizado en función da humidade da pista.

Aerodinámica[editar | editar a fonte]

Este ano na Fórmula 1 o alerón dianteiro será máis alto e máis pequeno que na tempada anterior, e máis próximo ao eixo de gravidade do vehículo. Igualmente redúcese o tamaño dos outros aleróns, diminuíndo así os apoios aerodinámicos.

Un alerón traseiro só pode deformarse 1 grao como máximo, por 1000 N (100 kg) de peso aplicado nel.

A FIA poderá realizar probas de flexibilidade nos aleróns ou outras partes do coche, da forma e momento que estime conveniente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seven teams boycott US Grand Prix". BBC News. 2005-06-19. Consultado o 2006-10-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]