Mercedes GP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Mercedes
Mercedes AMG Petronas logo.png
Nome completo Mercedes AMG Petronas Formula One Team
(2012–)
Mercedes GP Petronas Formula One Team (2010–2011)
Daimler-Benz AG
(1954–1955)
Bandeira coa que compite Alemaña Alemaña
Base en Flag of the United Kingdom.svg Brackley[1]
Alemaña Stuttgart
Xefe de Equipo Paddy Lowe
Director Técnico Flag of the United Kingdom.svg Bob Bell
Pilotos 6. Alemaña Nico Rosberg[2]
44. Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton[3]
Pilotos de probas Flag of the United Kingdom.svg Sam Bird
Flag of Malaysia.svg Jazeman Jaafar
Chasis Mercedes F1 W05[4]
Motor Mercedes-Benz PU106A Hybrid [5]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Francia de 1954
Carreiras 98
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 2 (1954, 1955)
Vitorias 21
Pole positions 25
Voltas Rápidas 18
Puntos totais 0
Posición no campionato 1º (326 pts.)
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

Mercedes Grand Prix, oficialmente Mercedes AMG Petronas Formula One Team con sede en Brackley, Reino Unido, é un equipo de Fórmula 1, baixo a dirección da empresa automobilística alemá Mercedes-Benz e con licenza alemá.

Orixes[editar | editar a fonte]

Formouse nos anos 30, competindo no Campionato de Europa anterior á guerra gañando tres títulos, cando as Frechas de Prata dominaban xunto cos seus rivais de Auto Union. Ambos os equipos foron financiados en gran medida polo réxime nazi, gañando todos os Campionato Europeo de Automobilismo despois de 1932, dos cales Rudolf Caracciola gañou tres para Mercedes- Benz.[6]

1954-1955[editar | editar a fonte]

Participou na Fórmula 1 en 1954 e 1955. Logo de gañar a súa primeira carreira no Gran Premio de Francia de 1954, o piloto Juan Manuel Fangio gañou outros tres grandes premios para gañar o campionato de pilotos de 1954, e repetira este éxito en 1955 cando gañou o segundo título de Mercedes. Ao finalizar a tempada a empresa alemá decidiu retirarse da Fórmula 1 como consecuencia da logo coñecida como traxedia de Le Mans de 1955, onde o piloto Pierre Levegh e outros 82 espectadores faleceron.

Karl Kling ao volante da W196 en Nürburgring

2010-Presente[editar | editar a fonte]

Regresou como provedor de motores en 1994 en asociación con Ilmor, duas escuderías e catro pilotos gañaron campionatos cos motores Mercedes-Benz. O 16 de novembro de 2009, ca compra do equipo campión da tempada 2009, Brawn GP, anunciou a súa volta á Fórmula 1 para a tempada 2010. Con esta adquisición, McLaren (ata entón "parella" da marca da estrela na Fórmula 1) pasou a ser simplemente un equipo que recibe os motores alemáns, Mercedes-Benz vendeu o 40% das accións que tiña en McLaren, que foron compradas polo equipo de Woking. En 2011, Mercedes desvinculouse totalmente de McLaren no que respecta á propiedade do equipo pero continuan os acordos para a subministración de material.

Logo da compra do equipo, así como do acordo de patrocinio con Petronas,[7] o equipo foi rebautizado como Mercedes GP Petronas Formula One Team.[8] O equipo ten unha historia complexa, que se remonta á Tyrrell Racing, que competiu como construtor desde 1970 ata 1998, cando foi comprado por British American Tobacco para converterse en British American Racing en 1999. BAR, formou unha alianza con Honda, co tempo converteuse en Honda Racing F1 Team en 2006, cando BAT retirouse do deporte. De novo cambiou de mans en 2008, cando Honda retirouse, e foi comprado por un grupo de empresarios, dándolle o nome de Brawn GP o do director do equipo Ross Brawn[9] Brawn utilizou motores de Mercedes-Benz HighPerformanceEngines e a pesar de correr cun orzamento baixo, Jenson Button gañou seis das sete primeiras carreiras e, finalmente, o Campionato do Mundo de pilotos de 2009, e Brawn GP gañou o título de Construtores. Foi a primeira vez en sesenta anos de historia deste deporte que un equipo gañou os dous títulos na súa primeira tempada.

Nico Rosberg anotou primeiro podio de Mercedes como equipo desde 1955 no Gran Premio de Malaisia de 2010

Mercedes contratou ós pilotos alemáns Nico Rosberg, ao sete veces campión do mundo Michael Schumacher,[10] que regresou á Fórmula Un logo dunha ausencia de tres anos, e a Nick Heidfeld como o piloto de probas e de reserva.[11] O piloto de Brawn de 2009, Jenson Button asinou con McLaren, mentres que Rubens Barrichello fichou co equipo Williams para 2010. Coa adquisición de Brawn, Mercedes puxo fin á súa participación en McLaren, a compañía matriz Daimler AG vendeu a participación do 40% no Grupo McLaren, mentres que continuou fornecendo motores ao equipo.[12]

O rendemento do equipo durante o ano 2010 non foi tan competitivo como en Brawn GP, con Mercedes detrás dos tres principais equipos Ferrari, McLaren e Red Bull. Os seus mellores resultados proviñeron de Rosberg que terminou no podio tres veces, logrando o terceiro lugar en Sepang, Xangai e Silverstone. Rosberg, finalmente, terminou en sétimo lugar, pero Schumacher tivo un rendemento decepcionante, sendo batido polo seu compañeiro de equipo e terminando a tempada sen gañar unha soa carreira, podio, pole position e volta rápida por primeira vez desde o seu debut na tempada de 1991. El tamén estivo implicado nun incidente en Hungría logo de case empotrar ao seu ex compañeiro de equipo de Ferrari Rubens Barrichello contra o muro a 290 km/h.. En última instancia, o equipo terminou cuarto no Campionato de Construtores, con 214 puntos.

Antes da tempada 2011, Daimler e Aabar adquiriron a participación restante do 24,9% en febreiro de 2011.[13] Co novo MGP W02, o Gran Premio de Australia de 2011 terminou cando tanto Schumacher como Rosberg retiraronse debido aos danos por accidente nas voltas 19 e 22 respectivamente. En Malaisia, Rosberg clasificou noveno e Schumacher non puido facer a Q3, cualificando 11º. Schumacher anotou os primeiros puntos de Mercedes da tempada cun noveno posto, mentres que Rosberg tivo unha carreira tranquila e terminou duodécimo. En China, Rosberg e Schumacher mostraron estar en forma, Rosberg terminou quinto, liderando catorce voltas durante a carreira, mentres que Schumacher terminou a carreira no oitavo lugar. Rosberg sumou outro quinto lugar en Turquía, mentres que en España, Schumacher terminou en sexto lugar, por diante de Rosberg.

Logo dun desafortunado Gran Premio de Mónaco de 2011, Schumacher igualou o seu mellor resultado para Mercedes en Canadá, terminando cuarto logo de chegar a ir segundo. En Valencia, Rosberg terminou sétimo, e Schumacher 17º, despois do chocar con Vitaly Petrov. Rosberg e Schumacher, terminaron nos puntos nas seguintes dúas carreiras en Gran Bretaña e Alemaña. A caixa de cambios deixou de Schumacher sen anotar no Gran Premio de Hungría de 2011, pero Rosberg logrou terminar en noveno lugar. No Gran Premio de Bélxica de 2011, Schumacher remontou desde o fondo da grella - logo de perder unha roda na clasificación - para terminar quinto, mentres que Rosberg terminou en sexto lugar, logo de liderar a carreira nas súas primeiras voltas. Unha vez máis, o equipo terminou cuarto no Campionato de Construtores do mesmo xeito que en 2010, con 165 puntos sen vitorias, podios ou poles.

Para 2012, o equipo eliminou o GP do seu nome e engadiu o nome AMG, a división de alto rendemento de Mercedes, ao seu nome. O equipo será coñecido como Mercedes AMG Petronas F1 Team. No inicio da tempada o equipo foi obxecto de protestas polo uso dun concepto "radical" do alerón traseiro no Mercedes F1 W03.[14] O que non se resolveu ata a terceira carreira en China, cando os comisarios rexeitaron unanimemente a protesta.[15]

Na terceira carreira da tempada en China, Rosberg logrou a primeira pole do equipo desde Fangio en 1955; Schumacher terminou terceiro na sesión, pero saiu segundo logo dunha penalización a Lewis Hamilton. O equipo logrou a súa primeira vitoria en 57 anos, cando Nico Rosberg chegou en primeiro lugar no Gran Premio de China de 2012. Ademais diso, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán en gañar un Gran Premio pilotando un coche alemán desde a vitoria de Hermann Lang no Gran Premio de Suíza de 1939.

Mercedes-Benz HighPerformanceEngines fornece de motores a McLaren e Force India.

Patrocinio[editar | editar a fonte]

En decembro de 2009, o equipo sufriu un revés temperán, cando se descubriu que un acordo de patrocinio previsto de 80 millóns de libras que fora asinado por Brawn con Henkel en xullo era inválido.[16] Henkel asegura que non tiña coñecemento da oferta e non ten interese na Fórmula Un, o trato fíxose presuntamente por un ex empregado de Henkel con papelería da empresa roubada aos fins de defraudar á compañía. O 22 de decembro, Henkel anunciou que a disputa co equipo fora resolta cun acordo mutuo e que a acción legal non levaríase a cabo, aínda que o equipo traballará co Ministerio alemán para aclarar o asunto. [17]

O 21 de decembro, o equipo confirmou que a petroleira de Malaisia Petronas unirase ao equipo como patrocinador principal.[18] Desde 2010, o equipo compite baixo o título completo de Mercedes GP Petronas Formula One Team.[19] Segundo algúns informes,[20] o acordo está valorado en 30 millóns de euros cada ano. Combinado cos 50 millóns de euros recibidos polo equipo por gañar o campionato de 2009 como Brawn GP, e os ingresos de televisión, Mercedes ten un orzamento de máis de 80 millóns de euros sen ter que dedicar nada dos orzamentos propios.

O 25 de xaneiro de 2010, deronse a coñecer publicamente as cores do equipo no museo de Mercedes en Stuttgart,[21] Ca presencia de Schumacher e Rosberg.[22] Os coches de carreiras conservan as cores tradicionais en prata de Mercedes e conservan o patrocinador de Brawn GP MIGfx e suman o investimento do grupo Aabar á súa lista de patrocinadores.

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Resultados en negra indican pole position; resultados en italica indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
1954 W196 B ARX USA BEL FRA RU ALE SUI ITA ESP
Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 1 4 1 1 1 3
Alemaña Karl Kling 2 7 4 Ret Ret 5
Alemaña Hans Herrmann Ret Ret 3 4 Ret
Alemaña Hermann Lang Ret
1955 W196 B ARX MON USA BEL HOL RU ITA
Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 1 Ret 1 1 2 1
Alemaña Hans Herrman 4 NSC
Alemaña Karl Kling 4 Ret Ret 3 Ret
Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss 4 9 2 2 1 Ret
Francia André Simon Ret
Italia Piero Taruffi 4 2
2010 Mercedes GP W01 B BHR AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR RU GER HUN BEL ITA SIN XPN COR BRA ABU 214
Alemaña Michael Schumacher 6 10 Ret 10 4 12 4 11 15 9 9 11 7 9 13 6 4 7 Ret
Alemaña Nico Rosberg 5 5 3 3 13 7 5 6 10 3 8 Ret 6 5 5 17* Ret 6 4
2011 Mercedes GP W02 P AUS MAL CHN TUR ESP MON CAN EUR RU GER HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRA 165
Alemaña Michael Schumacher Ret 9 8 12 6 Ret 4 17 9 8 Ret 5 5 Ret 6 Ret 5 7 15
Alemaña Nico Rosberg Ret 12 5 5 7 11 11 7 6 7 9 6 Ret 7 10 8 6 6 7
2012 Mercedes F1 W03 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 142
Alemaña Michael Schumacher Ret 10 Ret 10 Ret Ret Ret 3 7 7 Ret 7 6 Ret 11 13 22† 11 16 7
Alemaña Nico Rosberg 12 13 1 5 7 2 6 6 15 10 10 11 7 5 Ret Ret 11 Ret 13 15
2013 Mercedes F1 W04 Mercedes-Benz P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 360
Alemaña Nico Rosberg Ret 4 Ret 9 6 1 5 1 9 19† 4 6 4 7 8 2 3 9 5
Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton 5 3 3 5 12 4 3 4 5 1 3 9 5 5 Ret 6 7 4 9
2014 Mercedes F1 W05 Mercedes-Benz PU106A Hybrid P AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR USA BRA ABU 326
Alemaña Nico Rosberg 1 2 2 2 2 1 2 1 Ret
Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Ret 1 1 1 1 2 Ret 2 1

* Tempada en curso.
O comezo da tempada de 2010 viu a introdución dun novo sistema de puntos na F1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Disclaimer". Mercedes-Benz Grand Prix. http://www3.mercedes-gp.com/staticlayer/disclaimer_en.html.
  2. "Mercedes GP Petronas and Nico Rosberg agree to contract extension". Mercedes AMG Petronas F1 Team. 10 November 2011. http://www.mercedes-amg-f1.com/en/#/s/news/1148/mercedes-gp-petronas-nico-rosberg-agree-contract-extension.
  3. Cary, Tom (28 September 2012). "Lewis Hamilton to join Mercedes in $100m move from McLaren, signing a three-year deal". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). http://www.telegraph.co.uk/sport/motorsport/formulaone/lewishamilton/9572696/Lewis-Hamilton-to-join-Mercedes-in-100m-move-from-McLaren-signing-a-three-year-deal.html. Consultado o 7 April 2013.
  4. "Mercedes poised to roll out their new W05 on first day of 2014 testing at Jerez". SkySports F1. http://www1.skysports.com/f1/news/12472/9105389/mercedes-poised-to-roll-out-their-new-w05-on-first-day-of-2014-testing-at-jerez. Consultado o 7 January 2014.
  5. "Mercedes names 2014 F1 V6 Engine ‘PU106A Hybrid’". This Is F1. http://thisisf1.com/2014/01/22/mercedes-names-2014-f1-v6-engine-pu106a-hybrid/. Consultado o 23 January 2014.
  6. "De geschiedenis van Mercedes-Benz in de Grand Prix-racerij". MotorRacingBlog.nl. 2009-11-20. http://www.motorracingblog.nl/?p=338. Consultado o 2009-11-30.
  7. "February debut, Petronas backing for Mercedes". Formula1.com (Formula One Administration). 21 December 2009. http://www.formula1.com/news/headlines/2009/12/10299.html. Consultado o 22 February 2012.
  8. "Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. 16 November 2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8362295.stm. Consultado o 16 November 2009.
  9. "F1 Teams: Brawn GP". F1 Fanatic.co.uk. http://www.f1fanatic.co.uk/f1-information/f1-teams/brawn-gp/. Consultado o 20 February 2012.
  10. "Michael Schumacher signs up for F1 return with Mercedes". BBC Sport (BBC). 23 December 2009. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8427552.stm. Consultado o 1 October 2010.
  11. "Nick Heidfeld signs for Mercedes GP Petronas". Mercedes GP (Mercedes-Benz Grand Prix Limited). 4 February 2010. http://www.mercedes-gp.com/newsread.asp?mgp=j%BA%A5%99lT%7F. Consultado o 5 February 2010.
  12. Benson, Andrew (16 November 2009). "Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/8362295.stm. Consultado o 15 December 2009.
  13. Noble, Jonathan (28 February 2011). "Daimler completes team takeover". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/89666. Consultado o 28 February 2011.
  14. Noble, Jonathan (15 March 2012). "Mercedes F1 team's rear wing concept deemed legal by FIA". Autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/98035. Consultado o 15 March 2012.
  15. Elizalde, Pablo (12 April 2012). "Lotus protest against Mercedes wing rejected by FIA". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/98736. Consultado o 12 April 2012.
  16. "Henkel says Mercedes deal is invalid". Autosport.com. 2009-12-14. http://www.autosport.com/news/report.php/id/80574. Consultado o 2009-12-15.
  17. Elizalde, Pablo (2009-12-22). "Henkel settles dispute with Brawn GP". Autosport.com. http://www.autosport.com/news/report.php/id/80644. Consultado o 2009-12-22.
  18. "Mercedes GP signs long-term agreement with PETRONAS". Brawn GP. 2009-12-21. http://www.brawngp.com/readstory.asp?bgp=j%C1%AA%C0rZ%7Df.
  19. "Mercedes GP picks up Petronas". AUSmotive.com. 2009-12-21. http://www.ausmotive.com/2009/12/21/mercedes-gp-picks-up-petronas.html.
  20. Allen, James (2009-12-21). "Mercedes lands €30 million Petronas sponsorship". http://www.jamesallenonf1.com/2009/12/mercedes-lands-e30-million-petronas-sponsorship/. Consultado o 2009-12-22.
  21. "Mercedes GP launches new era for Silver Arrows". AUSmotive.com. 2010-01-25. http://www.ausmotive.com/2010/01/25/mercedes-gp-launches-new-era-for-silver-arrows.html.
  22. Elizalde, Pablo (2010-01-25). "Mercedes GP unveils car colours". autosport.com (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/81045. Consultado o 2010-01-25.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes GP

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]