Circuíto urbano de Valencia
| Circuíto urbano de Valencia | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | FIA Fórmula 1 |
| Localización | |
| Lonxitude | 5´419 km. |
| Curvas | 25 |
| Volta rápida (2009) | 1:38.683 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Toyota |
| Coordenadas | 39°27.32′N 0°19.54′W / 39.45533°N 0.32567°WCoordenadas: 39°27.32′N 0°19.54′W / 39.45533°N 0.32567°W |
| Vista do Circuíto | |
O circuíto urbano de Valencia é un circuito de carreiras urbano da cidade de Valencia, que acolle o Gran Premio de Fórmula 1 desde 2008, xunto coa GP2 Series. O primeiro gran premio de Europa valenciano disputouse o 24 de agosto de 2008.
O circuito empezou a construirse en outubro de 2007 e ten unha lonxitude de 5.473 metros, con 25 curvas, 11 á esquerda e 14 á dereita.
Índice |
O circuíto [editar]
O circuíto urbano de Valencia transcorre pola zona do Grau, rodea a dársena interior do porto da cidade e pola nova reordenación urbana do barrio de Nazaret que será construído entre as vías do ferrocarril, a antiga canle do Turia e do Porto. A media de anchura do circuíto é de 14 metros.
Os boxes e a recta de meta atópanse no tinglado número 4 do porto. O trazado do circuíto segue rodeando a dársena en sentido das agullas do reloxo pola vía perimetral ata chegar ao "Guindastre Cabria" onde se achega ao cantil do porto. O trazado, a continuación, atravesa o paseo do Foredek cheo de palmeiras para pasar á chaira previa á Mariña Norte, alí cunhas cantas curvas "lentas" achéganse perpendicularmente á canle de acceso á dársena para cruzalo a través dunha ponte xiratoria.
Unha vez pola Mariña Sur, o trazado discorre cerca do peirao seguindo a curva que este describe, para penetrar por onde actualmente se atopa a ponte levadiza, xa pegado ao muro que separa a mariña de lecer do porto comercial.
Tras pasar xunto á lonxa de pescadores o trazado afástase da dársena pola porta de Estaleiros, enfilando directo cara á ponte do mesmo nome, pero antes de chegar onde el, xira á dereita 90º para penetrar na nova zona urbana do Grau que se atopa en construción a día de hoxe. Aquí, o trazado bordea a antiga canle do río Turia ata chegar á vía do ferrocarril, onde cunha curva en pinza pasa xunto ao cemiterio do Grao e diríxese cara ao norte a buscar a prolongación da avenida de Francia.
Ao chegar a esta nova avenida discorre pola súa calzada dereita, cruza a glorieta que no futuro servirá de unión deste barrio co de Moreras, e transita por un xogo de curvas en "S" que sortea algúns edificios aínda en uso existentes pola zona. Finalmente, pasa a avenida Enxeñeiro Manuel Soto e cun xiro a esquerdas entra de novo na recta de saída, xa dentro do porto e preto da dársena.
Palmarés [editar]
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Valencia [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2012 | Ferrari | 1:44:16.649 h | 5´440 km | 57 | 177´727 km/h | 24. Xuño | ||
| 2011 | Red Bull Racing | 1:35:32,339 h | 5´440 km | 57 | 194´735 km/h | 26. Xuño | ||
| 2010 | Red Bull Racing | 1:40:29.571 h | 5´440 km | 57 | 184´421 km/h | 27. Xuño | ||
| 2009 | Brawn GP-Mercedes | 1:35:51,289 h | 5´440 km | 57 | 194´094 km/h | 23. Agosto | ||
| 2008 | Ferrari | 1:35:32,339 h | 5´440 km | 57 | 194´735 km/h | 24. Agosto |