Marc Gené

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marc Gené
Marc Gene 2007 Montjuic.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España
Monopraza número
Escudería actual Scuderia Ferrari
Escudería no 2015 {{{EscuderíaVindeira}}}
Grandes Premios disputados 36
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 1999
Posición no 2014 {{{Resultado}}}
editar

Marc Gené Guerrero, nado en Sabadell o 29 de marzo de 1974, é un piloto probador catalán de Fórmula 1, irmán do tamén piloto Jordi Gené, que traballa na Scuderia Ferrari, compaxinando este traballo coa competición automobilística coas Le Mans Series.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou un lugar na máxima categoría do mundo do motor tras gañar o Campionato Fórmula Open Nissan en 1998, o que lle conseguiu unha proba co modesto equipo de F1 Minardi. Nesta proba, co apoio de Telefónica, logrou un asento oficial nese equipo.

Formula 1[editar | editar a fonte]

En 1999, Gené debutou na F1, logrando un punto no Gran Premio de Europa ao finalizar en sexta posición. Marc superou ao seu compañeiro de equipo Luca Badoer e foi nomeado "Mellor debutante do ano 1999". Non puido repetir a fazaña ao ano seguinte, pero volveu mostrar un rendemento maior ca o do seu compañeiro.

En 2001, probablemente grazas á súa gran actuación en Indianápolis, Gené pasou a formar parte da escudería BMW Williams como piloto de probas, onde permaneceu ata o ano 2004. En 2003 disputou unha carreira como substituto do lesionado Ralf Schumacher, na que conseguiu un quinto posto. En 2004, tamén substituíu en dúas ocasións a Ralf Schumacher. Non obstante, o Williams non se mostrou moi competitivo nesas carreiras e ademais tivo problemas técnicos, logrando Gené unhas discretas posicións que o alonxaron dun dos asentos oficiais en Williams que quedaban libres pola marcha de Ralf e de Juan Pablo Montoya.

A finais de 2004, Marc fichou como piloto probador de Ferrari para a tempada 2005, onde aínda permanece. A finais de 2007 renovou o contrato como piloto probador da Scuderia para a tempada 2008 xunto a Luca Badoer; pero disminuíulles o traballo a causa da redución de adestramentos dea pretempada, dado que Bridgestone se converteu na única marca subministradora de pneumáticos da Fórmula 1 desde 2007.

É dos poucos pilotos de Fórmula 1 que ademais ten unha carreira universitaria[Cómpre referencia], é licenciado en economía e fala cinco idiomas. Ademais, comenta as carreiras de F1 na canle de televisión española La Sexta.

No ano 2007, compartiu os labores de piloto de probas de Ferrari coas de piloto oficial de Peugeot na mítica carreira das 24 Horas de Le Mans e as carreiras de Le Mans Series, conseguindo o cuarto posto na clasificación xeral do campionato tras dúas victorias (nos trazados de Monza y Silverstone).

En xuño de 2009, trala noticia de que o equipo Campos Meta tería un lugar na parrilla da tempada 2010 de Fórmula 1, o nome de Gené apareceu entre os posibles candidatos para conseguir un volante de piloto oficial.

O 14 de xuño de 2009, Marc Gené convertiuse no primeiro español en gañar as 24 Horas de Le Mans (a pesar de liderar a carreira durante sete horas, quedara segundo o ano anterior) compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e David Brabham ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.

O 21 de marzo de 2010, Marc Gené convertiuse no segundo español tras Fermín Vélez en gañar as 12 horas de Sebring compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e Anthony Davidson ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.

O día 12 de agosto de 2010 filtrouse o rumor, que se demostrou falso, de que Marc Gené será piloto titular a tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Hispania.

Resultados completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Posto Puntos
1999 Minardi AUS
Ret
BRA
9
SMR
9
SMR
9
ESP
Ret
CAN
8
FRA
Ret
GBR
15
AUT
11
ALE
9
HUN
17
BEL
16
ITA
Ret
EUR
6
MAL
9
JPN
Ret
18° 1
2000 Minardi AUS
8
BRA
Ret
SMR
Ret
GBR
14
ESP
14
EUR
Ret
MON
Ret
CAN
16
FRA
15
AUT
8
ALE
Ret
HUN
15
BEL
14
ITA
9
USA
12
JPN
Ret
MAL
Ret
18° 0
2003 BMW Williams AUS
DNP
MAL
DNP
BRA
DNP
SMR
DNP
ESP
DNP
AUT
DNP
MON
DNP
CAN
DNP
EUR
DNP
FRA
DNP
GBR
DNP
ALE
DNP
HUN
DNP
ITA
5
USA
DNP
JPN
DNP
17º 4
2004 BMW Williams AUS
DNP
MAL
DNP
BAH
DNP
SMR
DNP
ESP
DNP
MON
DNP
EUR
DNP
CAN
DNP
USA
DNP
FRA
10
GBR
12
ALE
DNP
HUN
DNP
BEL
DNP
ITA
DNP
CHN
DNP
JPN
DNP
BRA
DNP
22º 0

Resultados nas 24 horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Coche Equipo Compañeiros Resultado
2007 Peugeot 908 Team Peugeot Total Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve Abandono
2008 Peugeot 908 Team Peugeot Total Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve
2009 Peugeot 908 Team Peugeot Total David Brabham / Alexander Wurz Gañador
2010 Peugeot 908 Team Peugeot Total Alexander Wurz / Anthony Davidson Abandono

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • En Williams puxéronlle o apodo de "Catalan Rocket" (Cohete catalán).[1]
  • Durante a tempada 2004 de F1, Gené formou parte do equipo de comentaristas de Telecinco para algunhas carreiras. Actualmente tamén colabora nas retransmisións para La Sexta.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marc Gené

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]