Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950
| Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 1950 | |
| Previo: Non houbo | Vindeiro: 1951 |
| Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada | |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 foi o campionato de inauguración da Fórmula 1 da FIA, que comezou o 13 de maio de 1950, e finalizou o 3 de setembro logo de 7 carreiras. O campionato consistía en seis carreiras de Fórmula Un en Europa, máis as 500 Millas de Indianápolis, que se executou baixo as Normas AAA.
Tamén se celebraron durante o ano outras moitas carreiras de Fórmula Un, que non contaron para o campionato.
Índice |
Resumen do campionato [editar]
O primeiro Campionato do Mundo, era unha categoría especifica para motores de capacidade de 1´5 litros sobrealimentados ou de 4´5 litros atmosféricos. Alfa Romeo dominou o campionato co seu 158 sobrealimentado, un deseño de antes da guerra ben desenvolvido, que gañou os seis Grandes Premios europeos. Os pilotos de Alfa en consecuencia dominaron o campionato con Nino Farina superando a Fangio grazas ao seu cuarto lugar en Bélxica. Aínda que as 500 milas de Indianápolis, que tiña regulacións diferentes, se incluíu no campionato ata 1960, atraia moi pouca participación europea e, pola contra, moi poucos condutores estadounidenses paticipaban nun gran premio europeo.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademaís dabase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores catro resultados das sete carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Nesta primeira tempada do Campionato do Mundo, participaron 18 equipos 7 constructores e 11 independentes, nos 6 Grandes Premios europeos. Na carreira de EE.UU., só participaron construtores e pilotos americanos.
Calendario de Grandes Premios de Fórmula 1 [editar]
Clasificación do Mundial de Constructores de 1950 [editar]
O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958. En 1950, un total de 49 pilotos, divididos en oito equipos participaron no campionato mundial. Tamén participaron moitos coches de carreiras privados, comprados ou alugados, para poder participar nas carreiras.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1950 [editar]
|
Negra – Pole |
Notas [editar]
|
|||||