Gran Premio do Reino Unido
O Gran Premio do Reino Unido (en inglés: British Grand Prix) é unha carreira válida para o campionato mundial de Fórmula 1. Actualmente dispútase no Circuíto de Silverstone, cerca do pobo de Silverstone, en Northamptonshire, Inglaterra. Parte do autódromo áchase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.
Índice |
Historia [editar]
O primeiro Gran Premio do Reino Unido disputouse en 1926, nun aeródromo inactivo desde a Segunda Guerra Mundial. As tres pistas de despegue, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto. Foi organizado por Henry Segrave logo da súa participación no Gran Premio de Francia en 1923 e no Gran Premio de España o ano seguinte. Foi gañado polo equipo francés formado por Louis Wagner e Robert Senechal conducindo un Delage 155B.
Silverstone albergou o Gran Premio do Reino Unido con moita frecuencia desde a creación da Fórmula 1 en 1950 e de forma continua desde 1987. O Circuíto de Silverstone alternouse co de Brands Hatch entre 1964 e 1986 e co circuíto de Aintree entre 1955 e 1962.
En 2003 houbo dúbidas sobre a inclusión do Gran Premio do Reino Unido no calendario de Fórmula 1 debido a desacordos co financiamento das remodelacións do circuíto, con todo chegouse a un acordo con Bernie Ecclestone, o dono da Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría realizándose en Silverstone ata 2009.
A partir do 2010, o Gran Premio do Reino Unido ía ser acollido polo circuíto de Donington Park, pero polos problemas económicos dos organizadores, o Gran Premio seguirá no Circuíto de Silverstone por 16 anos máis.
Durante o Gran Premio do Reino Unido de 2003, un ex sacerdote irlandés logrou entrar ao circuíto durante a carreira portando pancartas relixiosas. Inmediatamente foi sacado da pista polos oficiais da carreira.
Gañadores do Gran Premio do Reino Unido [editar]
As carreiras que non forman parte do campionato de Fórmula 1 están sinaladas cun fondo de cor rosada.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]