Mercedes Oliveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mercedes Oliveira Malvar»)
Mercedes Oliveira
Chis, Mercedes Oliveira Malvar.jpg
Nome completoMercedes Oliveira Malvar
Nacemento25 de maio de 1957
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilósofa
PaiJuan Oliveira
Na rede
Facebook: chis.oliveira.3 Twitter: chisoli Dialnet: 1674979 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mercedes Oliveira Malvar, tamén coñecida como Chis Oliveira,[1] nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa, profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu de nena en Tui.[2] Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997).[3] Exerceu a docencia no IES Saturnino Montojo de Ferrol, no Val Miñor de Nigrán e no María Soliña de Cangas. Foi Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo ata a súa xubilación.

Foi tamén profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Estremadura, no Mestrado de Xénero e Políticas de Igualdade da UViGO e no Mestrado de Xénero da UdC. Colaborou coa Universidade de Córdoba.[4] Nos Centros de Formación do Profesorado foi coordinadora de Seminarios permanentes en Vigo[5] e impartiu moitos cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying etc…[2]. Na IPPF (International Planned Parenthood Federation) foi representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Talín e Luxemburgo.[4]

Formou parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que foi representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.

Antón Sobral, Amada Traba, Chis Oliveira e Lola Varela na presentación de am@me no Espazo Nemonon de Pontevedra o 03/01/2019.

En 2018, Chis Oliveira e Amada Traba publicaron am@me. Pensar o amor no século XXI an Editorial Galaxia, un libro "que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor".[6] En 2021 publicou con Priscila Retamozo o libro «Comando igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!» un manual de feminismo na que abordan, ademais de conceptos básicos da teoría feminista, a historia do Comando Igualdade, un proxecto coeducativo que traballa a igualdade de xénero coa mocidade.

É filla do escultor Juan Oliveira Viéitez.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Platón. Cou. Biblioteca de Filosofía (1990). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 44 páxs. ISBN 84-7507-483-9.
  • O Animal Humano. 3º de BUP. Biblioteca de Filosofía (1993). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 72 páxs. ISBN 84-7507-737-4.
  • EROS: Materiais para pensar o amor. Biblioteca de Filosofía /Etica (1994). Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 80 páxs. ISBN 84-7507-833-8.
  • A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997) Tese de doutoramento. Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela.
  • La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes (1998). Editorial Icaria, colección Antrazyt nº 131. Barcelona. ISBN: 84-7426-393-X.
  • ¿Quen somos?. Filosofía 1º Bachillerato (2000). Edcións Xerais de Galicia, Vigo. ISBN: 84-8302-514-0.
  • "La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo". En Santos Guerra, M. A. (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó, col. Biblioteca de Aula, nº 149, Barcelona. ISBN: 84-7827-237-2.
  • Aprendendo a ver a desigualdade. 8 de marzo Día Internacional da Muller (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.VG-197-2002.
  • O corpo como campo de batalla (2002). Colección de Igual a Igual. Concellería de Educación e Muller, Concello de Vigo. D.L.: VG-959-2002.
  • am@me. Pensar o amor no século XX/ (2018) con Amada Traba. Galaxia. 352 páxs. ISBN 978-84-9151-263-9.
  • Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas! (2021) con Priscila Retamozo. Catro Ventos. 172 páxs. ISBN 978-84-122499-7-2

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

No Grupo ENXERGO de Didáctica da Filosofía:

  • "Textos" Selectividade COU. (1993) O Comentario de Textos. Biblioteca de Filosofía. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 5ª Ed. ISBN: 84-7507-513-4.
  • Proposta Didáctica para o ensino da Filosofía (1994). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-7507-829-1.
  • O Comentario de Texto. Textos da selectividade. Comentario e Exemplificacións (1996). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-022-X.
  • Etica 4º E.S.O. (1999). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-381-4.
  • Proxecto Curricular Etica 4º E.S.O. (1999). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-397-0.
  • Historia da FILOSOFÍA 2º BACHILLERATO (2001). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-655-4.
  • Proxecto Curricular FILOSOFÍA 1º BACHILLERATO (2000). Edicións Xerais. Vigo. ISBN 84-8302-503-5.
  • “La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo.” En Santos Guerra (coord): El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar (2000). Editorial Graó.[7]
  • “Feminismo e sociedade laica” en Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo (2008).[8]
  • Oliveira Malvar, Chris; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139. 

Outras:

  • II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo (2003-2004) (2003). Concellería de Muller Concello de Vigo. ISBN: 6881407-5.
  • A composición filosófica. Probas de Selectividade (2011). Xerais. ISBN 978-84-9914-203-6.[9]
  • Oliveira Malvar, Chis; Traba Díaz, Amada (2021). "Repensar a sexualidade no século XXI". ADRA. Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego (16): 119–139. 

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1995. Premio Nacional Educación e Sociedade a materiais didácticos de innovación educativa do MEC polos libros O animal humano e Eros: Materiais para pensar o amor .[2]
  • 2009. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Diseño y puesta en marcha de un programa de educación afectivo-sexual en 4.º de ESO, do IES «Alexandre Bóveda». Vigo, Pontevedra. Mención honorífica.[10]
  • 2010. Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación: Primeiro premio dotado con 10.000 euros. Bata por fuera, mujer por dentro, do IES «Alexandre Boveda». Vigo, Pontevedra.[11]
  • 2017. Viguesa Distinguida.[12]
  • 2021. Premio de Igualdade Ernestina Otero.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 4/4/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Mercedes Oliveira Malvar". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 4/1/2019. 
  3. Malvar, Mercedes Oliveira (1998). "La educación afectivo-sexual en la adolescencia: epistemología" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  4. 4,0 4,1 "Ficha da autora". www.xerais.gal. Consultado o 4/4/2019. 
  5. "Mercedes Oliveira Malvar. Currículum abreviado". pmayobre.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 4/1/2019. 
  6. "ám@me". Editorial Galaxia. Consultado o 4/4/2019. 
  7. Guerra, Miguel Ángel Santos; Fernández, M. Gloria Arenas; García, Nieves Blanco; Morales, Graciela Hernández; Solís, Rafael Castañeda; Guijarro, Concepción Jaramillo; Sánchez, Emilia Moreno; Rodriguez, M. Elena Simón; Malvar, Mercedes Oliveira (2000-09-18). El harén pedagógico: Perspectiva de género en la organización escolar (en castelán). Grao. ISBN 9788478275632. 
  8. "Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir" (PDF). feminismo.org. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28/04/2011. Consultado o 4/1/2019. 
  9. "A composición filosófica. Probas de Selectividade". Catálogo da Rede de biblitoecas Públicas de Galicia. Consultado o 15/11/2021. 
  10. "Resolución de 21 de diciembre de 2009, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» 2009" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  11. "Resolución de 10 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» para 2010" (PDF). www.boe.es. 
  12. "Mercedes Oliveira Malvar: "Este premio avala una forma alternativa de educar"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4/4/2019. 
  13. Atlántico (2021-03-09). "Chis Oliveira, recoñecida co Premio de Igualdade Ernestina Otero 2021". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]